domingo, 17 de decembro de 2017

O Pleno do Concello de Vilagarcia de Arousa, acorda baixar o recibo da Auga e comezar un proceso de remunicipalización do servizo, hoxe en mans dunha empresa privada, Espino e Delfin

Pleno do concello de Vilagarcia - 15 de decembro de 2017


O Pleno do Concello de Vilagarcia de Arousa, acorda baixar o recibo da Auga e comezar un proceso de remunicipalización do servizo, hoxe en mans dunha empresa privada, Espino e Delfín.


O pasado venres 15 de decembro, tivo lugar un pleno extraordinario, no concello de Vilagarcia de Arousa para abordar a alegación de Espina e Delfín (concesionaria do servizo de abastecemento de auga) contra a nova ordenanza da auga que aplica unha tarifa de menor contía a partires do 1 de xaneiro deste 2018.

A empresa concesionaria pretende seguir repercutindo nas tarifas que paga a veciñanza investimentos que o Concello considera que xa están amortizados. Conforme aos informes do Departamento de Tesourería, o Pleno por unanimidade acordou desestimar a alegación.

O Concello aprobou o pasado mes de outubro de forma provisional a revisión das ordenanzas fiscais a aplicar en 2018. Segundo os estudos dos técnicos municipais, en 2017 completouse a amortización das obras de mellora da infraestrutura de abastecemento comprometido en 2004 que estaba repercutindo nas tarifas e que esta quería seguir cobrando até o vencemento do contrato, en 2026. Contrato que se lle ampliara en 20 anos, en compensación polo investimento comprometido.

Este Pleno Extraordinario era precisamente para desestimar as alegacións da concesionaria e consecuentemente, aprobar de forma definitiva a Ordenanza.


Remunicipalizar

O debate sobre as alegacións da concesionaria, para manter a tarifa aumentada, foi o que trouxo o debate sobre municipalización do servizo auspiciado polo concelleiro non adscrito que o foi de EU-SON, Miguel Alves,  como o portavoz do BNG Xabier Ríos, o portavoz de EU-SON, Jesús López e Somos Maioría, Gaspar González que demandaron ao Alcalde do PSdeG-PSOE, Alberto Varela que se poña sobre a mesa a posibilidade de municipalizar o servizo da auga e evitar así, ter que seguir nunha concesión cunha empresa privada. A oposición de esquerda e o actual grupo de goberno apostan porque o Concello rescate a xestión da auga no 2025.
---