Documentación

Documentación de interese

Auga - 2022.03.30 - Documentación relativa á presentación das contas anuais de Emafesa correspondente ao exercicio 2021. A documentación integra-na: as "Contas Anuais de Emafesa a 31 de decembro de 2021" xunto ao "Informe de Auditoria" das mesmas realizado por AUDIGAL"; a "Memoria do Exercicio 2021"; o "Informe de Xestión de Emafesa 2021". | Documentación en formato pdf - 76 páxinas. | Acceder/Baixar.

Auga - 2021.12.20 - Documentación relativa á presentación das contas anuais de Emafesa correspondente ao exercicio 2020. Ditas contas non foron aprobadas, polo Pleno, por separado do conxunto da "Conta Xeral do Concello de Ferrol" correspondente ao citado exercicio que si o foi no Pleno Extraordinario de 6 de outubro de 2021. A documentación integra-na: as "Contas Anuais de Emafesa a 31 de decembro de 2020" xunto ao "Informe de Auditoria" das mesmas realizado por AUDIGAL"; a "Memoria do Exercicio 2020"; o "Informe de Xestión de Emafesa 2020";  esta documentación figura na documentación de contas xerais aínda como "borrador", polo que non ten a "Certificación da súa aprobación" das persoas membros do Consello de Administración de Emafesa. | Documentación en formato pdf - 76 páxinas. | Acceder/Baixar.

Auga - 2021.10.26 - Documento elaborado pola propia Augas de Galicia (Xunta de Galicia), en castelán: "Análise dos termos dun posíbel acordo entre os concellos de Ferrol e Narón para explotar as instalacións de saneamento e depuración da marxe noster da ría de Ferrol", para dar unha saída a esta situación que mantén ademais en conflito aos concellos de Narón e Ferrol. Tratado nunha reunión a tres bandas (o martes 26 de outubro), polo que sabemos, sen chegar a ningún acordo. | 4 páxinas en formato pdf.   | Acceder/Baixar.

Auga - 2021.02.10 - Documentación relativa á presentación das contas anuais de Emafesa correspondente ao exercicio 2019. Ditas contas non foron aprobadas, polo Pleno, por separado do conxunto da "Conta Xeral do Concello de Ferrol" correspondente ao citado exercicio que si o foi no Pleno Extraordinario de 10 de marzo de 2021. A documentación integra-na: as "Contas Anuais de Emafesa a 31 de decembro de 2019" xunto ao "Informe de Auditoria" das mesmas realizado por AUDIGAL"; a "Memoria do Exercicio 2019"; o "Informe de Xestión de Emafesa 2019"; a "Certificación da súa aprobación" por unanimidade das persoas membros do Consello de Administración de Emafesa, en sesión de 9 de setembro de 2020. | Documentación en formato pdf - 72 páxinas. | Acceder/Baixar.

Lixo - 2020.10.07 | Adxudicación: 07/10/2020 12:56:33 | Asunto: Contrato de "revisión, actualización e adaptación da documentación existente para a contratación da prestación do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos no concello de Ferrol". | Adxudicatario: PW Advisory & Capital Services s.l. (pwacs). | Domiciliada en Madrid || Tipo de Expediente: Contrato menor Suministros Servizos. | Importe total: 17.061 euros | Acceder/Baixar.

Auga - 2020.02.27 | Acta onde se aproba a Moción do BNG (Punto 16, páxina 66) sobre o barrio de Recimil onde no seu punto 4 acorda-se por unanimidade a instalación de contadores individuais nas vivendas municipais ás que desde hai case dúas décadas se lles esta pasando un cobro  por un consumo lineal de 20 m3 bimensuais, sen ter en conta o consumo real. | Acceder/Baixar.

