luns, 23 de novembro de 2020

A Plataforma informará nos barrios mediante mesas informativas sobre como reclamar ao Concello, despois das cartas de Emafesa requirindo o pago por un servizo de depuración non prestado - Calendario de Mesas Informativas



A Plataforma informará nos barrios mediante mesas informativas sobre como reclamar ao Concello, despois das cartas de Emafesa requirindo o pago por un servizo de depuración non prestado. Mesas onde facilitará os modelos de escritos e as instrucións para facer efectiva dita reclamación. Ademais de informar e facilitar modelos de escritos, a través das súas contas nas redes sociais median, as consultas na conta de correo-e [remunicipalizacion.plataforma@gmail.com] e na súa Web.

MESAS PARA DIFUNDIR O MODELO DE CARTA E INFORMAR

✔ Martes 24 de Novembro, de 11:00 a 12:30 horas, no Mercado de Caranza.

✔ Mércores 25, co mesmo horario na praza da Ilustración, diante de Emafesa.

✔ Xoves 26, co mesmo horario diante do Edificio da Xunta.

✔ Venres 27, co mesmo horario, no Inferniño, nas inmediacións da Farmacia (Esquina Estrada de Castela con Sánchez Calviño).

✔ E o luns 30, co mesmo horario nas inmediacións da porta traseira de entrada ao Rexistro no Concello.

ACTIVIDADE NAS MESAS-INFO

Nas mesas informamos, entregamos modelos, axudamos acubri-los e os recollemos se queredes que o entreguemos desde a Plataforma.

PARA REXISTRAR


Cubrir o modelo de petición ao Concello e presentar no Rexistro Xeral, mais antes por mor da pandemia polo Covid-19, hai que pedir Cita Previa (Hai unha lista de espera de 7 a 10 días)  no 981 944 000, Ext. 230. Polo que recomendamos a quen poida que o envíe por correo-e ao rexistro do Concello, escaneando antes o modelo cuberto e asinado, mais lembra de gardar a mensaxe que se envía, pois é o xustificante de ter enviado. Mais polo xeral o Xefe de Rexistro, remite un xustificante de entrada no mesmo, coa data e asignando un número.

A conta de correo do Rexistro Xeral de Ferrol:
rexistro@ferrol.es

---