sábado, 23 de setembro de 2017

Comunicado da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización unha vez realizada a Xunta de Accionistas e o Consello de Administración de Emafesa do 21 de setembro - Agora a parte privada SOCAMEX, solicita a disolución da empresa... - A nova nos medios



COMUNICADO DA ‘PLATAFORMA EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN’ UNHA VEZ REALIZADA A XUNTA DE ACCIONISTAS E O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE EMAFESA DO 21 DE SETEMBRO

No comunicado [1] emitido por esta Plataforma o pasado 7 de setembro, enumerabamos toda unha serie de irregularidades e incumprimentos que a empresa EMAFESA, Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol, viñan practicando e asumindo en relación ao servizo de auga e da depuración de augas residuais. Un comunicado onde exixiamos, unha vez máis, ao  goberno municipal, que iniciara o proceso de recuperación da xestión do servizo, cumprindo cos acordos do pleno municipal de xullo de 2015; denunciara o Convenio con Augas de Galicia e entregara a xestión do sistema de saneamento e depuración, a quen é o seu único responsable, a Xunta de Galicia, ata que se creara un sistema supramunicipal de xestión, como así está establecido; se devolva a taxa indebidamente cobrada e comece cun proceso transparente e participado.

Estes lodos veñen do malgoberno de José Manuel Rey Varela que con maioría absoluta do Partido Popular, recepcionou un sistema de depuración abandonado, que non funcionaba e que non lle pertencía recepcionar, que cobrou unha taxa por un servizo que non se prestaba e enganou ao pobo de Ferrol, para un beneficio electoralista e persoal. E veñen tamén, do goberno de Jorge Suárez por incumprimentos das propostas electorais, programa de goberno, acordos plenarios e compromisos do verán de 2015 e un período de inacción até que en abril deste ano acordou xunto ao Partido Popular asinar o Convenio (Encomenda) con Augas de Galicia, copia literal do rexeitado en maio de 2014, situando-se deste xeito no polo oposto ao que viña mantendo.

Polo tanto, desde esta Plataforma manifestamos, que a situación creada en EMAFESA, é produto dun engano político e un cálculo empresarial, onde a cidadanía de Ferrol tiña que xogar o papel de pagadora, ante un servizo que non recibía, e unhas instalacións que non lle pertencen. Así, denunciabamos no anterior comunicado que, si se mantivese a Taxa abusiva e ilegal anterior, EMAFESA tería ingresado máis de 7 millóns de euros, sen contar cos 3 millóns de Narón.

Agora a parte privada SOCAMEX, solicita a disolución da empresa como estratexia de presión para que o Concello asuma as facturas que lle presenta, polo de agora, por valor duns 5 millóns de euros. Unhas facturas relacionadas con traballos realizados na reparación e posta a punto da depuradora, que carecen de base contractual, e que en absoluto corresponde asumir á cidadanía de Ferrol. E por outra banda pretende a recuperación da Taxa imposta polo Partido Popular, con efectos retroactivos desde xaneiro de 2015.

Atrás quedan as actuacións do goberno municipal para utilizar a aprobación, vía express, intentada ata catro veces en pleno, dunha nova taxa. Taxa que ía ser utilizada como aval bancario para sanear as contas de EMAFESA. Atrás a estratexia de ir reservando, sacando de distintas partidas, ata 5,8 millóns de euros, para inxectar liquidez a EMAFESA. Atrás a sinatura de convenios (encomendas) irregulares ou ilegais, prexudiciais para a cidadanía, con quen son os responsábeis das infraestruturas e deste sistema irracional e oneroso de saneamento: Augas de Galicia e a Confederación Hidrografica del Miño-Sil (Goberno Español). A realidade imponse, e demostra que a única saída para unha empresa que enganou, demostrou ser incompetente, incumpre nas súas obrigas e mesmo pon en perigo a nosa saúde (trihalometanos), é a recuperación do servizo cunha EMAFESA 100% pública.

O Concello debe cumprir xa a súa obriga e compromiso de facer unha auditoría real sobre a xestión e a situación económica financeira de EMAFESA, o que ademais é indispensábel, para poder defender os intereses da veciñanza e do Concello de Ferrol, fronte aos abusos e as pretensións económicas da parte privada (SOCAMEX -división de aguas do transnacional  Grupo Urbaser da corporación Firion Investments).

SOCAMEX, aínda sendo só o 49% de EMAFESA, ten o control 100% da xestión e polo tanto cumpre que asuma responsabilidades en todo este desastre, incluíndo as actuacións realizadas fora da legalidade.