Auga - 2019.11.15 | Sentenza Taxa Depuración do TSXG. | A Sección 4 da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, ditou Sentenza 00541/2019, o pasado 15 de novembro, contra o recurso de apelación interposto, polo Concello de Ferrol, contra a Sentenza 62/2018 de data 25 de maio de 2018, interposto pola parte privada de Emafesa (Socamex SAU), contra a suspensión da aplicación da Ordenanza Fiscal que regula a Taxa de Depuración. Sentenza que é susceptíbel de recurso de casación ante o Tribunal Supremo. | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.09.10 | Jorge Suárez asina as Liquidacións e o Padrón de Contribuintes dos supostos atrasos da taxa de Depuración. |Publicación no BOP, o 10 deste mes de setembro, do edito coa resolución do alcalde Jorge Suárez, con data 20 de agosto de 2018, onde se dá conta da aprobación das liquidacións comprendidas nos padróns de contribuíntes, presentados por EMAFESA, polo servizo de “Depuración de augas residuais”, que inclúen os recibos correspondentes aos períodos dende o 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de marzo de 2017 (27 meses), o que supón o cobro á veciñanza de 6.162.899,79 euros (IVA incluído), período onde non se daba o feito impoñíbel, dado que foi o 3 de abril de 2017 cando se puxo a funcionar o proceso de depuración coa maioría dos interceptores conectados, facendo con esta resolución todo o contrario do dito en 28 de maio deste mesmo ano, como en innumerábeis ocasión anteriores, e mesmo no programa de goberno. | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.08.20 | Acordo entre a Alcaldesa de Narón (Marián Ferreiro) e o Alcalde de Ferrol (Jorge Suárez), en relación á explotación e mantemento do sistema de Saneamento de Depuración, da marxe Norte da Ría de Ferrol, para que sexa entidade empresarial pública AcuEs a que xestione o sistema que afecta ambos os dous concello e nun futuro tamén ao de Neda. | Carta oa Director de Augas de Galicia. | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.06.18 | Acta do Pleno Extraordinario. | Sobre o punto 4. DAR CONTA DA SENTENZA DITADA POLO XULGADO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DE FERROL NO PROCEDEMENTO ORDINARIO 105/2016 (RECURSO CONTRA ACORDO PLENARIO APROBATORIO DA SUSPENSIÓN DA EFICACIA DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS). PROPOSTA DE INTERPOSICIÓN DE RECURSO DE APELACIÓN.- Examinada a proposta que eleva o alcalde-presidente, que textualmente di: “O Xulgado do contencioso-administrativo de Ferrol ditou a Sentenza que corresponde ao procedemento ordinario 105/2016. Este procedemento refírese á revisión do acordo plenario de 26/11/2015 polo que se desestimou o recurso de reposición interposto por SOCAMEX SAU contra o acordo plenario polo que se suspenden os efectos da ordenanza fiscal reguladora da depuración de augas residuais. | A dita sentenza estima parcialmente o recurso interposto, anula o acordo plenario de suspensión e lle obriga ao Concello a desenvolver todas as actuacións necesarias para a exacción e cobro da taxa, desde a data en que se ditou a suspensión. | Dado o carácter e implicacións da dita sentenza, solicítaselle a UTE Pieltain & Lama, na súa condición de entidade que ostentou a asistencia letrada no dito procedemento un informe valorativo sobre os contidos xurídicos en que se sustenta a dita resolución xudicial. |Logo de emitir o dito informe, e á súa vista, proponse que se adopte a seguinte resolucion: • Interpoñer recurso de apelación no tempo e na forma establecido contra a sentenza que ditou o Xulgado do contencioso-administrativo de Ferrol correspondente ao procedemento ordinario 105/2016”. | Previa deliberación, a Corporación, en votación ordinaria e por maioría de trece votos a favor, correspondentes ós Sres./as.  Membros dos Grupos Ferrol en Común, Socialista, Bloque Nacionalista Galego e as Sras. Fernández Lemos, Méndez Fonte e Leira Penabad e once abstencións, correspondentes ós sres./as. membros do grupo Popular, acordou aprobar a proposta transcrita. | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.06.18 | Acta do Pleno Extraordinario. | Sobre o punto 3.PROPOSTA DE APROBACIÓN DE REQUERIMENTO AO CONCELLO DE NARÓN EN MATERIA DE SANEAMENTO.- Examinada a proposta que eleva a alcaldía-presidencia, que textualmente di: “A Comisión de Seguimento e Interpretación das relacións con Emafesa remite  escrito-proposta ó Concello de Ferrol para que este requira ao Concello de Narón, co seguinte teor:
“ ... en reunións celebradas os días 11 de decembro de 2017 e 14 de maio de 2018 e ante a situación actual co veciño Concello de Narón no referente ó saneamento da ría propónlle ao Pleno do Concello de Ferrol a adopción do seguinte acordo: O Concello de Ferrol, de conformidade co previsto no parágrafo 3 do  art. 44 da Lei 29/1991, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa –en adiante LJCA-, pasa a dar resposta ó requerimento practicado, contra este Concello, polo Concello de Narón de data 15 de novembro de 2017, notificado en data 16 de novembro de 2017, para que se deixe sen efecto e vixencia por consideralo nulo o “Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol” de 1 de agosto de 2017, publicado no DOG nº 192, de 9 de outubro de 2017. | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.06.07 | Dictamen do Servizo Xurídico do Concello de Ferrol, para o Recurso ante o TSXG. | Taxa Depuración. | Solicítase en data 07.06.2018 pola Jefatura de Servizo de Facenda e Patrimonio informe xurídico sobre a viabilidad de interpoñer recurso de apelación contra a Sentenza 62/2018, de data 25.05.2018, dictada no PO 105/2016, en recurso contencioso administrativo interposto por SOCAMEX SAU, de face a tratamento da cuestión en Comisión de Facenda e ulterior elevación a Pleno para decisión. | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.05.25 | Sentenza Taxa Depuración do Xulgao de Primeira Instancia. | Sentenza 62/2018 de data 25 de maio de 2018, interposto pola parte privada de Emafesa (Socamex SAU), contra a suspensión da aplicación da Ordenanza Fiscal que regula a Taxa de Depuración. | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.04.18 | Informe-proposta do Xefe de Sección de Facenda. Proposta de ampliación do prazo a Emafesa para alegar ao Estudo de Eudita e acordo de criterios solicitado por Emafesa. Acceder/Baixar.

