mércores, 4 de outubro de 2017
A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, reune-se de urxencia este mércores 4 de outubro, para abordar a situación que se crea a raíz do anuncio do Alcalde Jorge Suáres de recuperar a Taxa de Depuración do Partido Popular e con efectos retroactivos desde abril deste mesmo ano 2017
O GOBERNO DE FERROL EN COMÚN RECUPERA A TAXA DE DEPURACIÓN DO PARTIDO POPULAR E PRETENDE COBRA-LA CON EFECTOS RETROACTIVOS, DESDE O MES DE ABRIL DESTE MESMO ANO 2017
Hoxe en rolda de prensa o Alcalde de Ferrol Jorge Suárez, informou que vai convocar unha xuntanza da Comisión Municipal de Economía, Facenda... para informar da vontade do Goberno de recuperar a Taxa de Depuración do Partido Popular (Rescatar a Taxa que quedara suspendida por acordo plenario o 18 de setembro do ano 2015,[1] e 17 meses despois fora derogada provisionalmente nun Pleno Extraordinario, o 13 de febreiro deste ano 2017)[2] e cobrar só con efectos de Abril de 2017. Logo isto iría a un Pleno Extraordinario que con toda probabilidade sería para a próxima semana (O mércores 11 de outubro -polo de agora sen convocar, pois o martes 10 está prevista a continuación do Pleno do último xoves do mes pasado -setembro, para asuntos que quedaron pendentes).
*XUNTANZA URXENTE DA PLATAFORMA*
Diante do anuncio do Alcalde de que vai rescatar a Taxa de Depuración do Partido Popular e con efectos retroactivos, xúntamo-nos, para analizar e decidir.
Dado que a situación, polo que comentou algunha xente, require unha análise máis cedo que tarde. Quedamos mañá, mércores 4 de outubro, ás 17:30hs (cinco e media da tarde), en Fuco Buxán (Rúa Armada Española, 32 Baixo). Quen poida que veña, á hora e o tempo que poida.
Anexos para a xuntanza:
Declaración de Jorge Suárez: rescatar a Taxa de Depuración do Partido Popular e con efectos retroactivos desde abril deste ano.
2017.10.03 - O GOBERNO LEVARÁ A PLENO REACTIVAR A ANTIGA TAXA PARA GARANTIR O SANEAMENTO DA RÍA DE FERROL. | A depuración real das augas negras da ría de Ferrol iniciouse o pasado 3 de abril e ten un custo estimado en 2,5 millóns por ano. | Os informes da Secretaría e da Intervención Municipal urxen a imposición dun tributo que garanta a viabilidade do saneamento. | O Goberno tentou, ate en catro ocasións, aprobar unha nova taxa axustada ao milímetro que resultaba a mais económica de toda ría. | Ferrol, 3 outubro.- O Goberno de Ferrol levará un pleno extraordinario na vindeira semana o levantamento da suspensión da antiga taxa do saneamento, que quedara sen efecto por acordo plenario o 18 de setembro do ano 2015, para garantir a viabilidade da necesaria depuración da ría e o tratamento das augas negras na Edar de Cabo Prioriño, que está a funcionar de xeito efectivo e real desde o pasado 3 de abril do 2017. | Ir á Web.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/10/03/gobierno-ferrol-recupera-tasa-saneamiento-pp-caracter-retraoactivo/00031507026791741733327.htm
Declaración dos grupos municipais aos medios sobre declaracións de Jorge Suárez.
BNG
http://www.ferrol360.es/el-bng-acusa-a-suarez-de-lavarlle-a-cara-a-rey-varela-al-recuperar-su-tasa-del-saneamiento/
PSOE
http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/166170
PARTIDO POPULAR
http://www.ferrol360.es/el-pp-evita-hablar-de-victoria-al-levantarse-la-suspension-de-la-tasa-del-saneamiento/
CIUDADANOS
http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/166167
Os Concellos non poden aplicar unha Norma fiscal de forma retroactiva.
https://www.google.es/amp/www.eleconomista.es/noticias-amp/3695012/Los-Ayuntamientos-no-pueden-aplicar-una-norma-fiscal-de-forma-retroactiva
[1] Pleno Extraordinario celebrado o 18 de setembro do ano 2015, onde se aprobou, nun cambio de última hora, "suspender a aplicación da ordenanza reguladora da taxa pola depuración de augas residuais", anulando a proposta inicial de "suspensión da aplicación da Taxa e inicio do expediente de derogación da mesma Taxa reguladora da depuración de augas residuais". Votando en contra, todas as concelleiras e concelleiros, excepto os do BNG, a súa proposta de manter a redacción inicial. (Taxa de Depuración do Partido Popular). | Desde a páxina 27 á 45. | NON PERDER A MOI INTERESANTE LECTURA. | Acta: Acceder/Baixar.
[2] Pleno Extraordinario celebrado o 13 de febreiro do ano 2017, onde se aprobou a "derogación provisional da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais" publicada no BOP o 03/09/2014. (Taxa de Depuración do Partido Popular). | Vídeo: Acceder/Baixar. | Acta: Acceder/Baixar.
|||||||||||||||||