xoves, 4 de xaneiro de 2018

O conflito do Saneamento nas novas da Web Oficial do Concello de Ferrol - Perante o ano 2017 o Gabinete de Comunicación do Goberno Municipal foi colgando na Web do Concello unha serie de novas en referencia ao conflito sobre o sistema de saneamento e depuración, estas son as 15 novas publicadas - Esta é a visión desde o Goberno Municipal



O conflito do Saneamento nas novas da Web Oficial do Concello de Ferrol.

Perante o ano 2017 o Gabinete de Comunicación do Goberno Municipal foi colgando na Web do Concello unha serie de novas en referencia ao conflito sobre o sistema de saneamento e depuración de Ferrol-Narón. Polo seu interese publicamos as referencias e enlaces a esas 15 novas.

2017.01.13 - Web Oficial do Concello. | O SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA INICIARASE O 1 DE ABRIL. | ACORDO ENTRE AUGAS DE GALICIA E OS CONCELLOS DE NARÓN E FERROL PARA COMEZAR A DEPURACIÓN REAL NO PRAZO DE TRES MESES. | O acordo acadouse hoxe tras dunha xuntanza en Compostela co ente autonómico a que asistían os dous rexedores con mesmo obxectivo A ría de Ferrol, rica en recursos e fonte de traballo, leva demasiados anos agardando pola depuración das augas negras logo do engano destapado en agosto do 2015. | Venres, 13 de xaneiro de 2017. | Ir á Web.

2017.01.16 - Web Oficial do Concello. | O GOBERNO DE FERROL FIXA COMO PRORIDADE ACTIVAR O SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA ESTA PRIMAVEIRA. | A futura taxa do saneamento, conforme a normativa europea, gravará exclusivamente os custos derivados da depuración do caudal completo Estímase en 6 euros ao mes para unha familia cun consumo medio de auga de 8 a 10 metros cúbicos e será idéntica para os veciños de Narón e Ferrol “A prioridade para as Administracións pasa por activar o saneamento da ría e, xa logo, depuraremos responsabilidades legais e axustaremos contas”, manifestou Suárez O rexedor avanzou que traballan para incluir no proxecto o río Sardiña para erradicar ese punto de verquido na ensenada da Malata. | luns, 16 de xaneiro de 2017 | Ir á Web.

2017.02.08 - Web Oficial do Concello. | O GOBERNO LOCAL DEVOLVERÁ O IMPORTE COBRADO INDEBIDAMENTE POR EMAFESA POLO SANEAMENTO QUE NON FIXO. | O alcalde, Jorge Suárez, estima que o importe cobrado aos veciños de xeito indebido ascende a 800.000 euros O Concello aposta por reintegrar o importe ou descontalo na seguinte factura A comisión extraordinaria de Facenda abordou hoxe a derogación da taxa de saneamento e aprobación dunha nova, axustada aos custos reais e idéntica a que abonarán os veciños de Narón pola depuración da marxe norte da ría. | Mércores, 08 de febreiro de 2017. | Ir á Web.

2017.02.13 - Web Oficial do Concello. | DEROGADA A TAXA DO SANEAMENTO QUE FOI COBRADA INDEBIDAMENTE POR UNHA DEPURACIÓN INESXISTENTE. | O alcalde, Jorge Suárez, advirte que a actitude irresponsable da oposición, que rexeitou en pleno aprobar unha nova, pon en risco o saneamento da ría que debía activarse o 1 de abril. | Luns, 13 de febreiro de 2017 | Ir á Web.

2017.02.14 - Web Oficial do Concello. | O ALCALDE DE FERROL, JORGE SUÁREZ, APELA A RESPONSABILIDADE DOS GRUPOS POLÍTICOS PARA NON SITUAR A CIDADE NUN PERMANENTE BLOQUEO. | SUÁREZ DEFENDE A NECESIDADE DE APROBAR UNHA TAXA PARA ACTIVAR O SANEAMENTO DA RÍA O 1 DE ABRIL, NA DATA COMPROMETIDA CON AUGAS DE GALICIA A TAXA DA DEPURACIÓN TERÍA O MESMO CUSTO PARA OS VECIÑOS DE FERROL E NARON, SOBRE 6 EUROS AO MES. | Martes, 14 de febreiro de 2017. | Ir á Web.

2017.03.06 - Web Oficial do Concello. | O GOBERNO DE FERROL CONVOCA AOS GRUPOS ESTE XOVES A RETOMAR O DIÁLOGO COA VONTADE DE CHEGAR A UN ACORDO PARA APROBAR A TAXA DO SANEAMENTO E OS ORZAMENTOS DO 2017. |  O alcalde confía en que saiban antepoñer os intereses públicos aos partidistas para sacar a cidade da situación de bloqueo e activar un saneamento do que depende o sustento de 500 familias de mariscadores. | Luns, 06 de marzo de 2017 | Ir á Web.