Auga - 2018.04.16 | Escrito de Emafesa ao Concello para solicitar unha ampliación de prazo para alegar ao Estudo de Eudita. E carta de Gas Natural Comercializadora comunicando a denuncia do contrato que remata o 30 de xuño deste 2018. | 4 páxina en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.04.09 | "Estudo de Custes do sistema de Depuracuión de Augas Residuais do Concello de Ferrol para a modificación da Taxa de Depuración". | En cargado polo Concello de Ferrol a Eudita mediante un contrato menor o 21 de decembro de 2017. | 26 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.03.20 | Acta da Comisión de Economía e Facenda. Sobre a falta de contrato recollida de lixo, sobre taxa e Consello Consultivo  | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.02.15 | Estudo de Custes de explotación sistema saneamento que o Concello de Narón encargou á empresa OTIMA. O Estudo está asinado o 15 de febreiro deste ano 2018. Vai unha pequena introdución a modo e explicación e o obxecto e alcance do Estudo, centrado principalmente nos custes eléctricos e caudais a depurar. Pode-se acceder ao mesmo, nun ficheiro de 196 páxinas formato pdf. | Acceder.

Auga - 2018.01.29 | Proposta de Convenio de Colaboración entre a entidade empresarial Augas de Galicia, o Concello de Ferrol e o Concello de Narón, para a regularización dos Gastos de explotació do sistema de saneamento e depuración da Marxe Norte da Ría de Ferrol. | Texto resultado dun acordo entre representantes dos concellos de Narón e Ferrol, para presentar a Augas de Galicia, no caso de dar-lle o visto bon Augas de Galicia e Asina-lo pola súa Presidenta Beatriz Mato Otero. Posteriormente tería que ser aprobado polos Plenos dos dous concellos | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.11.15 | Acta do Pleno Extraordinario celebrado o 15 de Novembro de 2017, onde se acordou levantar a suspensión da TAXA do PP, cos votos de Ferrol en Común, non adcritas e a abstención do PP, logo da proposta feita por este Último. | Acceder/baixar.

