sábado, 3 de marzo de 2018

Detalle dun Estudo de Custes de explotación que o Concello de Narón encargou á empresa OTIMA - O Estudo está asinado o 15 de febreiro deste ano 2018 - Análise de custos os costes fixos e variables a partir dos datos dispoñibles

De Nemigo - Obra propia, CC0, Ligazón


Presentamos un detalle dun Estudo de Custes de explotación que o Concello de Narón encargou á empresa OTIMA. O Estudo está asinado o 15 de febreiro deste ano 2018. Vai unha pequena introdución a modo e explicación e o obxecto e alcance do Estudo, centrado principalmente nos custes eléctricos e caudais a depurar. Logo que teña interese pode acceder ao mesmo, nun ficheiro de 196 páxinas formato pdf.



ESTUDIO DE COSTES DE EXPLOTACIÓN DA EDAR DE CABO PRIORIÑO E DA EBAR DE A MALATA

INTRODUCIÓN (Páxina 15)

O Concello de Narón encargou á empresa Ordenación Territorial Infraestruturas e Medio Ambiente (OTIMA) a realización dun estudio dos custes de explotación do sistema formado pola Estación de bombeo de augas residuais de A Malata e a Estación depuradora de augas residuais de Cabo Prioriño.

A EDAR de Cabo Prioriño foi recibida en novembro de 2010 pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil e comezou a recibir augas en agosto de 2014, cando os Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol fixeron as primeiras conexións. Os caudais foron incrementándose desde esa data conectándose o centro de Ferrol, pero non foi ata novembro de 2016 cando se fixo a conexión parcial do primeiro tanque de tormenta. Por último desde abril de 2017, fixéronse a maior parte das conexións, incluíndo xa augas do Concello de Narón, finalizando as últimas nos primeiros días de agosto. Desde 2014 está sendo explotada por EMAFESA, a empresa mixta de augas do Concello de Ferrol.

A planta está prevista para 200.000 habitantes equivalentes e os caudais de deseño son:
-Mínimo: 715 l/s
-Medio: 1.150 l/s
-Punta: 1.485 l/s
-Máximo: 6.500 l/s

A planta está configurada por:

Liña de Agua

Obra de chegada e elevación de auga bruta
- 2 Válvulas de regulación tipo Obno-Rombo
- 5 Bombas sumerxibles de tipo hélice, unha en reserva, de 3.600 m 3 /h de caudal unitario a una altura de 6,2 m
Desbaste
- 4 Canles de desbaste, equipados con tamices de 3 mm de paso, de limpezaautomática
Desareado- desengrase

- 5 desareadores de 4 m de anchura e 29 m de lonxitude

Decantación Primaria lamelar
- 3 Decantadores lamelares tipo SEDIPAC
Biofiltración
- 6 filtros biológicos tipo BIOFOR rellenos con BIOLITE

Desinfección mediante raios UV con 3 liñas de tratamento Emisario submarino de 1.000 m de lonxitude

Liña de fangos
Espesamento de fangos 1142EP001
Dixestión anaerobia e estabilización química de emergencia
Deshidratación
Secado térmico
Almacenamento de gas

Non se consideran en funcionamento nin o secado térmico nin a liña de gas.

A estación de bombeo de A Malata está prevista para a elevación de auga desde o pozo de bombeo ata o inicio do emisario terrestre, cun caudal máximo de 6,6 m 3 /s en dúas liñas, cada unha delas con 4 bombas CT 3531/965 3~640 de XYLEM de 585Kw de potencia.

Na actualidade o bombeo funciona coas dúas liñas, cada unha delas con 2 bombas para un total de 3,64 m 3 /s, estando contratada potencia para 4 do total de 8 bombas instaladas. Tamén formarán parte da explotación o emisario terrestre entre ambas actuacións e o cruce da enseada de A Malata.

No ano 2016 o Concello de Ferrol, a través de EMAFESA realizou un informe con previsións para os costes do sistema, mais dun ano mais tarde, coa explotación xa en servizo, decídese realizar un no.

OBXECTO E ALCANCE DO INFORME (Páxina 17)

O obxecto do presente documento é obter os custos de explotación previsibles no sistema composto pola EBAR de A Malata e a EDAR de Cabo Prioriño.

Estudiaranse os costes fixos e variables a partir dos datos dispoñibles.

Costes fixos:

o Persoal o Mantemento e conservación (conservación de obra civil de estruturas e colectores, mantemento de equipos electromecánicos, repostos, etc.) o Enerxía (termo fixo). o Ensaios o Administrativos e varios (vehículos, telefonía, seguros, ...) o Outros costes

Costes variables:

o Enerxía eléctrica (termo variable) o Reactivos (dixestión, espesamento, deshidratación, desodorización) o Transporte e tratamento de residuos (desbaste, arenas, graxas e outros residuos)

Cando sexa posible empregaranse datos reais de consumos ou saídas, en caso contrario calcularanse a partir dos parámetros do proxecto e dos eu estudio de costes.

Os prezos obteranse tamén, na medida do posible de valores de mercado ou de licitacións recentes.

CONCLUSIÓNS (Páxina 51)

O coste total estimado anual para a explotación dos sistema composto pola EBAR de A Malata e a EDAR de Cabo Prioriño ascende a un total de 2.141.649,25 €, que debe incrementarse nun 6% en concepto de retribución do socio privado (o explotador actual é EMAFESA) ata chegar a un total de 2.270.148,20 €.

Descontando a retribución ó socio privado o coste descomponse en 1.104.521,63 € de costes fixos e 1.037.127,62 € de costes variables.

Tendo en conta que se prevé un caudal medio e entrada ó sistema de 43.468 m 3 /d (15.865.842 m 3 /ano, os costes supoñen un total de 0,14 € por cada m3 de auga tratada.

Estes custos están en liña coas previsións do proxecto e son, en conxunto, 709.112,07 € inferiores (ou un 31%) ós previstos no informe do Concello de Ferrol de 2016Estudio de costes justificativos y tarifas de saneamiento en alta y depuración del Concello de Ferrol”, estando estas diferencias orixinadas sobre todo pola redución de caudais observada na realidade en comparación coas previstas en estudios anteriores, incluído o Proxecto. Dispor de datos reais de caudais e consumos dun ano completo xunto coas variables de explotación da planta (entrada e saída de DBO5, rendementos nos diferentes elementos la liña de fangos, consumos diarios de reactivos, etc.) permitiría afinar en maior medida este estudio.

Por último tamén cabe indicar as importantes sinerxías que se poderían producir no caso de unir os servizos estudados no presente documento (explotación da EDAR de Cabo Prioriño e EBAR de A Malata) ós servizos de explotación dos interceptores da marxe dereita da ría de Ferrol.


ESTUDO DE COSTES DE EXPLOTACIÓN DA EDAR DE CABO PRIORIÑO E DA EBAR DE A MALATA. | Doc de 196 páxinas e formato pdf. | Acceder.
___