mércores, 2 de decembro de 2020
Ante a continua demanda de información da veciñanza que se achega as mesas, a Plataforma continuará esta semana abrindo mesas informativas polos barrios [Actualizado a 9 de decembro de 2020]
Ante a continua demanda de información da veciñanza que se achega as mesas a Plataforma continuará esta semana abrindo mesas informativas polos barrios.
As mesas previstas para a semana pasada, quedaron adiadas para esta semana, por mor das condicións meteorolóxicas, pois anunciaron mal tempo con alerta laranxa no mar e amarela en terra, con ventos de 80km/h, durante toda a semana, e así foi que o mal tempo impedía abrir mesas nos barrios. De novo esta semana anuncian mal tempo chuvia e refachos de vento ate 75 Km/h. Isto esta-nos impedindo cumprir obxectivos de número de escritos que pensabamos entregar en rexistro visados pola Plataforma, independentemente dos escritos que entregan veciñas e veciños pola súa conta, a pesar das restricións pola pandemia (Covid-19) que afastan á veciñanza das administracións, con esa cita previa para acceder ao rexistro cunha espera de 7 a 14 días. Sobre todo ás persoas que non teñan medios ou capacidade, para face-lo de xeito telemático. A pesares do mal tempo a Plataforma vai intentar abrir as mesas de información esta semana, se o tempo o permite, co seguinte calendario.
MESAS INFORMATIVAS
✔ MÉRCORES 9 DE DECEMBRO, DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA.
✔ XOVES 10 DE DECEMBRO, DIANTE DO MERCADO MUNICIPAL DE CARANZA.
✔ VENRES 11 DE DECEMBRO, NA PRAZA DE ARMAS, DIANTE DO PAZO MUNICIPAL DE FERROL.
ABRIREMOS A MESA PARA DIFUNDIR O MODELO DE CARTA E INFORMAR
En horario de 11:00 a 12:30 horas.
ACTIVIDADE NAS MESAS-INFO
Nas mesas informamos, entregamos modelos, axudamos acubrilos e os recollemos se queredes que o entreguemos desde a Plataforma.
PARA REXISTRAR
Cubrir o modelo de petición ao Concello e presentar no Rexistro Xeral, mais antes por mor da pandemia polo Covid-19, hai que pedir Cita Previa (Hai unha lista de espera de entre 7 e 14 días) no 981 944 000, Ext. 230. Polo que recomendamos a quen poida que o envíe por correo-e ao rexistro do Concello, escaneando antes o modelo cuberto e asinado, mais lembra de gardar a mensaxe que se envía, pois é o xustificante de ter enviado. Mais polo xeral o Xefe de Rexistro, remite un xustificante de entrada no mesmo, coa data e asignando un número.
A conta de correo do Rexistro Xeral de Ferrol:
rexistro@ferrol.es
NON PAGAR
A Plataforma responte con "Non Pagar" ás cartas que está enviando Emafesa as veciñas e veciños que non están de acordo que lle pasen a cobro a taxa de depuración, do período onde non se prestaba o servizo. Quere lembrar que está presentado un Recurso en febreiro deste ano ante o Concello e unha Queixa ante a Valedora do Pobo. E agora elaborou unha Carta ao Alcalde en resposta á que está enviando Emafesa, solicitando:
1º Certificación fundada, emitida por ese Concello, da data de inicio da prestación efectiva do servizo de depuración da vivenda, de acordo coa Ordenanza nº 17 e as leis/xurisprudencia sinaladas na EXPOSICIÓN DE FEITOS da carta, co obxecto de poder facer efectivo, no seu caso, o pago agora requirido por EMAFESA.
2º Que se contesten os recursos presentados no mes de febreiro deste ano.
3º Que se contesten os reiterados requirimentos feitos pola Valedora do Pobo.
Foto: A depuradora de augas residuais de Prioriño (EDAR), de jorge meis. | 21 de outubro de 2015.
---