Asemblea o 15 de decembro de 2017, de máis de 40 entidades para constituír a Plataforma para demandar a xestión pública da auga de Barcelona |
O Concello de Barcelona, prepara unha multiconsulta para maio de 2018.
Consultara-se sobre a municipalización da xestión da auga, un plan contra a xentrificación en Sant Antoni e o Raval e o novo nome da praza do esclavista Antonio López, mais quen impulsa as tres iniciativas terán que reunir agora 15.000 firmas físicas en dous meses.
Xentrificación, memoria (e xustiza) histórica e xestión pública do auga. As tres preguntas, presentadas a través de iniciativas cidadás, xa validadas polo consistorio, e que a partir deste venres iniciarán a campaña de recolleita de firmas. Reunir 15.000 apoios na rúa -trátase de firmas das de antes, en papel- é o penúltimo paso a seguir para que as propostas cheguen ás urnas o próximo mes de maio. Algo que presumibelmente lograrán sen problemas, dados os importantes apoios que hai detrás das tres iniciativas cidadás, con organizacións como o Casal dels Infants do Raval, a PAH, a Aliança Contra a Pobresa Energètica e Tanquem els CIES.
A batalla máis difícil
Seguramente será cuestión que presentará máis batalla, a xestión da auga. É a única das tres preguntas que seguro terá unha campaña en contra. A Plataforma Aigua És Vida suscita a pregunta "Quere vostede que a xestión da auga en Barcelona sexa pública e con participación cidadá?". O voto da alcaldesa Ada Colao está claro. A remunicipalización dos servizos básicos é unha das grandes promesas dos 'concellos do cambio'. En municipios como Terrassa xa é unha realidade a da auga.
Ademais de apoios de máis de 40 entidades promotoras, con moitas persoas detrás, a campaña social pola municipalización do auga conta con argumentos de calado. "A xente ten que saber que o 50% da factura non está asociada ao consumo. En cada factura estannos cobrando publicidade, fugas e cánones", apunta Quim Pérez, membro de Aigua És Vida.
A partir deste venres as tres iniciativas teñen dous meses para reunir as 15.000 firmas que prevé o regulamento, o tempo que falta para a celebración do pleno de febreiro-marzo, que debe ratificar as preguntas con (só) a metade máis un dos votos. O resultado da consulta non pode ser vinculante por lei pero existe a vontade política de levalo a cabo. "As preguntas presentadas polos partidos si requirirán unha maioría cualificada, 27 votos, pero o obxectivo é facilitar ao máximo a participación da xente", conclúe a concelleira de Participación, Gala Pin.
Fonte: Helena López no xornal elPeriódico. | Barcelona - Xoves, 14/12/2017 | Actualizado o 15/12/2017 ás 17:47 CET. | Ir á Web.
---