sábado, 24 de marzo de 2018

Este venres 23 de marzo, entregamos no rexistro dos Xulgados de Ferrol, un escrito coa corrección de erros, coas correspondentes modificacións e ampliación de documentación a solicitar para achegar ao procedemento, comezado coa denuncia o pasado 19 de marzo

Acción en 2017 diante dependencias de Emafesa


Este venres 23 de marzo, entregamos no rexistro dos Xulgados de Ferrol, un escrito coa corrección de erros, coas correspondentes modificacións e ampliación de documentación a solicitar para achegar ao procedemento, do cal xa sabemos o número e xulgado ao que lle toco e o número de procedemento.

Cal é o procedemento normal logo de ter presentado a denuncia no rexistro?

Remite-se a un xulgado de instrución que no noso caso, xa sabemos que é o nº2 -que é tamén o xulgado especifico para violencia de xénero-, mais non sabemos se este queda co procedemento ou o remite a outro xulgado.

Ao tempo asigna-se un número de procedemento que xa sabemos que en previas é o PR0000759/18.

Unha vez no xulgado asignado definitivamente, será o xuíz ou xuíza quen examine o contido da nosa denuncia e decida que actuacións se deben levar a cabo, podendo acordar varias posibilidades de actuación:

- Arquivar a denuncia se estima que os feitos denunciados non son constitutivos de infracción tipificada como delito no Código Penal en vigor.

- Ou seguir un procedemento penal, no caso de considerar que os feitos que denunciamos, poderían inicialmente ser constitutivos dunha infracción penal.


AO XULGADO DE INSTRUCIÓN DE FERROL QUE CORRESPONDA, EN REFERENCIA A UNHA DENUNCIA PRESENTADA O PASADO 19 DE MAIO, NO REXISTRO DESTES XULGADOS

XULGADO Nº2     PROCEDEMENTO: PR0000759/18

ASUNTO: Corrección de erros e ampliación na documentación a solicitar.

Alexandre Carrodeguas Martínez, Bernardo Rego Gárate, Fernando Ramos Armesto, Pablo Portero Arnaiz e Guadalupe Mª Lourdes Ces Rioboo, veciños e veciña de Ferrol, en nome propio e en representación da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, con enderezo a efectos de notificación, na Rúa Armada Española número 32 baixo, Ferrol (15406), ante o xulgado que corresponda, comparecen e como mellor saben

EXPOÑEN

Que o pasado luns 19 de marzo de 2019, presentamos no rexistro dos Xulgados de Ferrol, unha Denuncia por uns presuntos delitos de Estafa, baseado no artigo 248 e seguintes do Código Penal; Prevaricación, baseado no artigo 404 do mesmo código, e outros que se puideran probar, contra quen sexa responsable na Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A. -Emafesa (Xestionada ao 100% pola parte privada Socamex), con enderezo en Ferrol (15403), na Praza da Ilustración, Nº 5 baixo e contra o Alcalde de Ferrol, como responsable no Concello de Ferrol, e se correspondera, contra concelleiros e concelleiras que cos seus votos e decisións posibilitaron a consumación dos presuntos delitos, con enderezo na Praza de Armas, S/N.

Que mediante este escrito queremos notificar unha corrección dalgúns erros no escrito de denuncia que formulamos, ademais dunha pequena ampliación de solicitude de documentación que consideramos necesaria.

Pasamos a formular as correccións e modificacións ao escrito de denuncia mencionado:

Na páxina 1, na liña 13 do primeiro paragrafo onde mencionamos á empresa mixta onde dí:

“ ...contra quen sexa responsable na Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A. -Emafesa, con enderezo en Ferrol (15403), na Praza da Ilustración, Nº 5 baixo...”

cambiar por:

 “... contra quen sexa responsable na Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A. -Emafesa (Xestionada ao 100% pola parte privada Socamex), con enderezo en Ferrol (15403), na Praza da Ilustración, Nº 5 baixo...”

Na páxina dúas, feito Segundo, onde di:

Segundo.- O Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, preguntado nos medios de comunicación, respondeu no mes de febreiro deste ano que contrataron un estudio para avaliar o custe e poder axustar a taxa ao custe real de depuración á empresa AUDISA.

cambiar por

“Segundo.- O Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, preguntado nos medios de comunicación, respondeu no mes de febreiro deste ano que contrataron un estudio para avaliar o custe e poder axustar a taxa ao custe real de depuración á empresa EUDITA.”

Na páxina 12, no segundo paragrafo onde di:

Concluímos por todo o exposto que

presuntamente todo isto ten como único fin paliar a situación financeira da empresa mixta de augas Emafesa, cun pasivo acumulado de mais de oito millóns de euros, que chantaxea ao Concello coa solicitude en sede xudicial da súa disolución imputable ao mesmo. Ademais, desde a nosa observación, desenvolvendo unha mala xestión, ocultando información, prestando-se ao engano, cunha contabilidade opaca e as contas sen aprobar desde 2014.


cambiar por

“Concluímos por todo o exposto que

presuntamente todo isto ten como único fin paliar a situación financeira da empresa Emafesa (Xestionada ao 100% pola parte privada Socamex), cun pasivo acumulado de mais de oito millóns de euros. Cuxa parte privada Socamex, S.A. (Área da auga de Urbaser, S.A., empresa, esta última, que xestionou até o 31 de decembro de 2014, o servizo de recollida de residuos urbanos e limpeza viaria de Ferrol e que na actualidade segue prestando o servizo sen contrato), presuntamente presionou ao Alcalde e grupo de goberno coa advertencia de solicitude en sede xudicial da súa disolución, segundo a mesma ‘imputable ao Concello de Ferrol’. Ademais, desde a nosa observación, Emafesa desenvolve unha mala xestión, ocultando información, prestando-se ao engano, cunha contabilidade opaca e as contas sen aprobar desde 2014.”

Na páxina 14 onde di:

 “10. Depurar responsabilidades, solicitando información, aos tres entes, da xuntanza a tres bandas, mencionada e como, o non resolto, afecta á economía da empresa mixta Emafesa e á do Concello de Ferrol.

cambiar por:

"10. Solicitar ao Concello de Ferrol, todas as actas do Consello de Administración de Emafesa, S.A. desde o 1 de xaneiro de 2014 até hoxe."

Engadir na páxina 14:

Depurar responsabilidades, solicitando información, aos tres entes, da xuntanza a tres bandas, mencionada no feito Undécimo, ou tomando declaración á Alcaldesa de Narón, o Alcalde de Ferrol e ao Director de Augas de Galicia, e como, o non resolto nesa reunión, afecta á economía da empresa mixta Emafesa e á do Concello de Ferrol.

Polo exposto.

SOLICITAMOS que teña a ben admitir este escrito que completa e en parte modifica o anterior mencionado, sen outro asunto que expoñer e solicitar, asinan o mesmo en Ferrol, a 23 de marzo, de 2018.
---