Auga - 2017.11.14 | Informe xurídico sobre a oportunidade e posibilidade de impugnación xudicial do "Convenio de colaboración suscrito entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento, conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol", asinado o 1 de agosto de 2017 e publicado no DOG nº 192, do 9 de outubro deste mesmo ano, asinado polo Secretario Xeral do Concello de Narón. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.11.11 - Contas Emafesa 2016. Auditoría. Informe de Xestión. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.10.24 | Saneamento - Interceptores. | Actuación dos "Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol". | José Piñeiro Aneiros da "Sociedad Mercantil Estatal Aguas de las Cuencas de España, S.A", | C/Colón, 21, Vigo, | jose.pineiro@acuaes.com | 12 páxinas en formato pdf. | Acceder/baixar.

Auga - 2017.09.19 |  Expediente 2017003869 | Nº referencia CONV 1/17 | Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución da actuación de saneamento na Malata. Concello de Ferrol (A Coruña) confinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. | O Covenio foi aprobado polo Pleno do Concello de Ferrol o xoves 27 de xullo de 2017. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.09.01 |  Proposta de Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia, o Concello de Ferrol e o Concello de Narón para a formalización da Encomenda de Xestión da Explotación, Mantemento, conservación do Sistema de saneamento e Depuración da Marxe Norte da Ría de Ferrol. | O concello de Ferrol, o de Narón e Augas de Galicia, realizaron unha serie de reunións para prepàrar un convenio de colaboración para a encomenda do sistema de depuración. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.07.31 - Comunicación ao Consello de Administración en relación coa Auditoría das Contas Anuais do exercicio 2016. Emafesa - Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A. - Audigal, S.L. - Economistas-Auditores. | Acceder/Baixar.

Auga. - 2017.07.31 - Informe de Xestión do Exercicio Terminado o 31 de decembro de 2016. Emafesa - Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.07.13 |  Escrito de desconformidade do PSdeG-PSOE co Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución da actuación de saneamento na Malata. Concello de Ferrol (A Coruña) confinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.04.04 | Depuración e Saneamento. | Acta do pleno onde se debateu e aprobou o Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol, celebrado o 4 de Abril de 2017. | 19 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.04.04 | Depuración e Saneamento. | Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol, aprobado no Pleno Extraordinario e Urxente, celebrado o 4 de Abril de 2017. | 12 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.03.30 | Depuración e Saneamento. | Informe do Interventor Municipal sobre o Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol, aprobado no Pleno Extraordinario e Urxente, celebrado o 4 de Abril de 2017. O Informe fai unha serie de consideracións que coincide coas mesmas que fai a Plataforma, respecto dos tributos e do financiamento dos custos engadidos de obras, posta en funcionamento... | 5 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.03.30 | Depuración e Saneamento. | Informe da Oficial Maior sobre o Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol, aprobado no Pleno Extraordinario e Urxente, celebrado o 4 de Abril de 2017. O Informe ven a afirmar que o Convenio que se leva ao Pleno é practicamente identico ao aprobado o 29 de maio de 2014, cando gobernaba o Partido Popular, na cidade, sendo Alcalde José Manuel Rey Varela e asinado en data 9 de xuño de 2014. | 3 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.03.27 | Taxa Depuración. | Informe do Enxeñeiro Municipal Industrial de Urbanismo, de Estudo do Custo do Saneamento en Alta e Depuración, proposta de Tarifas, sobre o "Estudo de Custes Xustificativos e Tarifas de Saneamento en Alta e Depuración do Concello de Ferrol". Informe de Emafesa - Novembro, 2016, mais outro feito pola empresa Audigal, sobre o mesmo. Informe Audigal. | 2 páxinas e formato PDF. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.02.21 | Taxa Depuración. | Informe Especial para o Concello de Ferrol, feito por Audigal, sobre verificación do "Estudo de Custes Xustificativos e Tarifas de Saneamento en Alta e Depuración do Concello de Ferrol". Informe de Emafesa - Novembro, 2016 | 34 páxinas e formato PDF. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.02.27 | Doc da Plataforma. | Cómo interpretar o recibo de EMAFESA (abastecemento e saneamento). | Tomamos como exemplo un recibo doméstico que consumiu  25 m3 desde o 10 de outubro do 2016 ata o 7 de decembro  do 2016. | 4 páxinas e formato PDF. | Acceder/Baixar.