Comezando pola devolución inmediata dos máis de 800.000 euros cobrados ilegalmente por unha depuración inexistente durante o goberno de Rey Varela e Martina Aneiros. Paralelamente, creemos que poden darse as condicións para cumprirse o disposto na cláusula vixésimo quinta [2] do Prego de Condicións, o que supón que é SOCAMEX quen debe abandonar a condición de socio de EMAFESA pero sen percibir ningún tipo de indemnización e mesmo coa posibilidade de ter que resarcir ao Concello. Lograríase así a xestión 100% pública de EMAFESA, manter os postos de traballo e garantir un servizo transparente e de calidade.

Ferrol, a 23 de setembro, de 2017

Notas.-

[1] Comunicado da Plataforma do 7 de Setembro, de 2017. Ir á Web.

[2] Cláusula Vixésimo Quinta (Da Extinción do Contrato, páxina 29 do Pliego de Condicións anexado no documento, páxina 52). |Escrituras de constitución de EMAFESA (Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A.) | 3 de Abril do 2000 | 88 páxinas escaneadas como imaxe en doc formato pdf. | Acordo Plenario do 18 de Setembro de 1998 en orde á modificación da xestión dos servizos de abastecemento de auga e saneamento do termino municipal de Ferrol, a través da xestión indirecta mediante empresa mixta, con aprobación do Prego de Condicións Xerais que habería de rexer o concurso para a selección do socio privado co que constituír dita empresa mixta. Ratificado todo no Acordo Plenario do 11 de Novembro de 1998. Adxudicación do concurso de selección de referencia, no Acordo Plenario do 28 de Abril de 1999. E Acordo Plenario do 24 de Febreiro do 2000, onde se aproban os Estatutos de EMAFESA entre outros acordos. | O arquivo, pesa 32,3MB. | Acceder/Baixar.

---

Socamex presiona ou reaslmente quere ir-se

Non por previsíbel, non deixa de ser unha situación moi grave... que se ven cociñando desde hai tempo.

A nova nos medios:

2017.09.22 - Galicia Ártabra Dixital. | O BNG responsabiliza da situación de Emafesa ao pacto PP-FeC. | O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que a actual situación de EMAFESA “é produto do pacto entre o PP e Ferrol en Común para cargar coa xestión da depuración e a EDAR aos veciños e veciñas desta cidade“. As consecuencias deste acordo, según os nacionalistas, son : – Que se lle exime de responsabilidade ao titular da infreastructura, que é a Xunta de Galiza. – Que os veciños e veciñas desta cidade terán que asumir o coste da depuración doutros concellos como Narón ou Neda e a reparación e posta en funcionamento da depuradora. – Que se lle entregue a EMAFESA a xestión do servizo sen contrato e sen estabelecer os termos de xestión de depuración para incrementar os seus ingresos. | Ir a Web.

2017.09.22 - Galicia Ártabra Dixital | Martina Aneiros sobre Emafesa: "Hai que garantir que a depuración sexa dun xeito viable". Aproveitando a presentación do xornal popular "Imaxina Ferrol" a portavoz municipal Martina Aneiros quixo dar o seu punto de vista do acontecido onte na xunta de accionistas e consello de administración de Emafesa. | Ir a Web.

2017.09.22 - Ferrol360. | Socamex-Urbaser pide a disolución de Emafesa e o alcalde pon en dúbida os seus gastos. | Socamex-Urbaser pediu este xoves a disolución de Emafesa durante a súa xunta de accionistas e consello de administración, medida que o alcalde de Ferrol rexeitou de novo. Jorge Suárez reiterou trala reunión que "obviamente non existe causa" para iso e estimou sobre as súas posibles perdas que o "balance non está auditado oficialmente". | É máis, o rexidor desvelou que unha "auditoría propia pon en dúbida vos gastos acometidos pola empresa". Como socio maioritario da firma, o Concello ratifica que non "existe causa de disolución" e sostén que a totalidade de facturas de abril pasado, primeiro mes de saneamiento efectivo no municipio, foi "devolta por defectos formais e de fondo". | Ir a Web.

2017.09.22 - Diario de Ferrol. | A parte privada de Emafesa suscita ao Concello o abandono da sociedade. | As relacións entre a parte privada e a parte pública da Empresa Mixta de Augas ?Emafesa? chegaron a tal punto que o socio Socamex -filial de Urbaser que posúe o 49% das accións- As relacións entre a parte privada e a parte pública da Empresa Mixta de Augas -Emafesa- chegaron a tal punto que o socio Socamex -filial de Urbaser que posúe o 49% das accións- pediu a disolución da empresa, ao non ser aceptado o concurso de acredores que pretendía solicitar. | Ir a Web.

