domingo, 24 de decembro de 2017

Novas na Casa do Concello sobre os últimos colectazos do aprobado no Pleno do 15 de novembro, referente ao levantamento da suspensión da ordenanza que aplicaba a Taxa do PP de 2014: informe do Consello Consultivo, protesta do Partido Popular, recurso do BNG e o convenio a tres bandas.

Abonda de saqueo, hai outras alternativas: Remunicipalizar.


Novas na Casa do Concello sobre os últimos colectazos do aprobado no Pleno do 15 de novembro, referente ao levantamento da suspensión da ordenanza que aplicaba a Taxa do PP de 2014: informe do Consello Consultivo, protesta do Partido Popular, recurso do BNG e o convenio a tres bandas.

O pasado 14 deste mes de decembro cando o BNG denunciaba a actitude do director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, de despropósito ao considerar-se, o director, mediador entre un suposto conflito entre dous concellos, un dos maiores responsábeis da desolación do sistema de saneamento da marxe norte da Ría, ao tempo, tamén denunciaba que o Consello Consultivo xa respondera ao Concello, con negativa e sorpresa, polo asunto a consultar e os termos da pregunta:


"O Consello Consultivo ven de responder á pregunta pactada por Fec e PP no pleno en que decidiron levantar a suspensión da taxa de depuración do PP. O que demostra que acontecido no pleno non foi máis que un teatro para intentar xustificar o acordo político previo existente entre o Goberno Local e o Partido Popular para posibilitar o levantamento da suspensión da taxa de saneamento imposta no seu día polo goberno de Rey Varela. Un acordo que supón un despropósito de tal calibre que nin o Partido Popular era capaz de asumir nin de defender o levantamento da súa propia taxa e inventa este tipo de consultas para intentar xustificalo.

Na súa resposta o consello consultivo indica que ademais de que a pregunta esta mal formulada, o consello consultivo non está para dirimir sobre este tipo de cuestións.

Unha vez coñecida a resolución do Consello Consultivo evidenciase que non era preciso solicitar este informe e que só se fixo para envolver un pacto político entre Ferrol en Común e o Partido Popular para beneficio exclusivo da parte privada de Emafesa".

Novas en medios locais.


2017.12.18 - Galicia Ártabra Digital. | O PP denuncia que o alcalde ocultoulles a chegada do informe do Consello Consultivo. | 18 decembro, 2017 . | Empeza a semana con turbulencias no Concello de Ferrol e novamente en relación á reposición da taxa de saneamento, porque o PP condicionara o seu abstención á espera do ditame do Consello Consultivo. | Na mañá do luns escribíase un novo capítulo, na roda de prensa ofrecida pola portavoz municipal do PP, Martina Aneiros, ao dar a coñecer que o pasado martes, 12 de decembro, entrara por rexistro unha notificación do Consello Consultivo, "algo que coñecemos de xeito non oficial", afirmaba. | Ir á Web.

2017.12.18 - Galicia Ártabra Digital. | O goberno afirma que se responderá "en tempo e prazo" ao Consello Consultivo. | 18 decembro, 2017. | Na mañá do luns a portavoz municipal do PP, Martina Aneiros cargaba duramente contra o goberno municipal por non comunicar a entrada por rexistro dunha solicitude do Consello Consultivo, en relación ao levantamento da suspensión da taxa de saneamento, a cal finaliza mañá. | Ir á Web.

2017.12.19 - Diario de Ferrol. | O PP denuncia que Suárez non enviou a súa petición ao Consello Consultivo. | A posta en marcha da nova taxa de saneamento segue dando de que falar. Trala reunión da pasada semana a tres bandas para intentar solucionar ?ou conflito do saneamento?. | redacción ferrol 19 de Decembro de 2017 (00:30 h.) | Os populares condicionaron o seu abstención no pleno do pasado 15 de novembro onde se levantou a suspensión, á espera de coñecer a resposta do ente público | A posta en marcha da nova taxa de saneamento segue dando de que falar. Trala reunión da pasada semana a tres bandas para intentar solucionar "ou conflito do saneamento", tal e como afirmaron os alcaldes de Ferrol e Narón, Jorge Suárez e Marián Ferreiro, onte foi o grupo municipal do PP quen criticou irregularidades no proceder do goberno local no proceso. | Ir á Web.

2017.12.19 - Novas na Web do Concello de Ferrol. | O Goberno Local resposta en tempo e prazo ao Consello Consultivo. | O oficio resposta a solicitude de aclaracións solicitada por este ente e que tivo rexistro de entrada o pasado 12 de decembro no Concello. | No día de hoxe, en tempo e prazo, foi remitido desde o Concello de Ferrol a resposta as aclaracións solicitadas polo Consello Consultivo, sito na rúa Algalia de Compostela,  en relación a 'procedencia do levantamento da suspensión da ordenanza reguladora da taxa de depuración de augas residuais. | O escrito do Consello Consultivo tivo rexistro de entrada neste concello o  pasado 12 de decembro. | Ir á Web.

2017.12.20 - La Voz de Galicia. | O BNG presenta un recurso de reposición contra a reactivación da taxa de saneamento. | Os nacionalistas din que as causas que motivaron a supresión seguen plenamente vixentes. C. López Ferrol 20/12/2017 05:00 h. O BNG de Ferrol presentou un recurso de reposición contra o acordo de declarar finalizada a suspensión da aplicación da taxa de depuración, aprobada polo goberno local co apoio do PP, por entender que as causas que motivaron a supresión seguen plenamente vixentes. | Ir á Web.

2017.12.21 - Galicia Ártabra Digital. | Ao BNG non lle gusta o convenio a tres bandas polo saneamento. | 21 decembro, 2017. | Na xornada de onte o alcalde de Ferrol trasladaba a todos os grupos municipais a proposta de convenio a tres bandas polo saneamento de ríaa entre Ferrol, Narón e Augas de Galicia, algo que non convencía ao BNG, tal e como manifestaba o seu portavoz municipal Iván Rivas, na mañá do xoves. | Ir á Web.

Máis novas de interese. | Ir á Web.
---