domingo, 7 de agosto de 2016
A remunicipalización do ciclo integral da auga en Arteixo é de interese para o noso proceso en Ferrolterra - Apresentamos unha entrevista co responsábel do servizo o concelleiro José Ramón Amado que ten a singularidade de ser do Partido Popular - Este rescate da xestión da auga, ten moita importancia, o goberno municipal enfrentou-se ás propias políticas neoliberais privatizadoras dos servizos públicos que son un dos fundamentais obxectivos do seu partido
Consideramos de interese para os nosos obxectivos remunicipalizadores en Ferrolterra, analizar como nun concello singular como o de Arteixo que alberga o xermolo dunha das corporacións mutinacionais máis importantes a nivel mundial, expresión pura e dura do neoliberalismo, como é Inditex, é capaz da remunicipalización do ciclo integral da auga no seu concello que estaba nas mans de Aqualia. Esta empresa é unha das filiais de FCC Servizos Ciudadanos, eufemismo que quere dicir privatización e saqueo dos servizos públicos -multinacional controlada -agora, polo multimillonario mexicano Carlos Slim. Lembrar que estas siglas son as que, da man de Borja Silveira Rey -a través de SEFCON, (Empresa do Grupo Empresarial Silveira) pretendían facer-se co "Contrato Eléctrico" en Ferrol. E que en Narón xestiona o servizo da auga, sendo a parte privada da empresa mixta Cosma. Consideramos de interese a entrevista co responsábel do servizo o concelleiro José Ramón Amado que ten a singularidade de ser do Partido Popular. Este rescate da xestión da auga, ten moita importancia, o goberno municipal de Arteixo, enfrontou-se ás propias políticas neoliberais privatizadoras dos servizos públicos que son o leitmotiv, un dos fundamentais obxectivos do seu partido e da consolidación do estado neoliberal. Aínda que non é novo o enfrontamento dos membros deste goberno municipal coas institucións gobernadas polo Partido Popular e contra as directrices políticas do mesmo partido, este ten particular importancia para nós.
ARTEIXO
"Aqualia quería recuperar o investimento e gañar diñeiro a costa dos veciños". | "Constátanse as malas artes e a mala fe" - "Pretendían chantaxear e botar á xente encima do poder político" - "O problema é que non se preocuparon de xestionar".
O actual xerente do servizo de augas e concelleira de Obras de Arteixo, José Ramón Amado, ten claro que Aqualia nunca quixo prestar un servizo de calidade durante a súa etapa en Arteixo e que o seu obxectivo era só gañar diñeiro. Amado asegura que o Concello profesionalizou o servizo e que puxo en marcha moitos proxectos que na etapa da empresa mixta con Aqualia non se puideron facer. Tamén cre que a demanda na que o Concello reclama 26 millóns de euros á filial de FCC vai por "bo camiño".
-Pasaron tres anos desde que rescataron o servizo de augas, que balance fai?
-A veciñanza de Arteixo están recoñecendo o traballo e a mellora do servizo tanto na calidade como a atención. O segundo que valoro é que as mentiras do xerente eran totalmente infundadas. Dedicábase a difundir mentiras ás corporacións anteriores sobre a xestión. Metendo proxectos pantasma e propoñendo situacións que non eran reais. Iso demostrouse todo.
-Por exemplo?
-A non necesidade de facer unhas balsas en Sisalde cun área protexida que había que inundar unha chea de zonas para ter auga limpa. Pasamos o inverno e non tivemos queixas de turbiade salvo con avarías puntuais. Demostrouse que o gasto podíase conter e que non eran necesarios eses plans de aumento de tarifas e redución de persoal. Aumentamos o persoal e estamos dando mellor atención á veciñanza na reparación de fugas puntuais. Non deixando as fugas a medio reparar como se facía antes. Todas esas mentiras demostráronse.
-Por que cre que había estas mentiras que di?
-O fin de Aqualia claramente era recuperar o seu investimento e gañar diñeiro a costa da veciñanza de Arteixo. Non demostraron a capacidade de solvencia que se supón que teñen.
-Entón por que fan esa oferta tan boa para gañar o concurso?
-Fan esa oferta tan boa porque Arteixo entón era a punta de lanza dun proceso de expansión que nunca chegou a ser. Quedaron aí bloqueados. Debe traballar en serio pretenderon facer unha chantaxe ás anteriores corporacións como a nosa.
-Como se chega a este divorcio nada amistoso en 2013?
-Nós estamos aquí para defender os intereses veciñais. Calquera feito que prexudique á veciñanza de Arteixo temos que solucionalo. Constátanse as malas artes e a mala fe. Non se propoñían solucións reais. A solución para a veciñanza non é subir o prezo do auga. A solución real é dar a auga e corrixir as fugas. Pretendían chantaxear e botar á xente encima do poder político. E eles saír con exclusivamente o seu negocio.
-Como cre que acabará a demanda dos 26 millóns de euros famosos?
-A decisión xudicial sempre a acataremos e si non estamos de acordo poñeremos os recursos que vexamos convenientes. En principio entendo que vai por bo camiño. Proba diso é que o xuíz pon un aval de 14 millóns e si non, non o poñería. Que lle sirva de pedra de toque para que deixen de actuar de determinada forma. E si dean conta de que o seu negocio non pode ir só polo recibo do auga da veciñanza. Ten que ir pola xestión.
-Polas declaracións do alcalde parece que Aqualia é unha empresa pirata. Coincide?
-Denominalas pirata, non. O que si creo é que Aqualia no seu momento tivo unha estratexia comercial que se demostrou errada. Vir a Arteixo para facer un banco de probas de todo o demais e que a partir de aí se amole a veciñanza de Arteixo é un erro. Santiago Lafuente (director de Aqualia) pouco coñece Arteixo e sempre fala de oídas. Mestura unha serie de datos que non son correctos. Xestionaron a planta de auga do polígono de Sabón durante un tempo e deixárona.
-Por que a deixaron?
-Que lles pregunten a eles. Había que investir. Por que o trazado do novo colector non se lle ocorre ao gerente? O problema deles é que non se preocuparon de xestionar. E iso pagámolo a veciñanza. Era un servizo deficiente.
-O director de Aqualia aludiu a unhas declaracións do alcalde de Oleiros de que as estratexias de municipalización arrastran contratacións de xente.
-Nós contratamos o persoal que é necesario para o servizo. Algo que estamos facendo é a profesionalización do servizo. Outra cousa é que nos grupos de goberno haxa persoas de libre designación, que as teñen todas as corporacións. No servizo municipal de augas o único que entrou a traballar son profesionais do sector. Un enxeñeiro de Camiños nunha oposición libre e un xurista nunha oposición libre. Non hai cargos políticos, salvo o meu, metidos no servizo. Metéronse tamén dúas persoas máis de rede en oposición libre.
-O alcalde de Oleiros di que vostedes tamén queren aplicar esta estratexia ao lixo.
-Probablemente el saiba algo que non sé eu. Cando se demostre veremos se o que di é correcto ou non. De momento non se contratou a ninguén. A nosa guerra non é con Oleiros, senón coas empresas que viñan prestar servizo a un prezo e pretenderon variar ese prezo. Gelo sempre demostrou estar ao noso lado. Ha ter constantes enfrontamentos con empresas que non prestaron o servizo.
Publicado no xornal "La Opinión de A Coruña" o 28 de Xullo de 2016. | Por Iván Aguiar | Arteixo.
Foto: O concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Amado, nunha fonte próxima ao Concello. Por Víctor Echave.
***