xoves, 14 de xullo de 2016

De interese para o noso proceso en Ferrolterra, é o anuncio do Concello de Valladolid, de propoñer o rescate da xestión do ciclo da auga e a creación dunha empresa 100% pública - O Concello asumirá ao cento por cento dos actuais traballadores de Augas de Valladolid nunha decisión que o alcalde, Oscar Ponte, cualificou como "plenamente responsábel"



Por ser de interese para o noso proceso en Ferrol e no resto dos concellos das comarcas do noroeste, publicamos un resumo da nova feita pública onte na Cadena Ser de Valladolid e que foi publicada na rede, onde o Concello de Valladolid anuncia o rescate da xestión do ciclo integral da auga e a creación dunha empresa 100% pública.

Valladolid é un concello da meseta castelán duns 320.000 habitantes, situado na comarca do Pisuerga. Na actualidade está gobernado polo PSOE e a organización "Valladolid Toma la Plabra". A ideia inicial da comisión especifica para abrir o proceso de remunicipalización, é que a nova sociedade municipal 100% pública substituirá á concesionaria Augas de Valladolid (Grupo AGBAR) a partir do 1 de xullo de 2017, tras 20 anos de xestión privada do servizo.

Segundo a cadea radiofónica, dentro do proceso de investigación e análise de todas a probabilidades posíbeis quedou "descarta a creación dunha sociedade mixta integrada por unha empresa privada e a Administración. Esta é unha das fórmulas que se barallaron, pero que se desestima tras analizar as vantaxes e os inconvenientes".

A decisión do equipo de goberno será argumentada na comisión técnico-política creada para decidir o método de xestión a partir de xuño de 2017, data na que conclúe o contrato asinado entre o Concello e Augas de Valladolid. "A comisión , integrada por funcionarios e representantes dos cinco partidos políticos, reunirase mañá. En calquera caso, o pleno do Concello de Valladolid será a institución que deberá adoptar a resolución definitiva".

"A remunicipalización do servizo implicará a creación dunha empresa pública, que se encargará do ciclo integral: abastecemento, saneamento e depuración. Ademais, os 150 traballadores que na actualidade dependen da empresa Augas de Valladolid pasarán a formar parte do persoal da empresa municipal. É dicir, 20 anos despois volverán ser empregados do Concello de Valladolid".

En consonancia co movemento global polo rescate da auga para a xestión pública, contra as políticas neoliberais de privatización, en Valladolid como en moitas noutras moitas cidades, o pasado 11 de Xullo deste ano 2016, quedou constituída unha Plataforma que reclama a recuperación da xestión pública do auga, integrada pola Asociación Cultural Cidade Sostíbel, Enxeñeiros Sen Fronteiras de Castela e León, FACUA-Asociación de Consumidoras e Usuarias, Ecoloxistas en Acción, Federación de Asociacións Veciñal Antonio Machado, Asociación Veciñal do barrio da Rondilla, Esquerda Unida e o grupo municipal Si Se Pode. Esta Plataforma, aseguran que "os beneficios polo ciclo integral do auga alcanzan os 10 millóns de euros e que o servizo mellorará na cidade". A Plataforma recolleu sinaturas a través da rede en: change.org. A "Plataforma por la Gestión 100% Pública del Agua en Valladolid" publica unha web na rede onde expón as reivindicacións, novas e documentos: ir a Web.

Ademais da defensa do público, os colectivos sosteñen que hai viabilidade económica:
"A actividade económica xerada polo Ciclo da Auga en Valladolid, de acordo co informe elaborado recentemente polo Concello, representa uns beneficios medios anuais de 2,66 millóns de euros, aos que debe sumarse o canon concesionario que ascende a 6,39 millóns de euros. Si a isto engádense os beneficios obtidos polas empresas do Grupo AGBAR (ao que pertence Augas de Valladolid) a través de subcontratacións directas efectuadas por Augas de Valladolid e do emprego de medios materiais e humanos propios da concesión, difíciles de avaliar pola opacidade do actual concesionario na súa xestión, podería dicirse que a actividade do Ciclo Urbano do Auga en Valladolid produce uns excedentes anuais próximos aos 10 millóns de euros. Trátase pois dunha actividade rendíbel coa que, de acordo co informe municipal antes citado, é perfectamente posíbel facer fronte aos investimentos necesarios para renovar e manter as infraestruturas do Ciclo da Auga sen ter que recorrer a financiamentos externos".
Fonte: Cadena Ser Valladolid. | 12 de Xullo de 2016.

A nova na páxina web do Concello:
A Comisión Municipal encargada de estudar o futuro da xestión do auga propón unha empresa 100% pública. | Esta sociedade municipal substituirá ao concesionario Augas de Valladolid a partir do 1 de xullo de 2017, tras 20 anos de xestión indirecta do servizo. | O Concello asumirá ao cento por cento dos actuais traballadores de Augas de Valladolid nunha decisión que o alcalde, Oscar Ponte, cualificou como "plenamente responsabel". | Segundo os informes técnicos, este novo modelo é o que mellor garante o control da evolución das tarifas, que co modelo anterior subiran un 33,9% en 15 anos. |  Publicada o 13 de xullo de 2016. | Ir á Web.

***