venres, 30 de decembro de 2016
Emafesa, Problema ou Solución? Documentos audiovisuais da Xornada sobre Emafesa, a empresa mixta concesionaria da xestión do ciclo integral da auga de Ferrol - Celebrada o 22 de Decembro de 2016, coa intervención de Luís Babiano, xerente da AEOPAS, e os membros da Plataforma: Alexandre Carrodeguas, Manuel Amorím e Bernardo Rego.
Etiquetas:
AUGA,
REMUNICIPALIZAR
Localización: Ferrolterra
Ferrol, Galiza
xoves, 22 de decembro de 2016
luns, 19 de decembro de 2016
xoves, 1 de decembro de 2016
luns, 24 de outubro de 2016
venres, 14 de outubro de 2016
mércores, 24 de agosto de 2016
xoves, 11 de agosto de 2016
Por que ninguén me dixo isto antes? é o titulo dunha Interesante conferencia, celebrada en Elche, do noso compañeiro Fernando Urruticoechea, onde explica as súas vivencias e a súa loita contra a corrupción - Fernando é interventor municipal, activista contra a corrupción, participou en diferentes procesos remunicipalizadores e nos asesora, na loita en defensa dos servizos públicos e polo rescate da súa xestión, hoxe en mans privadas
martes, 9 de agosto de 2016
Un dos argumentos que presentamos para afirmar que se proceda ao desestimento do Contrato Eléctrico en Ferrol, é o da súa ilegalidade pola duración proposta de 15 anos contando as súas prorrogas, duración que consideramos ilegal á vista das consultas realizadas - Agora presentamos está análise detallada sobre a duración máxima legal nos contratos de subministros: unha opinión de Javier López Parada, Interventor Xeral do Concello de Zamora
luns, 8 de agosto de 2016
O pasado 14 de Xullo, faciamos-nos eco da decisión do Concello de Valladolid de remunicipalizar o Ciclo Integral da Auga, agora polo seu interese e capacidade de síntese, achegamos un vídeo onde en menos de cinco minutos, a concelleira María Sánchez, deixa absolutamente claro o porque da necesidade de municipalizar a xestión do servizo
domingo, 7 de agosto de 2016
A remunicipalización do ciclo integral da auga en Arteixo é de interese para o noso proceso en Ferrolterra - Apresentamos unha entrevista co responsábel do servizo o concelleiro José Ramón Amado que ten a singularidade de ser do Partido Popular - Este rescate da xestión da auga, ten moita importancia, o goberno municipal enfrentou-se ás propias políticas neoliberais privatizadoras dos servizos públicos que son un dos fundamentais obxectivos do seu partido
xoves, 14 de xullo de 2016
De interese para o noso proceso en Ferrolterra, é o anuncio do Concello de Valladolid, de propoñer o rescate da xestión do ciclo da auga e a creación dunha empresa 100% pública - O Concello asumirá ao cento por cento dos actuais traballadores de Augas de Valladolid nunha decisión que o alcalde, Oscar Ponte, cualificou como "plenamente responsábel"
sábado, 9 de xullo de 2016
martes, 5 de xullo de 2016
Ferrol cara á remunicipalización, ... Por Alexandre Carrodeguas - Estas últimas semanas está a iniciar a súa andaina, a Plataforma na defensa dos servizos públicos, pola remunicipalización - Empezamos o traballo coa denuncia da hipoteca que suporía para o Concello a adxudicación do contrato eléctrico
sábado, 2 de xullo de 2016
venres, 1 de xullo de 2016
xoves, 30 de xuño de 2016
luns, 27 de xuño de 2016
mércores, 22 de xuño de 2016
martes, 21 de xuño de 2016
venres, 17 de xuño de 2016
mércores, 8 de xuño de 2016
martes, 31 de maio de 2016
sábado, 28 de maio de 2016
Pódese renunciar ao contrato eléctrico, ... Por Ismael González Bouza
Por Ismael González Bouza [*]
28.05.2016
Pódese renunciar ao contrato eléctrico. Non entendo a confusión en torno ao tema.