Auga - 2017.01.25 | Taxa Depuración. | Estudo de Custes Xustificativos e Tarifas de Saneamento en Alta e Depuración do Concello de Ferrol. | Informe de Emafesa - Novembro, 2016 | Entrada no Concello de Ferrol, 20 de xaneiro de 2017. | 38 páxinas e formato PDF. | Acceder/Baixar.

Auga - 2016.11.01 | Informe de Emafesa novembro 2016. "Estudios de Custes Xustificativos e tarifas de saneamento en Alta e Depuración do concello de Ferrol". Informe de base para o cálculo da nova taxa que propón Emafesa e asumida polo Alcalde e o grupo de goberno de ferrol en Común e non Adscritas (Ex-PSOE) | Acceder/Baixar.

Auga - 2016.09.15 |  Contas Emafesa 2015. Auditoría. Informe de Xestión. | Acceder/Baixar.

Auga - 2016.06.30 | Taxa Depuración Narón. |  Documentación que se utilizou polo Pleno do Concello de Narón, celebrado o pasado 30 de Xuño de 2016, para acordar a Taxa de Depuración que incrementa o recibo da auga. Nove documentos e unha nota de prensa. | Acceder/Baixar.

Auga - 2016.06.30 | Acta do Pleno onde se aproba provisionalmente a Ordenanza que regula a Taxa de Depuración de Narón. |  Pleno celebrado o pasado 30 de Xuño de 2016, para acordar a Taxa de Depuración que incrementa o recibo da auga. | Punto 6º da Acta. | Significativo que na disposición final diga que non se comezara a cobrar a Taxa até que estexa en funcionamento o sistema de intercepción e se leven as augars residuais até a Edar de Prioriño. | Acceder/Baixar.

Auga - 2016.06.14 | Taxa Depuración. | Auto 00092/2016 do Xulgado Contencioso/Administrativo nº1 de Ferrol, rexeitando o Recurso da parte privada de EMAFESA, (SOCAMEX da corporación multinacional ACS), contra a decisión plenaria de suspender o cobro da taxa de depuración e outros relacionados.  | 7 páxinas formato pdf | Acceder/Baixar.

Contrato Eléctrico - 2016.05.26 | Moción do BNG sobre o Contrato de Subministro e de Mantemento Eléctrico, propoñendo a renuncia e o inicio dun proceso de remunicipalización. Moción que foi rexeitada polo Pleno, só con 6 votos a favor do BNG e do PSOE, 11 en contra do PP e 6 abstencións de Ferrol en Común e Ciudadanos. | Acceder/Baixar.  |  Acta do Pleno do Concello de Ferrol celebrado o 26 de Maio de 2016, onde se trato a moción. | En formato pdf e desde a páxina 73 á 92 (Punto 11).| Acceder/baixar. | Vídeo do debate non Pleno sobre esta Moción. | Ir á canle.

Transporte Colectivo - 2016.04.28 | Moción do BNG, na que pide que se esixa à Xunta de Galiza a titularidade das concesión de transporte público na nosa cidade, co fin de poder prestalo nas condicións adecuadas desde a propia administración local e que desde o goberno se impulse a creación dunha empresa municipal de transporte. | En formato pdf e 2 páxinas. | Acceder/Baixar. | Acta do Pleno do Concello de Ferrol do 28 de Abril de 2016 onde se tratou. | Desde a páxina 24 á 38. | Acceder/baixar.

Auga - 2016.04.28 | Moción do BNG sobre saneamento, depuración, denuncia de convenios e devolución de taxas cobradas indebidamente. Que foi rexeitada polo Pleno, só con 2 votos a favor do BNG, 11 en contra do PP e Ciudadanos e 9 abstencións de PSOE e Ferrol en Común. |  Acta do Pleno do Concello de Ferrol celebrado o 28 de Abril de 2016, onde se trato a moción. | En formato pdf e desde a páxina 38 á 62 (Punto 8).| Acceder/baixar.

Auga - 2016.02.08 | Crise dos trihalometanos (THMs). | Suxestióndirixida aos Concellos de  Narón, Fene, Ares e Mugardos o 8 de febreiro como consecuencia de incidentes no subministro de auga potable. | Valedora do Pobo | Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016 | Expedientes: C.6.Q/14044, 14056 e 14068/15. | Suspendeuse  o  consumo  de  auga  dos  servizos  municipais  dos  cinco  municipios  da  bisbarra de  Ferrol debido  a  problemas  sanitarios detectados  polas  autoridades  competentes. | Acceder/Baixar.

