Contacto

Plataforma pola Remunicipalización
Plataforma na defensa dos servizos públicos, pola remunicipalización

A Plataforma constitúe-se en Ferrol, mais pretende abranguer a comarca de Ferrolterra, dado que moitas das solucións aos problemas dos diferentes concellos son comarcais.

---

Constituída en Ferrol unha iniciativa cidadá que pretende parar o Contrato Eléctrico que tramita o Concello de Ferrol e iniciar unha loita en defensa dos servizos públicos e municipais, e o rescate dos privatizados.

O martes 24 de Maio, celebrouse unha asemblea Cidadá onde participaron activistas de distintos ámbitos reivindicativos da nosa cidade. Reuniuse ante a alarma xerada, polo anuncio da concesión do Contrato Eléctrico por parte do Concello de Ferrol. Un contrato de 15 anos, que vai outorgar máis de 41 millos de euros das arcas municipais, a unha Unión Temporal de Empresas (UTE), composta polo empresario local Borja Silveira Rey (SEFCON), e a multinacional Fomento de Construcións e Contratas (FCC).

Esta asemblea considerou que este contrato, ademais de ser ilegal no seu procedemento, segundo distintos técnicos consultados, que fan traballo de asesoramento a esta asemblea, é lesivo para os intereses do pobo de Ferrol, hipotecando o futuro da cidade.

Por todo isto aprobou constituírse en promotora dunha Plataforma pola Remunicipalizaçom dos Servizos Públicos, nomeando unha coordinadora, que comezou a traballar cara o obxectivo de paralizar este contrato, e encetar o camiño da defensa da municipalización dos servizos públicos.

Abonda de saqueo!
Hai outras alternativas!
Si se pode!

Pódese, débese e precísase!

Ferrol, 24 de maio de 2016

Asinado.-

Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos Armesto.
Pablo Portero.
Bernardo Rego Gárate.
Lupe Ces.

Contacto:
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
---