1.- É imprescindible o DESESTIMENTO do actual expediente porque hai irregularidades insubsanables, como a natureza do contrato (por un lado é un contrato de subministro -a electricidade en si- e por outro un contrato de servizo -o mantemento da infraestrutura eléctrica do concello) e a súa duración, que non pode ser por máis de 4 anos, máis 2 de prorroga. O actual modelo de contrato (do PP, asumido por FEC) é TOTALMENTE ILEGAL E GÁÑASE a súa NULIDADE CON CASE TOTAL SEGURIDADE no Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais. O queira o Alcalde de Ferrol ou non.
2.- Tras o desestimento vén a incoación de un novo expediente, pero NON dun expediente, senón de dous, para acabar coa mestura antinatural de dous contratos distintos, o contrato de subministración e o contrato de mantemento eléctrico. Desligado esto, veremos si aos poderes económicos locais amparados por unha multinacional lles interesa tanto o contrato.
3.- O expediente de subministración eléctrica é un contrato de SUBMINISTRACIÓN ben claro e non debe ter discusión algunha xa que de momento non existen medios propios para poder xerar electricidade, polo que hai que contratar externamente a subministración eléctrica. Pero seguiría sendo xestión directa do Concello, soamente que externalizando a subministración.
4.- O expediente de contratación do mantemento eléctrico é un contrato de SERVIZOS que require tamén xustificalo explicando se se conta ou non con medios propios para tales labores de mantemento. Se non se conta con medios propios pódese estudar o custo de contar con persoal propio e comparar co custo máximo da súa contratación externa, pero entendendo ben que non se trataría de xestión indirecta, senón que seguiría sendo xestión directa polo concello, pero apoiándose nun contrato de servizos para o mantemento da rede eléctrica e instalacións eléctricas municipais. Se o informe económico concluíse que é máis barato para o Concello contratar externamente que non contratar persoal de electricistas, entón incóase o expediente de contratación de servizos de mantemento do sistema eléctrico municipal.
5.- Só no caso de que houbese un estudo económico de que lle saíra máis barato ao concello o prestar o servizo con persoal de propio é cando habería que exporse un expediente de modificación da RPT e de contratación do persoal correspondente, simplemente xustificando no expediente, con ocasión de cada nomeamento ou contratación, xustificando e motivando adecuadamente que responde a necesidades inaprazables e cinguíndose a sectores, funcións ou categorías que se "consideran" prioritarios pola Administración correspondente ou afectan a un servizo público esencial. Iso se pode facer; negalo en base á "Lei Montoro" é enganar a cidadanía, como o é presentar ou non, segundo interese supostos informes (que parecen moi numerosos, dadas as veces que se citan). So son informes, é dicir interpretacións. Se hai vontade, se pode chegar a unha interpretación que beneficie aos veciños de Ferrol.
Así de sinxelo, pero o primeiro é clarificar o confuso expediente de contratación do PP, admitir que conten irregularidades insubsanables e aprobar a súa desistimiento e incoar 2 novos expedientes.
Este é o meu ditame que, como de costume, someto a calquera outra opinión mellor fundada en Dereito.
[*] Ismael González Bouza, nacido en Neda, activista social ecoloxista. Promotor de plataformas cidadáns en defensa do medio ambiente e da substentabilidade. Forma parte da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol, membro da organización ambientalista Verdegaia. É Técnico Superior en deseño Gráfico e Produción Editorial e Licenciado en Humanidades pola UDC.
Nota.-
Artigo publicado no facebook de Ismael González Bouza, en resposta ao publicado no Diario de Ferrol, o 27 de Maio de 2016 de que "Ferrol en Común (FeC) reta ao PSOE a demostrar que se pode renunciar ao contrato eléctrico". Pois Ferrol en Común acordara en Asemblea por unanimidade, -con só cinco abstencións da persoas presentes, continuar coa adxudicación do contrato do subministro eléctrico, privatizando o servizo para entregar-llo á UTE formada por SEFCON e FCC, renunciando ao rescate do servizo por parte do Concello, como formulou o BNG na súa moción. Nin sequera acordar o desestimento para que se cumpra a legalidade e poder separar o mantemento do subministro, e sacar a concurso por separado e só por un ano prorrogábel a outro máis, mentres se vai preparando a municipalización.
***
martes, 24 de maio de 2016
sábado, 14 de maio de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)