xoves, 5 de abril de 2018

Feitos consumados: A lei obriga á exposición pública dos proxectos de infraestruturas que afectan á comunidade, mais que hai de realidade e que hai de formalismo? cando o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao aprobou a concesión a favor do Concello de Ferrol do espazo necesario para executar o proxecto de saneamento d'A da Malata - A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización presentara o pasado 28 de febreiro alegacións ao Proxecto que adoece de sustentabilidade ao non contemplar un sistema separativo e a inclusión d'A Graña, Os Currais e o Río Sardiña - Tratara-se dunha nova presión orquetrada por Miguel Tellado como director da sinfonía para atacar e deixar máis en evidencia a este goberno de Jorge Suárez?



Hoxe 5 de abril de 2018, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao aprobou esta mañá outorgar unha concesión en favor do Concello de Ferrol de 6.078 metros cadrados situados en zona de servizo da institución, o 87,3 % dos mesmos enterrados e os outros 771 en superficie. Trátase dos terreos necesarios para executar o proxecto de saneamento da ensenada d'A Malata, o que resta para case completar o programa de depuración da Ría.

A lei obriga á exposición pública dos proxectos de infraestruturas que afectan á comunidade, mais que hai de realidade e que hai de formalismo?

Avanzamos cara a feitos consumados, da-se por aprobado un proxecto, cando aínda non se resolveron as alegacións e queda por aprobar o proxecto definitivo, a Autoridade Portuaria de Ferrol aproba a concesión a favor do Concello, outorgando o espazo necesario para executar o proxecto de saneamento d'A da Malata presentado inicialmente, un proxecto que ten un deseño de hai máis de 15 anos e que se  rematou de elaborar con todos os seu anejos en 2014, mais que puido estar xa hai tempo en exposición pública e que se fai con catro anos de atraso, coa presión da necesidade urxente de dispor xa do saneamento "integral" da Ría. Aínda que sexa completando a depuración dunha zona que afectaría ás augas residuais de case 15.000 persoas, cun sistema unitario que non separa as augas pluviais das fecais. Houbo un precioso tempo que se perdeu a sabendas, para modificar o sistema, ademais de incluír no mesmo á Graña, Os Currais e o río Sardiña co regato de Aneiros.

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización presentara o pasado 28 de febreiro alegacións ao Proxecto que adoece de sustentabilidade ao non contemplar un sistema separativo e a inclusión d'A Graña, Os Currais e o Río Sardiña.

A Plataforma, fiel á súa orixe na loita polo saneamento integral da Ría e na defensa dos servizos públicos, presentou no rexistro do Concello de Ferrol, un escrito de Alegacións e consideracións ao Proxecto de Saneamento na Malata,  un vello proxecto que comezou en 2008 e que se rematou en 2014. Un proxecto que se expón a información pública conforme ao disposto no Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, asinado o 18 de setembro do pasado ano 2017, por Beatriz Mato Otero, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en nome e representación da entidade pública empresarial Augas de Galicia e Jorge Suárez Fernández, Alcalde do Concello de Ferrol.

Segundo a nota da Autoridade portuaria "os traballos que se levarán a cabo contan cun orzamento 7.115.000 euros, que o Goberno autonómico xa liberou. Agora é o Concello de Ferrol o que debe poñer o chan a disposición da Xunta, en virtude dun convenio subscrito con Augas de Galicia".

Seguen dicindo que "Basicamente, as obras consistirán en habilitar dous tanques de tormentas, un nas inmediaciones de FIMO e outro próximo ao Centro de Innovación e Servizos (CIS). Tamén se dotará a zona dunha estrutura de regulación, que controlará o caudal procedente da marxe este de a enseada d'A Malata transportado polo colector xeral. Igualmente, o proxecto inclúe a construción dunha rede de colectores xerais de saneamento e a súa conexión con existente, a máis diso a remodelación do bombeo existente na Cabana".

Manifesta no seu escrito a Autoridade Portuaria qu "as condicións de concesión determinan que os traballos haberán de comezar no prazo máximo dun ano, a contar desde mañá, e que terán que finalizar, como moi tarde, 16 meses logo de comezar". Poñendo un prazo de execución cando o proxecto aínda non é definitivo e o Concello non o tratou sequera na Comisión Informativa de Urbanismo, nin o levou a Pleno e parece que ainda queda. Tratara-se dunha nova presión orquestrada por Miguel Tellado como director da sinfonía para atacar e deixar máis en evidencia a este goberno de Jorge Suárez?

Continua a nota dicindo que "esta actuación, segundo o Goberno galego, 'facilitará a recuperación ambiental, implicará un incremento dá competitividade económica e turística dá zona e aumentará a calidade de vida dos veciños'. De acordo cos seus cálculos, as infraestruturas planificadas darán servizo a uns 15.000 habitantes".

Remata a Autoridade Portuaria manifestando que "o acordo do consello de administración conta con informes favorábeis da Consellería de Medio Ambiente, fechado a 29 de xaneiro de 2018; da Capitanía Marítima de Ferrol, do 13 de marzo; da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, do 20 de marzo; e da Consellería do Mar, do 23 de marzo". Segue dicindo que "este último impón aos responsábeis das obras unha serie de requisitos, como 'realizar con carácter previo un control do sedimento e da calidade das augas que existe na actualidade nas proximidades dos puntos de vertido' e 'evitar na apertura de gabias e nas provisións purulentos que, polas choivas, o material poida chegar ao medio mariño, ben instalando valas de protección ou cubrindo os materiais purulentos tanto nas provisións como nos transportes".

Agardemos unha reflexión e acorden a tempo unha revisión do proxecto, para transforma o sistema nun acorde aos principios da sustentabilidade que esixe a loita contra o cambio climático, con aforro enerxético e un tratamento diferenciado para a auga da chuvia e que está poda chegar ao mar de xeito natural polos regatos.
_____________