luns, 2 de abril de 2018

Estudo crítico da Plataforma sobre o informe, encargado polo Concello de Narón, sobre os custes de explotación do sistema de depuración e verteduras - Inconsistencias do Informe de OTIMA sobre caudais e custes eléctricos



Estudo crítico da Plataforma, sobre o informe que foi encargado polo Concello de Narón, á empresa OTIMA, sobre os custes de explotación do sistema de depuración e verteduras de Ferrol e Narón (Nun futuro, tamén de Neda), de inconsistencias do relatorio sobre caudais e custes eléctricos.

Sobre Caudais:

Establece dous caudais medios. Un en tempo seco e outro en períodos de choiva:

- Caudal medio en tempo seco: fíxao en 24.189 m3/día.

- Caudal medio anual: fíxao en 43.468 m3/día.

Os datos tomados por Otima proceden dun listado de "datos bombeados" pola EBAR, segundo indican no informe. Si o proxectista-enxeñeiro autor do estudo vise o bosque desde arriba notaría a primeira inconsistencia. Non foi así e deu os datos por bos.

O caudal medio (tempo seco) é esaxerado nas condicións de funcionamento parcial do sistema pois como dixemos no noso estudo a pleno funcionamento o caudal non debese ser maior de 20.000 m3/día. Aínda así o estudo de Otima acha unha diferencia moi importante ao respecto dos caudais que calcula Emafesa.

Sobre Custes Eléctricos:

A potencia contratada para a EBAR foi de 2.340 kW e inclúe todos os 6 tramos horarios. A contratada para a EDAR foi de 800 kW tamén para os 6 tramos.

Chamou-nos a atención que na EDAR se facturara, fundamentalmente, o período P6 da tarifa, cando o lóxico é utilizar todos os períodos por ser unha planta de tratamento continuado. Con todo na EBAR ocorre todo o contrario. Segunda inconsistencia.

Si se almacenara a auga residual na Malata (6.000 m3) máis os 23.000 m3 dos TdeT, poderíase bombear de noite utilizando o tramo P6 (o máis barato).

En xeral observa-se unha falta de optimización das plantas (Ebar e Edar) para conseguir o mínimo consumo eléctrico e xa que logo os custos por este concepto. Outro dato curiosos é que a EDAR ten unha instalación eléctrica de 800 kW que se supón serán suficientes para cando a planta traballe ao 100%. Si é así por que se pagaron tantas penalizacións por pasarse dos 800 kW  contratados en varios períodos tarifarios? (Está a menos de 1/5 da súa capacidade punta). Terceira inconsistencia.

Aínda con varias inconsistencias o relatorio de Otima, encargado polo Concello de Narón, advirte dunha diferencia do 31% en custes, inferior ao respecto dos cálculos de Emafesa, realizados no seu segundo Informe de novembro de 2016. Polo que a diferencia sobre a base de custes pola que nos están cobrando a Factura de Depuración actual aínda é maior.

Estudo crítico completo sobre o informe encargado polo Concello de Narón á empresa OTIMA, sobre os custes de explotación do sistema de depuración e verteduras. | 4 páxinas en formato pdf. | Acceder/baixar.

Enlaces de interese:

Detalle dun Estudo de Custes de explotación que o Concello de Narón encargou á empresa OTIMA - O Estudo está asinado o 15 de febreiro deste ano 2018 - Análise de custos os costes fixos e variables a partir dos datos dispoñibles. | Ir á Web.

ESTUDO DE COSTES DE EXPLOTACIÓN DA EDAR DE CABO PRIORIÑO E DA EBAR DE A MALATA. OTIMA  | Doc de 196 páxinas e formato pdf. | Acceder.

________________