mércores, 24 de agosto de 2016
xoves, 11 de agosto de 2016
Por que ninguén me dixo isto antes? é o titulo dunha Interesante conferencia, celebrada en Elche, do noso compañeiro Fernando Urruticoechea, onde explica as súas vivencias e a súa loita contra a corrupción - Fernando é interventor municipal, activista contra a corrupción, participou en diferentes procesos remunicipalizadores e nos asesora, na loita en defensa dos servizos públicos e polo rescate da súa xestión, hoxe en mans privadas
martes, 9 de agosto de 2016
Un dos argumentos que presentamos para afirmar que se proceda ao desestimento do Contrato Eléctrico en Ferrol, é o da súa ilegalidade pola duración proposta de 15 anos contando as súas prorrogas, duración que consideramos ilegal á vista das consultas realizadas - Agora presentamos está análise detallada sobre a duración máxima legal nos contratos de subministros: unha opinión de Javier López Parada, Interventor Xeral do Concello de Zamora
luns, 8 de agosto de 2016
O pasado 14 de Xullo, faciamos-nos eco da decisión do Concello de Valladolid de remunicipalizar o Ciclo Integral da Auga, agora polo seu interese e capacidade de síntese, achegamos un vídeo onde en menos de cinco minutos, a concelleira María Sánchez, deixa absolutamente claro o porque da necesidade de municipalizar a xestión do servizo
domingo, 7 de agosto de 2016
A remunicipalización do ciclo integral da auga en Arteixo é de interese para o noso proceso en Ferrolterra - Apresentamos unha entrevista co responsábel do servizo o concelleiro José Ramón Amado que ten a singularidade de ser do Partido Popular - Este rescate da xestión da auga, ten moita importancia, o goberno municipal enfrentou-se ás propias políticas neoliberais privatizadoras dos servizos públicos que son un dos fundamentais obxectivos do seu partido
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)