2017.03.15 - Web Oficial do Concello. | O GOBERNO LEVARÁ A NECESARIA APROBACIÓN DA TAXA DE SANEAMENTO A UN NOVO PLENO EXTRAORDINARIO O MARTES 21. | A prioridade pasa por activar o saneamento para purgar as augas da ría e o segundo paso inmediato será iniciar o proceso para depurar as responsabilidades polo fraude da depuración O pleno extraordinario será o martes 21 ás 19:00 horas, anunciou Suárez, que apelou a decencia e responsabilidade do resto dos grupos para priorizar o futuro dunha ría limpa por riba das manobras políticas. | Mércores, 15 de marzo de 2017 . | Ir á Web.

2017.03.23 - Web Oficial do Concello. | XUNTA DE VOCEIROS POLA ACTIVACIÓN DO SANEAMENTO NA RÍA. | Esta mañá tivo lugar na Alcaldía a Xunta de Voceiros celebrada hoxe na Alcaldía as 12:30 para chegar a un acordo que permita activar o saneamento da ría, cumplindo co acordado o martes 21 tras da suspensión do pleno. | Xoves, 23 de marzo de 2017. | Ir á Web.

2017.04.03 - Web Oficial do Concello. | O SANEAMENTO DA RÍA DE FERROL ACTÍVARASE ESTA SEMANA. | O Goberno de Ferrol leva mañá a pleno extraordinario (12:30 horas) o convenio con Augas de Galicia para a posta en marcha da depuración É unha solución transitoria para cumprir coa urxenca e prioridade de activar a depuración logo de moitos anos de agarda coa confianza de aprobar a imprescindible taxa para garantir a viabilidad do servizo Os alcaldes de Narón e Ferrol expuxeron dos detalles dun convenio que é o reflexo da vontade de entedemente entre os dous concellos. | Luns, 03 de abril de 2017. | Ir á Web.

2017.04.04 - Web Oficial do Concello. | APROBADO O CONVENIO QUE PERMITE ACTIVAR O SANEAMENTO DA RÍA DE FERROL. | Este mediodía foi aprobado en pleno extraordinario (12:30) o convenio que permite activar, no inmediato, o saneamento da ría de Ferrol cunha fórmula transitoria a espera da aprobación definitiva da taxa. | Martes, 04 de abril de 2017. | Ir á Web.

2017.08.30 - Web Oficial do Concello. | OS CONCELLOS DE FERROL E NARÓN COOPERAN NA REDACCIÓN DO ACORDO POLO SANEAMENTO DA RÍA. | A vindeira xuntanza terá lugar a primeiros de setembro no Pazo Municipal de Ferrol As analíticas confirman a mellora da calidade das augas desde a posta en marcha real e efectiva da EDAR de Cabo Prioriño, augas mais limpas e claras e mellora das perspectivas do sector marisqueiro. | Mércores, 30 de agosto de 2017. | Ir á Web.

2017.10.03 - Web Oficial do Concello. | O GOBERNO LEVARÁ A PLENO REACTIVAR A ANTIGA TAXA PARA GARANTIR O SANEAMENTO DA RÍA DE FERROL. | A depuración real das augas negras da ría de Ferrol iniciouse o pasado 3 de abril e ten un custo estimado en 2,5 millóns por ano Os informes da Secretaría e da Intervención Municipal urxen a imposición dun tributo que garanta a viabilidade do saneamento O Goberno tentou, ate en catro ocasións, aprobar unha nova taxa axustada ao milímetro que resultaba a mais económica de toda ría. | Martes, 03 de outubro de 2017. | Ir á Web.

2017.11.15 - Web Oficial do Concello. | O PLENO APROBA REACTIVAR A TAXA QUE GARANTE O SANEAMENTO DA RÍA E OS POSTOS DE TRABALLO VINCULADOS. | “Hoxe salvamos unha situación que era límite para o saneamento da ría e para 70 familias de traballadores da empresa”, manifestou o rexedor A data de inicio de devengo será o día de hoxe a a fórmula de pago a menos gravosa para os veciños e veciñas do municipio. | Mércores, 15 de novembro de 2017. | Ir á Web.

2017.12.07 - Web Oficial do Concello. | FERROL E NARÓN URXEN A AUGAS DE GALICIA A UNHA XUNTANZA INMEDIATA PARA PROCURAR UNHA SOLUCIÓN POLÍTICA AO SANEAMENTO. | Os alcaldes remitiron unha carta conxunta ao director do ente autonómico na busca dunha solución que evite abrir un conflito. 1 xoves, 07 de decembro de 2017. | Ir á Web.

2017.12.19 - Web Oficial do Concello. | O GOBERNO LOCAL RESPOSTA EN TEMPO E PRAZO AO CONSELLO CONSULTIVO. | O oficio resposta a solicitude de aclaracións solicitada por este ente e que tivo rexistro de entrada o pasado 12 de decembro no Concello. | martes, 19 de decembro de 2017. | Ir á Web.

---