A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización presentou este venres, 17 de marzo, unha denuncia ante a Fiscalía de Area, en Ferrol. Con esta medida pretende que se investigue feitos acontecidos nos anos 2014 e 2015, todo relacionado co cobro dunha Taxa de Depuración e Saneamento, por un servizo que non se realizaba, nin se podería realizar, e polo engano acompañado probabelmente de malversación de fondos públicos, inaugurando unha Estación Depuradora que non depuraba e se mantivo no tempo, dito engano, até que se descubriu en agosto de 2015. Unha depuradora que se recepcionou en mal estado, con importante deterioro na súa estrutura, do que no se deu conta no seu momento, pensamos que só por afáns electoralistas, do aquel entón Alcalde, José Manuel Rey Varela. Denuncia que se irá ampliando nos próximos días cun relato cronólóxico dos feitos e achegando máis documentación.
Pouco antes do mediodía presentou-se no rexistro municipal un escrito dirixido ao Alcalde solicitando-lle a suspensión do próximo pleno que ten prevista a súa celebración o vindeiro martes 21 de marzo, ás 7 da tarde. Suspender ou retirar ao menos, na parte referente, onde se "pretende aprobar a nova Taxa de Saneamento e en cumprimento da norma (133LPCAP) teña lugar a pertinente Consulta Pública Previa, sobre a necesidade da aprobación da taxa, e se recolla a opinión e participación da veciñanza da nosa cidade e dos suxeitos e organizacións mais representativas, potencialmente afectadas pola futura norma".
E por último, celebrou-se unha Rolda de Prensa, nas escalinatas principais da Casa do Concello, onde se expuxeron o pasos que está a dar esta Plataforma e o posicionamento público que ven mantendo en referencia a esta Taxa e a súa oposición manifesta a que a parte privada de Emafesa (Socamex) xestione todo o referente ao Saneamento, pois non lle debe dar máis volume de negocio, cando o que hai que facer é rescatar a Xestión do Servizo na súa integridade, para o público, remunicipalizar.
COMUNICADO PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS POLA REMUNICIPALIZACIÓN
En Ferrol, a 17 de marzo de 2017, esta Plataforma comparece publicamente para expoñer e informar sobre as seguintes catro cuestións:
Primeira cuestión:
Que o pasado luns 13 de marzo, convocamos aos grupos municipais, e concelleiras non adscritas, que tiñan manifestado publicamente, e mesmo no programa electoral, o seu posicionamento a prol da remunicipalización dos servizos públicos, a ter unha xuntanza para expoñer a situación xerada ao redor da depuradora, a nova taxa e a situación de EMAFESA. A esa xuntanza só asistiron os grupos municipais do BNG e do PSOE, FeC e non adscritas non asistiron, nen xustificaron a súa ausencia. Nesa reunión, compartimos un intenso debate e comunicamos aos grupos políticos as nosas esixencias:
- Exiximos que a EDAR comece a depurar xa.
- O arranque da EDAR nada ten que ver coa aprobación da taxa.
- Sabemos que hai catro escenarios posíbeis para que o sistema de depuración comece a funcionar:
- Primeiro.- Que EMAFESA, tal como se pretende desde Augas de Galicia e a Alcaldía, xestione a EDAR.
- Segundo.- Que sexa o propio concello quen se faga cargo a través dunha empresa pública como pode ser EMALCSA.
- Terceiro.- Que sexa Augas de Galicia quen xestione a EDAR.
- Cuarto.- A nosa plataforma aceptaría calquera dos escenarios menos o escenario Primeiro, dado que EMAFESA mostrou en diferentes ocasións que non é de fiar (trihalomentanos, depuradora que non depuraba, cobro ilegal da taxa). A súa situación económica non garante o servizo, e ademais o seu funcionamento é totalmente opaco, e está en funcións dos intereses da parte privada SOCAMEX.
- Mentres non se faga Consulta Pública Previa, en aplicación da Lei de Procedemento Administrativo Común, artigo 133, dentro da cal agardamos sexan contestadas as preguntas que lle temos dirixido ao goberno municipal sobre este asunto, non se debera debater en ningún pleno o valor da taxa.
- Alternativamente exiximos que o estudio da taxa o realice unha empresa do sector con criterio técnico para valorar as variábeis a ter en conta.
- O concello non debe soportar ningún cargo pola posta a punto e/ou subsanar defectos encontrados por unha mala calidade construtiva, que en todo caso será responsabilidade de quen recepcionou ás obras, Augas de Galicia.
- Exiximos unha auditoría multidisciplinar de EMAFESA.
Na mañá de hoxe, temos presentado por rexistro, no Concello de Ferrol unha solicitude para paralizar a realización do pleno convocado para o día 21 deste mes, ás 7 da tarde. A argumentación que presentamos no escrito está baseada no incumprimento da Lei de Procedemento Administrativo Común, no seu artigo 133 que di “Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, realizarase unha consulta pública, a través do portal web da Administración competente, na que se recabará a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma”.
