xoves, 5 de abril de 2018

Activistas, ... Por Amadeo Varela -...cando alguén pregunta quen son os que protestan, a resposta ben sendo: '¡Boh!, son os mesmos de sempre'

Jose Manuel Rey Varela e Jorge Suárez Fernández

Por Amadeo Varela [*]
05.04.2018


Dise vulgarmente que, "a corda rompe sempre polo máis delgado" e que, "a can fraco todo son pulgas". Isto traducido á política quere dicir que, a xente máis pobre é a que máis sufre as trapalladas e as inxustizas dos que mandan, de xeito que se ven obrigadas a unirse, formando asociacións ou plataformas, para loitar polos seus dereitos, mediante protestas organizadas en concentracións ou manifestacións.  Pero as trapalladas e os problemas son tantos que os activistas, persoas concienciadas e loitadoras, vense na necesidade de participar en moitas. Deste xeito, cando alguén pregunta quen son os que protestan, a resposta ben sendo: “¡Boh!, son os mesmos de sempre”. A cousa ten a súa lóxica, porque a maioría son os que non se moven para nada, agardando que outros lles amañen os problemas. Por iso son sempre os mesmos. En troques, os alcaldes non son os mesmos sempre, aínda que ás veces, cando se lles leva a contraria, parécense demasiado. Digo eu, claro.

Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra

Publicado no Diario de Ferrol | 04.04.2018.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
________________