mércores, 29 de novembro de 2017

Hoxe celebraba-se unha xuntanza do Consello de Administración de Emafesa, á saída os xornalistas agardaban polo Alcalde Jorge Suárez, ao que se lle preguntou polo resultado da xuntanza e as relacións con Narón - Audio

Consello de Administración de Emafesa de abril de 2017

Hoxe celebraba-se unha xuntanza do Consello de Administración de Emafesa, á saída os xornalistas agardaban polo Alcalde Jorge Suárez, ao que se lle preguntou polo resultado da xuntanza do organismo de administración da empresa mixta de augas de Ferrol. E esta foi a resposta do Alcalde.



Mais La Voz de Galicia publica hoxe 29.11.2017-11:42 hs:

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, manifestou hoxe o seu desexo de que conxuntamente co veciño municipio de Narón  se atopen "as solucións posibles" co fin de evitar o "enriquecimiento inxusto de Narón" en materia de saneamento.

Para abordar este asunto, o rexidor ferrolano mantivo un encontro privado co seu homóloga naronesa, Marián Ferreiro, segundo recolle Efe. Así, aludiu ao pacto para que Ferrol abone o 70 % dos custos pola depuración das augas, iniciada o pasado mes de abril, e Narón o 30 % restante. Para o rexidor, a dirixente naronesa ratificou "desde o primeiro momento" esta proposta, que acentuou de "transitoria en tanto non se mancomunase" a prestación.

Ante o conflito, o alcalde ferrolano ha apelado á "calma e boas relacións co concello veciño, non queremos que a nova alcaldesa téñase que facer responsable por procedemento xudicial de custos xerados".

"Confiamos en non chegar pola súa banda nin pola nosa a ese tipo de confrontación", afirmou Jorge Suárez.

E no xornal dixital Galicia Ártabra publican:

... Preguntado o alcalde Jorge Suárez polo requirimento de Narón ante Augas de Galicia e ante o concello de Ferrol polo convenio do saneamento, manifestou que desexa manter unha actitude cordial co concello veciño pero ameaza con acudir aos tribunais si Narón non paga o 30% polo servizo de depuración que actualmente está en activo, xa que estima que o non pagar esta parte é un enriquecemento inxusto de Narón.

"Buscaremos todas as solucións posibles pero está claro que... bo, sempre chamando á calma e ás boas relacións co noso concello veciño, e non queremos que tampouco a nova alcaldesa téñase que facer responsable a través dun procedemento administrativo e logo xudicial do pago do 30 % dos custos derivados por depurar as augas de Narón o que de xeito evidente é un enriquecimiento inxusto dese concello" manifestou Jorge Suárez aos medios. ...
---