Auga - 2015.12.18 - Depuradora. | Informe Edar Prioriño Ferrol, feito por Applus Norcontrol: Informe, Análise de Patología por Fisuración e propostas de Actuación na Edar Prioriño - Ferrol. 21 Páxinas formato PDF. | Acceder/Baixar.

Auga - 2015.09.18 - Taxa Depuración. | Detalle da Acta do Pleno Municipal do concello de Ferrol, reunido en Sesión Extraordinaria o 18 de Setembro de 2015, ás 10 mda mañá. | Páxinas: da 27 á 45 da Acta, punto a Tratar (examinada a proposta que eleva a Concelleira Delegada de Economía, Facenda, Emprego e Recursos Humanos): 4. PROPOSTA DE SUSPENSIÓN DA APLICACIÓN E INICIO DO EXPEDIENTE DE DEROGACIÓN DA TAXA REGULADORA DA DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS E ACORDOS COMPLEMENTARIOS. | 19 páxinas en formato pdf | Acceder/baixar.

Servizos de Comedor - 2015.09.18 | Proposta de aprobación de convenio de colaboración entre a consellería de cultura, educación e ordenación universitaria e o concello de Ferrol para a xestión do Servizo de comedor Escolar nos dez centros de ensino público do concello. |  Acta do Pleno do Concello de Ferrol celebrado o 18 de Setembro de 2015, onde se tratou a moción. | En formato pdf e desde a páxina 46 á 52 (Punto 6).| Acceder/baixar.

Auga. - 2015.09.08 - La Voz de Galicia - Rocío Pita Parada | Ferrol impugnará o convenio con Augas de Galicia para a xestión dá EDAR. | O Concello pedirá mañá a Emafesa a destitución do seu xerente, Alejandro Pisa. | No interior dá depuradora de cabo Prioriño. | O exalcalde José Manuel Rei e o actual rexidor Jorge Suárez dialogaron durante a cerimonia de botadura do flotel en Navantia trala denuncia efectuada polo goberno local. | O Concello de Ferrol négase a asumir a responsabilidade sobre a depuradora de cabo Prioriño e as súas deficiencias e impugnará ou convenio con Augas de Galicia polo que asumiu as competencias da súa xestión e explotación. O alcalde, Jorge Suárez, anunciou esta medida e que mañá levará ao consello de administración previsto en Emafesa a anulación da encomenda de xestión que realizou en favor deste ente para facerse cargo do funcionamento da EDAR. Alí pedirá que ou "cambio de xestor" de Emafesa por considerar que se incorreu en "responsabilidades de xestión graves"; é dicir, a destitución do actual xerente, Alejandro Pisa. O rexedor considera que deben ser Augas de Galicia, que recibiu as infraestruturas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil en maio do 2014 ou este organismo estatal os que asuman a reparación das gretas e fisuras comunicadas por Emafesa en xuño deste ano. | Ir á Web.

Auga - 2015.08.27 - | Informe do Enxeñeiro Municipal despois da inspección á Depuradora realizada o 25 de agosto de 2015, xunto a unha comitiva presidida polo Alcalde: "Carencia de Depuración das Augas Residuais que saen da EDAR de Cabo Prioriño". | Acceder/Baixar.

Auga - 2015.07.30 - | Moción do BNG sobre a auga, para instar ao goberno municipal a iniciar un proceso de cara a remunicipalización inmediata do servizo de Augas do Concello de Ferrol. Diante da situación vivida con problemas de potabilidade da auga e a xestión privada da mesma. Instase a crear unha comisión de investigación | Unha auditoría para determinar o estado de conservación e mantemento das infraestruturas e outra para determinar os procedementos de contratación da empresa. | Estudar a posibilidade de mancomunar o servizo e outras iniciativas. |  Acta do Pleno do Concello de Ferrol celebrado o 30 de Xullo de 2015, onde se tratou a moción. | En formato pdf e desde a páxina 40 á 62 (Punto 18).| Acceder/baixar.

