mércores, 24 de agosto de 2022

Saneamento e Depuración: Chamamento a participar no Pleno Municipal que se vai celebrar este xoves 25 de agosto, ás 10 da mañá na Casa do Concello de Ferrol



Chamamento a participar no Pleno Municipal que se vai celebrar este xoves 25 de agosto, ás 10 da mañá na Casa do Concello de Ferrol

✔ Asunto: Chamamento para acompañar á Plataforma na súa intervención no Pleno Municipal.
✔ Día: xoves 25 de agosto.
✔ Hora: ás 10 da mañá.
✔ Lugar: Salón de Plenos do Pazo Municipal do Concello de Ferrol.

QUEDAMOS ÁS 09:30HS POLA PARTE DE ATRÁS DO PAZO MUNICIPAL, NA RÚA MARÍA, POIS HAI QUE ENTRAR, POLAS PORTAS SITUADAS NESA RÚA, POR MOR DO PALCO INSTALADO PARA AS FESTAS..

O Goberno Municipal quere aprobar neste Pleno de finais de agosto, entre outros asuntos, tres de suma importancia, para deste xeito dar carpetazo á xestión do saneamento, sen que ninguén asuma responsabilidades e ocultar o mal goberno e a mala xestión en todo o referente ao sistema de saneamento e depuración que vimos padecendo, durante mais dunha década, confiando en que a veciñanza nos esquezamos do mal que xestionaron todo este asunto, tanto os diferentes gobernos municipais, como Socamex que é a parte privada que leva o temón e controla a xestión da Empresa Mixta de Augas de Ferrol e como Augas de Galicia (que a responsábel é a Xunta de Galicia).

Chama a atención que coa aprobación da 1ª Addenda ao Protocolo de Execución Concertada queiran eximir a EMAFESA de toda responsabilidade por non ter investido nin un só euro no saneamento do rural, investimento ao que estaba comprometido desde xuño de 2014, fai xa oito anos.

Asuntos que se van a tratar no Pleno:

- En primeiro lugar o goberno municipal do alcalde Ángel Mato, leva ao Pleno a proposta de aprobación das contas de EMAFESA dos exercicios 2016, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2021.

- En segundo lugar leva a proposta de aprobación da addenda 1ª ao Protocolo de Execución Concertada entre o Concello de Ferrol e EMAFESA para a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración.

- E en terceiro lugar, a proposta de aprobación das reclamacións ao Concello de Narón por débedas contraídas co Concello de Ferrol, en concepto de saneamento.

Agardando a túa participación, recibe un fraternal saúdo!

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

---