xoves, 5 de marzo de 2020

Queixa á Valedora do Pobo, contra o Concello de Ferrol e no seu caso contra Emafesa, por cobrar á veciñanza a taxa de depuración do período onde non se prestaba o servizo - Escrito de Queixa e Modelo de Adehesión



O pasado 4 de febreiro, a Plataforma presentou, en Ferrol, escrito de Queixa á Valedora do Pobo, contra o Concello de Ferrol e no seu caso contra Emafesa, por cobrar á veciñanza a taxa de depuración do período onde non se prestaba o servizo. Escrito de Queixa presentado no rexistro xeral da Xunta de Galicia que está situado no 1º andar, do Edificio Administrativo, que ten a administración autónoma na Praza Amada Garcia. A Valedora do Pobo acusou recibo da Queixa, informando que pasaría ao seu estudo, antes de admitilo a trámite, e asignou un número de expediente, nomeando responsábel do mesmo a María del Carmen Cuiñas Durán, que dentro do organigrama da institución, leva as áreas de 'Urbanismo' e de 'Corporacións Locais e Servizos Municipais'. Nas distintas mesas-info que instalamos nas rúas, estamos informando desta Queixa e convidamos ás veciñas e veciños a presentar adhesión á mesma, mediante escrito dirixido á Valedora do Pobo.

➤ Queixa da Plataforma á Valedora. 110 páxinas en formato pdf. | Acceder/baixar.

➤ Modelo de Queixa á Valedora, para entregar no Rexistro Xeral da Xunta en Ferrol ou a través da rede. | Acceder/Baixar.

➤ Funcións da Valedora do Pobo. | Normativa:

<<Artigo.13.b) Os actos e resolucións da Administración local, incluídos os seus organismos autónomos, así como as empresas e entes públicos ou participados que dela dependan, no ámbito das competencias que corresponden á Comunidade Autónoma, de conformidade co Estatuto de autonomía e a lexislación vixente.>>

... e outros da LEI 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo (Modificada polas Leis: 3/1994, do 18 de xullo; 1/2002, do 26 de marzo; 8/2008, do 10 de xullo; 10/2012, de 3 de agosto y 1/2016, de 18 de xaneiro). |Ir á Web Oficial.

---