Concentración ante Emafesa, 2 de marzo de 2017 |
Socamex, a socia privada da mixta Emafesa (49%), mais a súa única responsábel da xestión (100% privada), en escrito con rexistro de entrada do 3 de novembro, ameaza ao Concello coa tramitación xudicial de disolución da Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A., para o que ten de prazo até o 21 deste mesmo mes de novembro. Ademais pregunta-se como aínda non se deu curso ao padrón municipal que posibilitaría o cobro dos recibos anteriores á suspensión que ascende a 1,91 milhóns de euros (Moita antención). Achegamos o citado escrito de Socamex.
O Alcalde, Jorge Suárez, convoca o Pleno extraordinario da Taxa de Depuración, para a mañá deste venres día 10 de novembro de 2017, ás 9:30hs. Cun único punto do na orde do día, recuperar a Taxa do Partido Popular: "Proposta de declarar finalizada a suspensión da aplicación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais, publicada no BOE de data 3 de setembro de 2014". Este punto xa fora abordado na Comisión de Economía, Facenda, Emprego e Recursos Humanos que tivo lugar o pasado día 6 de outubro, nunha moi interesante reunión, onde tomaron posicións os grupos municipais e non adscritas, deixando para o pleno as súas, Ciudadanos, mentres o Partido popular non se pronunciou [Acta da Comisión]. Mais o Partido Popular a través da súa portavoz e integrante da Comisión solicita, para pronunciar-se a moi significativa documentación que a continuación relacionamos:
- Información sobre a situación económica e patrimonial de EMAFESA.
- Actas do Consello de Administración e Xunta de Accionistas de EMAFESA.
- Certificado de todos os expedientes que derivan do acordo de suspensión.
- Compromiso co saneamento da Zona Rural.
- Convenio entre Concello de Ferrol, Narón e Comunidade Autónoma e compromiso do Concello de Narón sobre o pago da cantidade que lle corresponda.
- Escrito presentado por EMAFESA recollendo as súas alegacións sobre a auditoría que se lle realizou.
- Situación do servizo de depuración antes do 3 de abril deste ano.
Reiteramos as nosas demandas e reivindicacións ante os continuos incumprimentos por parte da empresa mixta EMAFESA, e ante as irregularidades no corpo contractual:
1º Cumprir xa a súa obriga e compromiso de facer unha auditoría real sobre a xestión e a situación económica financeira de EMAFESA.
2º Denunciar o Convenio con Augas de Galicia e entregar a xestión do sistema de saneamento e depuración a quen é o seu único responsábel -a Xunta de Galicia, até que se cre un sistema supramunicipal de xestión, como así posibilita a primeira encomenda entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Augas de Galicia.
3º Devolver a taxa indebidamente cobrada á veciñanza e comezar cun proceso transparente e participado.
4º Iniciar o proceso de recuperación da xestión do servizo, cumprindo cos acordos do pleno municipal de xullo de 2015.
Ferrol, a 7 de novembro, de 2017.
Documentación:
Escrito de Socamex dirixido ao Concello de Ferrol, con data de rexistro de entrada do 3 de novembro de 2017. | Acceder/Baixar.
Convocatoria de Pleno Extraordinario. para o 10 de novembro de 2017. | Acceder/Baixar.
Acta da Comisión de Economía, Facenda... celebrada o 6 de outubro de 2017 | Acceder/Baixar.
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
- Alexandre Carrodeguas | 690612737
- Fernando Ramos | 622932443
- Pablo Portero | 659855805
- Bernardo Rego | 603772650
- Lupe Ces | 652201003
https://plataformaferrol.blogspot.com.es
---