XUNTA DE VOCEIROS POLA ACTIVACIÓN DO SANEAMENTO NA RÍA
Esta mañá tivo lugar na Alcaldía a Xunta de Voceiros celebrada hoxe na Alcaldía as 12:30 para chegar a un acordo que permita activar o saneamento da ría, cumprindo co acordado o martes 21 tras da suspensión do pleno.
Reunidos todos os voceiros dos grupos da corporación municipal por espazo de 40 minutos, acordaron:
1. Solicitar unha xuntanza urxente todo o inmediata posible con Aguas de Galicia,
2. Dentro de Empresa Mixta de Augas, na que o Concello é o socio público e maioritario, estudar a fórmula adecuada para activar o saneamento, de forma transitoria, na data comprometida que é o 1 de abril.
A partir de aí, con ese compromiso e esa prioridade absoluta en marcha, buscar, nun prazo razoábel, a fórmula xurídica e económica viable, axeitada e axustada, para garantir a prestación estable do servizo da depuración das augas negras da ría de Ferrol.
---
Matices
O PSOE pon matices, pois considera prioritario poñer-se a depurar, e asume que nun principio para comezar a depurar, sexa Emafesa quen se faga cargo da depuración, mais considera que ten que ser Augas de Galicia a que poña a funcionar a estación depuradora e así din que o teñen manifestado na xuntanza de portavoces...
Oposición
O BNG amosou a súa discrepancia co acordo. Considera que entregar a depuradora a Emafesa é incrementar ou seu volume de negocio, en lugar de esixir aos responsábeis das infraestruturas de saneamento: Augas de Galicia (Xunta de Galicia) e subsidiariamente AcuaEs (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente) que se fagan cargo delas. Por outra banda considera que a veciñanza non ten que asumir os custes dun sistema de depuración que non é integral, ao non separar augas residuais das pluviais. Manifestan que non é asumíbel ter que depurar a auga da chuvia, con moitos maiores custes medioambientais e económicos...
Declaracións do Alcalde, Jorge Suárez, despois da Xunta de Portavoces:
Audio da Declaracións do Alcalde Jorge Suárez, despois da Xunta de Portavoces do Concello de Ferrol, para poñer a funcionar a Depuradora, celebrada o xoves 23 de marzo de 2017.
https://drive.google.com/file/d/0B_WBUU5o0En3bUk3eS1qOFpjVkk/view
Como difunden os medios a nova:
A xunta de portavoces acorda buscar unha fórmula para activar o saneamiento o 1 de abril. | Xunta de portavoces celebrada este xoves (foto: Concello de Ferrol). | Xunta de portavoces celebrada este xoves (foto: Concello de Ferrol) | FERROL360 | Xoves 23 marzo 2017 | 19:15. | Ir á Web.
Os partidos estudan unha solución provisional para activar o saneamiento. | O debate sobre a taxa aprázase e priorizar que a rede empece a funcionar o 1 de abril. | La Voz de Galicia. Rocío Pita Parada - Ferrol 24/03/2017 05:00. | Non haberá taxa de saneamiento antes do 1 de abril, pero o saneamiento si podería comezar a funcionar nesa data. Con esa hipótese culminou onte a reunión de portavoces que tiña como misión buscar unha solución política ao bloqueo deste asunto crucial para Ferrol. | Ir á Web.
Acordo en Ferrol para activar o saneamiento sen aplicar por agora unha taxa. | Equipo de goberno e oposición, salvo BNG, estudarán a fórmula para cobrar o servizo. | La Opinión de A Coiruña. redacción | a coruña 24.03.2017 | 01:21. | O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, informou onte do acordo alcanzado entre catro dos cinco grupos do concello -FeC, PP, PSOE e Cs, salvo BNG- para activar o saneamiento, aínda que sen aplicar polo momento unha taxa. As súas intencións pasan por "activar de xeito inmediato o saneamiento integral de ríaa de Ferrol" e segue barallando como data válida a do próximo 1 de abril. | Ir á Web.
A depuración funcionará "de forma transitoria" sen taxa de saneamiento. | Os portavoces dos distintos grupos municipais e o alcalde, Jorge Suárez, sentáronse por fin conxuntamente para abordar o tema do saneamento da ría. | Diario de Ferrol - redacción ferrol 24 de Marzo de 2017 (00:30 h.). | Fixeron falta tres plenos sen acordo para que chegase o momento de decidir, dunha vez por todas, poñer en marcha o saneamento e non precisamente como se insistía nesas sesións plenarias, logo da aprobación da taxa de saneamento, senón antes e, en principio, sen ela. | Ir á Web.
Fonte da nota e a foto: Web oficial do Concello de Ferrol.
---