Auga - 2015.07.30 - | Moción de Ferrol en Común, relativa á adhesión do pleno do concello de Ferrol ó denominado “Pacto social pola auga” e acordos complementarios  |  Acta do Pleno do Concello de Ferrol celebrado o 30 de Xullo de 2015, onde se tratou a moción. | En formato pdf e desde a páxina 65 á 67 (Punto 20).| Acceder/baixar.

Auga - 2015.06.01 | Modelo de Moción para propoñer que un concello decida unirse ao Pacto Social pola Xestión Pública da Auga. | Acceder/Baixar.

Auga - 2015.05.05 | Contas Emafesa 2014. Auditoría. Informe de Xestión. | Acceder/Baixar.

Auga - 2015.03.26 | Convenio subscrito pola Xunta de Galicia, a entidade empresarial Augas de Galicia, o Concello de Narón e a sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España, S.A., para a execución e explotación das obras do interceptor xeral da marxe dereita da ría de Ferrol: tramo Cadaval-Neda. (Actuación "Interceptores xenerais da margen dereita da ría de Ferrol). 64 páxinas formato pdf. | Acceder/Baixar.

Auga - 2015.03.06 | Liquidacións Taxa Depuración . | BOP - BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA VERNES, 6 DE MARZO DE 2015 | BOP NÚMERO 44. | Número de anuncio 2015/2179. | Edicto publicación polos servizos de depuración de augas residuais, e fixación do período de cobro. | Ir á Web.

Auga - 2015.02.19 | A Comisión Técnica que emanou da Asemblea de organizacións sociais, veciñais, sindicais e políticas de Ferrol contra o cobro da nova taxa de depuración e saneamento do Concello de Ferrol -imposta polo goberno municipal do Partido Popular, presidido por José Manuel Rey Varela, elaborou un modelo de recurso contra o cobro da nova taxa de depuración. Publicamos os enlaces ao mesmo en diferentes formatos, para o seu fácil acceso, poder baixar/imprimir, para cubrir cos datos persoais de cada titular do recibo que nos chegou a casa; e entregalos no rexistro de Ferrol antes de que comece o mes de marzo. Tamén se poden imprimir e distribuír entre a veciñanza máis próxima ou enviar pola rede a veciñ@s coñecid@s, ou mesmo o enlace a este sitio-e.

Enlaces onde se pode Acceder/Baixar o Modelo de Recurso en diferentes formatos:
  • Modelo de Alegacións en formato libre odt de GNU-Linux:
    Acceder/Baixar.
  • Modelo de Alegacións en formato privativo doc de microsoft-windows:
    Acceder/Baixar.
Contrato Eléctrico - 2014.12.14 Publicado | Contratación do subministro, servizos enerxéticos e mantemento con garantía total das instalacións de alumeado público exterior e dependencias municipais do concello de Ferrol. | Perfil de contratante - Detalles do expediente nº AVH 03109 14/34  Ir ao Detalle do Expediente. |  Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, en formato pdf e de 133 páxinas: Acceder/Baixar. |  Prego de Prescricións Técnicas Particulares, en formato pdf e de 60 páxinas: Acceder/Baixar.

Auga - 2014.09.03 | Publicación no BOP da Ordenanza fiscal reguladora da taxa de depuración de augas residuais para o ano 2014 do Concello de Ferrol que se aprobara provisionalmente no Pleno do 29 de Maio de 2014 e definitivamente no Pleno do 28 de agosto do mesmo ano. Aínda que na súa disposición final di que se  comezará a aplicarse ao día seguinte da súa publicación no BOP, a Taxa  que regula esta ordenanza comezou-se a aplicar desde o día 1 de setembro, cando tiña que ser desde o 4. | Acceder/Baixar.

Auga - 2014.05.29 | Taxa Depuración. | Detalle da Acta do pleno Municipal, celebrado o 29 de maio de 2014, onde se aprobou o "Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol"; unha "Proposta de Aprobación Provisional para a Imposición e ordenación da taxa correspondente ao servizo de depuración de augas residuais"; e o "Protocolo de execución concertado entre o Concello de Ferrol e Emafesa para a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración". | 38 páxinas e formato pdf. | Acceder/Baixar.

