Valoracion do custo eléctrico da estación de bombeo (Ebar) e da planta de depuracion (Edar) de Ferrol, comunicado por Emafesa aos medios (outubro 2017).
O Estudo ten por obxecto a determinación do custo asociado ao consumo eléctrico do sistema de saneamento composto polas Estacións de Bombeo de Augas Residuais (EBAR) e de Depuración de Augas Residuais (EDAR) dos Concellos de Narón e Ferrol ( E nún futuro o de Neda), operadas na actualidade pola empresa mixta Emafesa.
As plantas EBAR e EDAR do sistema de saneamento de augas residuais dispoñen dun equipamento que require un consumo de electricidade elevado, especialmente na EBAR, debido ao pobre deseño baseado no sistema coñecido como tipo DSU (Descargas en Sistemas Unitarios) onde se mesturan as augas residuais coas pluviais. Devandito sistema implica, ademais, a necesidade de efectuar unha impulsión tanto das augas residuais como das pluviais até unha altura xeométrica de 50 metros (diferenza entre a cota cero nas bombas da EBAR da Cabana e a cota da entrada do túnel que alimenta á EDAR de cabo Prioriño), así como outros bombeos intermedios entre tanques de regulación (Tanques de Tempestade - T.T.). Así mesmo, haberá de terse en conta a necesidade de vencer as perdas de carga asociadas.
A Estación de Bombeo d'A Malata dispón de oito (8) bombas centrífugas cunha potencia en placa de 680 kW cada unha e que de acordo coas súas curvas características poderían descargar un caudal de 1.000 l/s (3.600 m3/h) de augas residuais á altura de 50 metros antes citada cun rendemento mecánico-eléctrico de 81%, aproximadamente, (bombas Xylen de referencia Flygt 3531-3). Pola súa banda, a EDAR de Cabo Prioriño instala un equipamento accionado electricamente cunha potencia total estimada entre 600 e 800 kW, segundo as fontes ás que tivemos acceso. Mais para o cálculo do consumo eléctrico deste equipamento da EDAR dispoñemos de datos doutras estacións similares que nos servirán de referencia.
O sistema de saneamento ten unha capacidade de retención de augas de 22.000 m3 (netos en T.T.) 3.650 m3 (colector Centro de Ferrol interceptores) = 25.650 m3 . Á cifra anterior habería que sumarlle os 6.000 m3 do tanque da EBAR situado n'A Malata. En total a capacidade de retención de auga sería (25.650+6.000) x 0,90 (ao nivel de aspiración de bombas) = 28.500 m3 .
Nota.-Pode-se acceder ou baixar o estudo completo, de valoración dos custes eléctricos no enlace do estudo técnico que achegamos ao final do post, mais antes presentamos o seguinte cadro que ensina don xeito claro os custes eléctricos que desde a Plataforma consideramos optimizados ao respecto do que calcula Emafesa no seu informe de novembro de 2016, onde se pode apreciar unha diferencia substancial de decenas de miles de euros.
Segundo púidose pescudar, o Grupo GEAMA da Escola Técnica Superior de Camiños da Coruña valorara seis posibilidades de retención de augas de choiva nos T.T. de forma que evitasen vertidos en épocas tormentosas que puidesen elevar a concentración de coliformes por encima dos 100ucf/100ml en todos os puntos de control establecidos na ría de Ferrol. Utilizaron para o estudo o software INFOWORKS.
Escolléronse dous escenarios de traballo entre os seis estudados. O primeiro escenario, requiría unha dotación de tanques T.T. dunha suma total de 78.000 m3 de retención de auga a cal aseguraba unhas concentracións de coliformes menor que a requirida pola ITOHG(*) en cada un dos 29 puntos control polo menos o 90% do ano.
Sorprendentemente o proxecto de Eptisa instala uns T.T. que suman soamente 35.000 m3 brutos (22.000 m3 netos, tal e como xa se mencionou, ver ANEXO I do Informe) sen que até a data coñézanse as razóns que motivaron tal redución do volume de retención até a metade do volume estimado orixinalmente.
O segundo escenario, aseguraba que o promedio da concentración na zona estaría por baixo do valor requirido. Opta-se por este segundo escenario cun requirimento de retención de auga de 62.000 m3.
ESCENARIO | Potencia contratada kW |
Enerxía Consumida kW.h |
Custo Incluído imposto eléctrico (€) |
OBSERVACIÓNS |
s/ EMAFESA | 4.280 (*) | 1.200.206 (*) | 90.000 (**) |
|
(**) 1º | 3.400 | 452.000 | 65.800 | 4 bombas EBAR máximo Todos os tramos |
(***) 2º OPTIMIZADO |
3.400 | 452.000 | 49.800 |
4 bombas EBAR máximo
Tramos contrato eléctrico2,4,5 e 6 - OPTIMIZADO |
Tarifa fixa de potencia:
54,79 ?/kW.ano, 4,57 ?/kW.mes, (optimizado) e 108 euros/kW.ano, 9 ?/kw.mes, sen optimizar.
Tarifa variable (media) 0,071 ?/kWh, negociada.
(*) Estudo de Emafesa de data Novembro de 2016.
(**) (3.400 x 9 452.000 x 0,071) x 1,05 = 65.800 euros (incluído imposto eléctrico pero no o IVA).
(***) (3.400 x 4,5 452.000 x 0,071) x 1,05 = 49.800 euros (incluído imposto eléctrico pero non o IVA).
Despois dunha análise detallada o estudo de valoración do custo eléctrico, conclúe, manifestando que:
- A potencia contratada debería ser analizada mediante un programa de actuacións no bombeo, segundo a tipoloxía de choivas optimizando, de tal forma que a potencia contratada por tramos fose a mínima, aínda que en certas situacións tivésese que pagar penalizacións por exceder a potencia nalgún tramo do contrato.
- Sería desexábel establecer un criterio horario de bombeo, para a utilización da tarifa variábel máis económica. Bombear fundamentalmente durante a noite.
- Como é previsíbel vertidos importantes en momentos de intensas choivas, sería aconsellábel poder prever estas situacións para ter os T.T. baleiros e así asegurar o almacenaxe das augas de choiva da primeira escorra e evitar o sobordar-alivio da auga residual mesturada con auga de choiva ao máximo.
- Os custos de electricidade correspondente á EDAR, foron estimados ao alza pola falta de información máis precisa, a cal fora requirida varias veces ao Concello de Ferrol, con obxecto de ser o máis precisos posíbel nas nosas valoracións. Bótase en falta unha cultura no Goberno Municipal actual de facer valer a importancia da participación cidadá e da transparencia nos servizos públicos comúns.
(*) ITOHG (Instrucións Técnicas para Obras Hidráulicas en Galicia).
Estudo Técnico da Plataforma: Valoración do custo eléctrico da estación de bombeo (Ebar) e da planta de depuración (Edar) de Ferrol, comunicado por Emafesa aos medios (outubro 2017). 15 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
Nova relacionada.-
A depuradora, a pleno rendemento. | A EDAR de cabo Prioriño trata actualmente 30.000 metros cúbicos de augas residuais ao día. | R.P.P. Ferrol 07.10.2017 | Ir á Web.
De interese:
- Estación depuradora de augas residuais de Cabo Prioriño (Edar). | Ir á Web.
- Emisario submarino de cabo Prioriño. | Ir á Web.
- Emisario terrestre A Malata. Depuración e vertido de Ferrol. | Ir á Web.
- Cruzamento de impulsión A Malata. Depuración e vertido de Ferrol | Ir á Web.
- Presentación do Sistema de Depuración e Vertedura de Ferrol. | Acceder/Baixar.
---