mércores, 18 de abril de 2018

Rolda de Prensa onde se convocou a concentración e acción de protesta para o venres 20 de abril, ás 11 da mañá, onde se informará á veciñanza, entregara-se unha carta de resposta á que está xirando Emafesa e presentara-se unha reclamación



Hoxe, martes 17 de abril, ás 12 do mediodía, tivo lugar unha rolda de prensa na Casa do Concello de Ferrol. Trataba-se de informar do pasos que vai dar a Plataforma unha vez rematado, con creces, o prazo de tres meses, o pasado 26 de marzo, que segundo o Alcalde de Ferrol, tiña Eudita Fair Value Auditores, S.L. (empresa que resultou adxudicataria do concurso de contratos menores, por un importe de 21.175 euros), para  o estudo de custos do sistema de depuración de augas residuais, para a modificación da taxa de depuración... non sabemos se xa hai Estudo ou non. Mentres Emafesa segue pasando facturas avultadas e enviando cartas ás persoas que as devolveron...

A Plataforma na Defensa Dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, realizou a Rolda de Prensa, para dar a coñecer as súas valoracións, propostas e a accións...pola Plataforma interviu Alexandre Carrodeguas.

Informou-se de que se acordou facer unha convocatoria pública o venres 20 de abril, desde ás 11 da maña (durante unha hora e media), na Praza da ilustración, diante da sede de Emafesa, onde realizaría-se unha Concentración e acción de protesta. Onde se poñerá unha mesa-info para todas as persoas que necesiten información sobre a súa factura, situación dos resursos e que podemos facer.

A Plataforma elaborará un modelo de escrito para contestar ao que Emafesa está enviando a todas as persoas que devolveron a factura, ameazando con cobrar os custes da xestión de devolución e recargo. Este escrito o poñeremos a disposición da xente o día 20 de abril na concentración da Praza da Ilustración e en posteriores mesas-info que abriremos en diferentes días, diante da casa do Concello e polos barrios.

O mesmo venres día 20 de abril, promoveremos unha reclamación no libro ou follas, do que é preceptivo por lei que dispoña Emafesa. Entregaremos un texto concreto para facilitar e axilizar a acción.

E por último faremos unha declaración pública aos medios de comunicación que citaremos na mencionada Praza: Na rolda de prensa imos denunciar a continuidade no cobro dos recibos avultados, as advertencias de Emafesa mediante escrito ás persoas que devolveron a factura, o atraso no informe de Eudita sobre a Taxa. Cando o estudo solicitado polo Concello de Narón (OTIMA), leva desde o pasado 15 de febreiro feito. A preocupación polo asunto sen resolver do convenio a tres partes co Concello de Narón e Augas de Galicia. E por último reiterar o incumprimento da devolución dos 800.000 euros cobrados indebidamente que se lle endebedan á veciñanza.
---