Auga - 2014.05.29 | Taxa Depuración. | O día 20 de maio de 2014 a empresa mixta (Emafesa) presentou no Rexistro Xeral do Concello o “Protocolo de execución concertado entre o Concello de Ferrol e Emafesa para a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración”, indicando que o órgano de administración acordou por unanimidade a aprobación dos documentos que forman parte de dito protocolo e solicita a súa aprobación polo Pleno do Concello. Segundo a acta do Pleno celebrado o 29 de maio de 2014, o Secretario Xeral, informou favorabelmente que a xestión que Augas de Galicia encomendou ao Concello de Ferrol, sexa levada a cabo de maneira indirecta pola empresa mixta (Emafesa), en base aos textos legais aplicábeis que cita no seu informe e así mesmo amosa a súa conformidade ao informe presentado polo Asesor Xurídico, Ricardo Pérez Lama, presentado no Concello de Ferrol o día 12 de novembro de 2013. | Texto do Protocolo citado e aprobado no mencionado Pleno. | 29 páxinas e formato pdf. | Acceder/Baixar.

Auga - 2014.05.19 | Resolución de 7 de maio de 2014, pola que se publica o Convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Augas de Galicia, para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación das obras consistentes na condución das augas, depuración e vertido de Ferrol, asinado uns meses antes, en Ferrol, o 27 de decembro de 2013 e publicada no BOE o 19 de maio de 2014. | Publicado só nove días antes de realizar-se o Pleno Municipal onde foi aprobado o "Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol", o Protocolo con Emafesa e a Taxa.  | 13 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Auga - 2012.07.14  | Saneamento - Interceptores. | 14 xullo 2012- Nota do Gabineste de Prensa do Ministerio  de  Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. | O director xeral do Auga do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), Juan Urban ou, na súa condición de Presidente da Sociedade Estatal "Augas das Cuencas do Norte, S.A.", e o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, asinaron hoxe un Convenio de colaboración para desenvolver as obras que completarán o sistema de saneamento da marxe dereita da ría de Ferrol. | Acceder/Baixar.

Auga - 2006.10.20 | Acta do Pleno sobre a:  1.PROPOSTA  DE  ADOPCIÓN  DE  ACORDO  SOBRE  INTERPRETACIÓN  DE  DETERMINADAS CLÁUSULAS DO PREGO DE CONDICIÓNS QUE REXEN O CONTRATO DE “XESTIÓN  DOS  SERVIZOS  DE  ABASTECEMENTO  E  SANEAMENTO  A  TRAVÉS  DA  EMPRESA DE ECONOMÍA MIXTA (EMAFESA)”.- Examinada a proposta que eleva a  Comisión  Informativa  de  Augas,  que  textualmente  di:  “Visto  o  Informe-Proposta  redactado  en  data  30/05/2006  polo  Bufete  Lamas  &  Asociados contentivo dos criterios que o Concello de Ferrol debería adoptar  para  resolver  globalmente  as  cuestións  discutidas  con  Urbaser,  S.A.,  e  que  afecta  a  determinados  aspectos  xurídicos,  económicos e financeiros da empresa EMAFESA. | Acceder/Baixar.

Auga - 2000.04.03 | Escritura de constitución de EMAFESA (Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A.) | 3 de Abril do 2000 | 88 páxinas escaneadas como imaxe en doc formato pdf. | Acordo Plenario do 18 de Setembro de 1998 en orde á modificación da xestión dos servizos de abastecemento de auga e saneamento do termino municipal de Ferrol, a través da xestión indirecta mediante empresa mixta, con aprobación do Prego de Condicións Xerais que habería de rexer o concurso para a selección do socio privado co que constituír dita empresa mixta. Ratificado todo no Acordo Plenario do 11 de Novembro de 1998. Adxudicación do concurso de selección de referencia, no Acordo Plenario do 28 de Abril de 1999. E Acordo Plenario do 24 de Febreiro do 2000, onde se aproban os Estatutos de EMAFESA entre outros acordos. | O arquivo, pesa 32,3MB. | Acceder/Baixar.

***