luns, 8 de agosto de 2016

O pasado 14 de Xullo, faciamos-nos eco da decisión do Concello de Valladolid de remunicipalizar o Ciclo Integral da Auga, agora polo seu interese e capacidade de síntese, achegamos un vídeo onde en menos de cinco minutos, a concelleira María Sánchez, deixa absolutamente claro o porque da necesidade de municipalizar a xestión do servizo



Desde estas mesmas páxinas, o pasado 14 de Xullo, faciamos-nos eco da decisión do Concello de Valladolid de remunicipalizar o Ciclo Integral da Auga, agora polo seu interese e capacidade de síntese, achegamos un vídeo onde en menos de cinco minutos, a concelleira María Sánchez, deixa absolutamente claro o porque da necesidade de municipalizar a xestión do servizo.

A concelleira María Sánchez Esteban -concelleira delegada xeral da Área de Medio Ambiente e Substentabilidade, xunto ao alcalde Oscar Puente Santiago, anunciaban o pasado 13 de Xullo que a xestión da auga da cidade pasará a ser de carácter municipal a partir de 1 Xullo de 2017, cando conclúa o actual contrato coa empresa adxudicataria da xestión do servizo -Augas de Valladolid, da corporación multinacional Grupo AGBAR.

Segundo teñen manifestado publicamente, desde a iniciativa municipalista "Valladolid Toma la Plabra", deste xeito din que cumpren cun dos "puntos máis importantes presentes no programa electora" e do listado de 103 medidas co que acceden ao Equipo de Goberno xunto ao PSOE de Valladolid.

A municipalización permitirá que sexa desde o Consistorio desde onde se decida a creación de novas tarifas que beneficien a aquelas persoas menos favorecidas ou con menos recursos, ademais de saber que a creación dunha sociedade mercantil permitirá obter vantaxes fiscais.

Este paso "non só supón cumprir unha das promesas electorais, senón un paso de xigante cara ao público, cara á demostración de que o Concello de Valladolid camiña cara á remunicipalización dos seus servizos", un concello "máis forte e transparente".


https://youtu.be/wGbi_cobYuI

***