2017.09.22 - El Correo Gallego. | A sombra do divorcio ameaza á empresa mixta de augas de Ferrol. | A parte privada, Socamex, quere a súa disolución. O goberno négase. | PATRICIA HERMIDA - Ferrol. | A bordo dunha montaña rusa viaxa Ferrol, cidade que cambia de goberno cada catro anos. E no caso do equipo de Jorge Suárez, os problemas crecen. A parte privada da empresa de augas quere a súa disolución. Socamex, xa reclamara ao concello unha inxección de 6,3 millóns de euros para Emafesa. E ante a falta de investimento e a ausencia dunha taxa de saneamiento, presiona para un divorcio exprés. | Ir a Web.

2017.09.22 - La Voz de Galicia - Rocio Parada | O conflicto en Emafesa enquistase. | O socio privado vota a favor da disolución da empresa pero a maioría do goberno impide-o. | Os socios privado e público de Emafesa volveron chocar onte en defensa dos seus intereses. Socamex, a filial de Urbaser que ostenta un 49 % da participación da empresa mixta de augas ferrolana, executou o que xa anticipaba a orde do día da xunta extraordinaria de accionistas e o posterior consello de administración de onte: a petición da disolución da sociedade. O argumentou no balance económico da empresa na que o Concello ostenta o 51 % e a inexistencia de ingresos polas tarefas de depuración das augas residuais. E mostra da desconfianza cara ao Concello esixiu, unha vez máis, a presenza dun notario para que levantase acta da xunta. | Ir a Web.

2017.09.22 - La Voz de Galicia. | Socamex amaga coa disolución de Emafesa. | O Concello chegará hoxe a unha nova xunta de accionistas sen a taxa do saneamiento activada. | O socio privado de Emafesa, Socamex, e o goberno ferrolano volverán a confrontar posicións esta mañá nunha xunta de accionistas, con posterior consello de administración, que se prevé tenso. Especialmente porque a firma que ostenta o 49 % da participación da empresa mixta de augas de Ferrol, fronte ao 51 % do Concello, suscitará a disolución da sociedade como saída á situación actual, derivada da activación da depuración de ríaa sen que se impuxo unha taxa de saneamiento. | Ir a Web.

2017.09.21 - Galicia Ártabra Dixital. | Jorge Suárez tralo consello de Emafesa: "Defendemos interésesvos do Concello e dous veciños". | O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez falaba á súa saída da xunta de accionistas e consello de administración de Emafesa que tivo lugar na mañá do xoves. | “Nos pola parte pública defendimos os intereses do Concello e os intereses dos veciños”, afirmaba Jorge Suárez, reconociendo que “dende abril hai unha depuración na que a parte privada e a parte pública están dacordo e a partir de ahí hai que buscar unha financiación.” | 21 septiembre, 2017 | Ir a Web.

2017.09.21 - GaliciaPress | A filial de Urbaser solicita disolver a empresa mixta de augas de Ferrol. | A parte privada da Empresa Mixta de Augas de Ferrol (Emafesa), Socamex, filial do grupo Urbaser, solicitou ao socio público, e maioritario, ao Concello de Ferrol, "a disolución" da sociedade, tal e como ratificou o alcalde deste municipio, Jorge Suárez (FeC).
Redacción | xoves, 21 de setembro de 2017, 19:10  | Ir a Web.

2017.09.20 - Ferrol360. | Suárez volve rexeitar un concurso de acredores para Emafesa na véspera do seu consello. | Jorge Suárez, no pleno deste martes en Ferrol. | Emafesa celebrará este xoves unha nova reunión do seu consello de administración e o alcalde de Ferrol reiterou en vésperas da xunta a súa negativa a que a situación da firma "poida ser motivo" dun concurso de acredores. A preguntas dos medios, Jorge Suárez insistiu na "posición" do goberno local, "sempre asesorado" por persoal público. | O rexidor mostrou a súa "tranquilidade" tras "ter feito ou que tengamos que facer, suspender unha taxa por un feito que non se estaba a producir". Ademais, estimou que se adoptarán "as medidas oportunas para defender vos dereitos dá veciñanza", como tamén que a maioría municipal na compañía de augas é determinante para o seu rexeitamento ao concurso de acreedores. | Preguntado por unha posible saída de Urbaser de consumarse esa postura, replicou que non poñerá "ningún obstáculo". Doutra banda, sinalou que non se concretará o pago de cuantías pola depuración mentres "non se dilucide ou acontecido de 2014 a abril, cando comezou".| Ir a Web.

2017.09.20 - Galicia Ártabra Dixital. | Jorge Suárez: “Se a parte privada quere abandonar Emafesa nos non imos a poñer ningún obstáculo”. Na mañá do mércores Jorge Suárez falaba para os medios de comunicación en relación á xunta de accionistas de Emafesa que tenrá lugar mañá, xoves. | “Nos sempre estamos asesorados polos habilitados do Concello”, afirmaba Jorge Suárez, que tamén recalcaba que “nunha empresa no que o 51% é público non poder ir a concurso de acreedores.”| Ir a Web.
---