Terceira cuestión:
Asemade, na mañá de hoxe temos presentado denuncia na fiscalía nos xulgados de Ferrol, contra a empresa EMAFESA e os responsábeis políticos, goberno de Xosé Manuel Rey Varela, que no ano 2014, permitiron que se cobrara unha taxa sen que se realizara o servizo correspondente, mentindo á cidadanía en canto se informaba nos medios de comunicación que a EDAR estaba depurando e a pleno rendemento.
Cuarta cuestión:
Na medida que esta Plataforma é coñecedora de que a empresa EMAFESA, ao longo destes anos enganou á cidadanía de Ferrol, temos acordado promover a constitución dunha Asociación de Afectados por EMAFESA, que intentará defender os intereses dos veciños e veciñas de Ferrol, que neste momento se encontra en indefensión contra esta empresa, dominada pola parte privada SOCAMEX, e cun Alcalde que pretende aumentar o volume de negocio da empresa EMAFESA coa EDAR, e inxectando capital tanto dos orzamentos municipais como co cobro dunha taxa, para rescatar a unha empresa totalmente opaca, que engana, minte e estafa, como ten demostrado até agora.
Ferrol, 17 de marzo de 2017
Asinado en representación da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces.
https://youtu.be/aPZGYwqUrYY
Documentación presentada:
Denuncia ante a Fiscalía de Área. | 17.03.2017 | Acceder/Baixar.
- Informe do Xefe de Sección de Facenda e Economía. | 09.09.2015 | Acceder/Baixar.
- Informe de Fiscalización nº 2017/0020, da Intervención Xeral. | Acceder/Baixar.
- Informe do Enxeñeiro Industrial de Urbanismo. "Carencia de Depuración das Augas Residuais que saen da Edar no Cabo Prioriño". | 27.08.2015 | Acceder/Baixar.
Escrito ao Alcalde solicitando a suspensión do Pleno no referente ao punto da Taxa da orde do día. | Acceder/Baixar.
A nova nos medios:
Unha plataforma de Ferrol levará a Anticorrupción o cobro da taxa de saneamento polo anterior goberno local. | Presenta tamén un escrito dirixido ao actual alcalde para que suspenda o pleno previsto para o vindeiro martes. | Galicia Confidencial. | Santiago de Compostela | 17/03/2017 | Actualizada ás 18:27 por Europa Press. | Ir á Web.
Os veciños elevarán a Anticorrupción o cobro indebido da taxa do auga. | Representantes da Plataforma pola Remunicipalización, que aposta polos servizos públicos, presentaron onte na Fiscalía de Ferrol unha denuncia por incumplimiento da prestación dun servizo, en relación ao cobro da taxa do auga que se levou a cabo cando quedou demostrado que a estación depuradora de Cabo Prioriño non realizada as súas funcións. | Diario de Ferrol. Redacción Ferrol 18 de Marzo de 2017 | Ir á Web.
A plataforma pola remunicipalización levará a Anticorrupción a taxa de saneamiento de Ferrol. | O colectivo pide que se suspenda o pleno do martes. | La Voz de Galicia. Rocío Pita Parada. Ferrol 17/03/2017 12:46 | Ir á Web.
A Plataforma pola remunicipalización leva ao xulgado a taxa de saneamiento. | Rebeca Collado - Ferrol | Ferrol360 - Venres 17 marzo 2017 | 13:23 . | A Plataforma pola remunicipalización presentou este venres unha denuncia ante a Fiscalía «polo cobro dá taxa ilegalmente durante meses sen prestar ou servizo», explicou o portavoz do colectivo, Alexandre Carrodeguas. | Ir á Web.
A Plataforma pola Remunicipalización presentou ante a Fiscalía unha denuncia para que investigue á parte privada de Emafesa. | Esta mañá a Plataforma pola Remunicipalización presentou nos xulgados de Ferrol unha denuncia ante a Fiscalía. No escrito reclaman que se investigue si hai delito por parte da parte privada de Emafesa, é dicir, Socamex, tras cobrar unha factura por un servizo que non prestou. Así mesmo, isto implicaría aos membros do goberno municipal de entre 2014 e 2015, por enganar á cidadanía con publicidade engañosa. Posto que se inaugurou unha depuradora que non depuraba, que non tiña persoal, nin fornezo de enerxía eléctrica. | Ferrol TV - 17 de marzo de 2017. | Ir á Web.
20170318 - AUGA. | Vecinos de Ferrol denuncian a la empresa de aguas por estafa. | Piden que también se investigue al gobierno de Rey por ese delito y falsedad documental // Llegarán a Anticorrupción. | El Correo Gallego - Patricia Hermida - Ferrol | 18.03.2017 | Ir á Web.
---