A Plataforma Na Defensa Dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, organizou o venres 14 de Outubro, ás 12 do mediodía, unha Rolda de Prensa na Galería Sargadelos de Ferrol.
"Vivimos a ruptura do goberno municipal na cidade de Ferrol con preocupación. Son moitos os problemas que esta cidade, e a mancomunidade de municipios á que pertence, ten sen resolver. A defensa dos servizos públicos e o camiño cara a remunicipalización está practicamente nos comezos, senón en clara parálise..."
A Plataforma, convocou a Rolda de Prensa para amosar a súa análise e fixar a posición, ademais de formular as demandas veciñais.
https://youtu.be/t5FSSPjUSGU
Comunicado entregado aos medios na Rolda de Prensa |Acceder/Baixar| dos arquivos da Plataforma.
---