martes, 3 de decembro de 2019
A Executiva Local do PSdeG-PSOE da Agrupación Socialista de Ferrol fai público un comunicado onde fixa a súa posición respecto da taxa de depuración, despois da Sentenza do TSXG - E manifesta unha gran sintonía coa maioría das propostas da Plataforma pola Remunicipalización
A EXECUTIVA DO PSOE DE FERROL MANIFESTA A SÚA SINTONÍA COA MAIORÍA DAS PROPOSTAS SOBRE A TAXA DA PLATAFORMA DE REMUNICIPALIZACIÓN
➤ A dirección do PSOE de Ferrol reuniuse coa Plataforma de Remunicipalización
➤ A executiva manifesta unha gran sintonía coa maioría das propostas sobre a taxa
Esta mañá a agrupación socialista de Ferrol reuniuse en sesión extraordinaria na Casa do Pobo de Ferrol, tras a xuntanza mantida o xoves coa Plataforma de Remunicipalización e adoptou, por unanimidade, os seguintes acordos:
1. A Agrupación socialista de Ferrol segue mantendo exactamente a mesa postura que sempre, reclamando unha taxa xusta para a cidadanía, correxindo todas as irregularidades e neglixencias políticas que deron lugar á situación actual.
2. A esta situación chegouse polo engano do PP á cidadanía co cobro da taxa dunha depuradora que non depuraba e a falla de valentía de Jorge Suárez para correxir as devanditas irregularidades que expuxemos reiteradamente dende o Partido Socialista.
3. O Partido Socialista de Ferrol defende que estas neglixencias e irregularidades non poden recaer ou ter como consecunencia imposicións perxudiciais para a cidadanía, que ven impoñendo a actuación do socio privado Socamex.
4. Como xa ten reiterado o Partido Socialista é necesario que o Concello de Narón pague todas as cantidades atrasadas que se correspondan cunha taxa xusta.
5. A devolución do inxustamente cobrado á cidadanía polas decisións antes referidas, e a acometida do saneamento da zona rural.
Finalmente, como xa manifestou reiteradamente nos últimos anos o PSOE de Ferrol, era absolutamente imprescindible encomendar a defensas xurídicas independentes ás do Concello e por outra banda, do socio privado, ao existir claros conflictos de intereses entre ambos.
A actual sentenza do tribunal Superior de Xustiza de Galicia evidencia na nosa opinión que as peticións mantidas polos socialistas nesta cuestión eran claramente acertadas.
Por todo isto, a executiva local insta ao Concello a tomar as medidas xudiciais oportunas, ben en procedemento declarativo, ben en execución de sentenza para que a cidadanía non sexa a perxudicada polas nefastas decisións políticas.
FERROL, 30 NOVEMBRO DE 2019
---