xoves, 11 de agosto de 2016

Por que ninguén me dixo isto antes? é o titulo dunha Interesante conferencia, celebrada en Elche, do noso compañeiro Fernando Urruticoechea, onde explica as súas vivencias e a súa loita contra a corrupción - Fernando é interventor municipal, activista contra a corrupción, participou en diferentes procesos remunicipalizadores e nos asesora, na loita en defensa dos servizos públicos e polo rescate da súa xestión, hoxe en mans privadas



Organizada pola Asociación de Xornalistas de Elche (APE), tivo lugar, o sábado 7 de Maio de 2016, unha interesante conferencia de Fernando Urruticoechea, economista e interventor municipal, onde explica as súas vivencias e a súa loita contra a corrupción en consistorios como o de Castro Urdiales ou Crevillent. Procedementos que foron posíbeis, en parte, polo traballo de Urruticoechea.

Fernando Urruticoechea, foi nomeado recentemente, premio Liberdade de Expresión 2016 por Unió de Periodistes Valencians.


https://youtu.be/icoTdOS7RTw

Publicado o 15 de Maio de 2016 na canle da Asociación de Xornalistas de Elche. | Ir á canle.

Música: "Noches de Boda" de Chavela Vargas (Google Play • iTunes)

***