martes, 24 de setembro de 2019

O Alcalde de Ferrol Angel Mato, retira o punto de aprobación das contas de Emafesa (2016, 2017 e 2018) da orde do día do Pleno do vindeiro xoves 26 de setembro e responde afirmativamente á proposta do PP de abrir comisións para abordar asuntos "transcendentais" para o Concello, propoñendo en primeiro lugar unha mesa de diálogo de todos os grupos municipais para tratar o asunto Emafesa



O Alcalde de Ferrol Angel Mato, retira o punto de aprobación das contas de Emafesa (2016, 2017 e 2018) da orde do día do Pleno do vindeiro xoves 26 de setembro e responde afirmativamente, cun "rotundo Si" á proposta do PP de abrir comisións para abordar asuntos "transcendentais" para o Concello, propoñendo en primeiro lugar unha mesa de diálogo de todos os grupos municipais para tratar o asunto Emafesa

O Alcalde de Ferrol, Angel Mato, non incluíu as contas de Emafesa, na orde do día do Pleno Ordinario do vindeiro xoves, 26 de setembro, como así afirmara que ía facer, en declaracións públicas, logo da Comisión de Economía e Facenda (Especial de Contas), celebrada o pasado 10 deste mesmo mes. Comisión onde aprobaron as contas, cos votos a favor de FeC e o propio PSOE, o voto desfavorábel do BNG, e reserva de voto, para o Pleno, do PP.

Polo visto, despois desta Rolda de Prensa de hoxe (24 de setembro), parece ser que non tiña os votos suficientes para aproba-las. Mesmo o asunto de Emafesa, converte-se nun tema de importancia capital para o Concello.

O Alcalde utiliza a mesma terminoloxía que a Plataforma, ao falar de Mesa de Diálogo. Mais o Alcalde refire-se a unha mesa co resto dos grupos municipais, non coa Plataforma e as asociacións veciñais, como así requirimos.

O pasado mércores 18 de setembro, o mesmo día que fixemos a rolda de prensa solicitabamos unha nova xuntanza co Alcalde nos seguintes termos:

A PLATAFORMA

SOLICITA
,

Unha xuntanza co Alcalde Ferrol, para tratar entre outros asuntos:

1º A preocupación que nos causa a postura do grupo de goberno ante o proceso xudicial resultante do recurso de apelación, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), contra a Sentenza 62/2018 de data 25 de maio de 2018, ditada no procedemento PO 105/2016, no recurso contencioso-administrativo, interposto pola parte privada de Emafesa (Socamex SAU).

2º A solicitude dunha mesa de diálogo que aborde o problema dos 7,1 millón de euros que se está cobrando á veciñanza por un período onde non se daba a depuración.

3º A situación na que está a proposta de que Acuaes se fixera cargo do sistema de saneamento e depuración, mentres non se constituíra un ente supramunicipal, realizada polo alcalde de Ferrol e a Alcaldesa de Narón no verán do pasado ano 2018.

4º E outros asuntos formulados na xuntanza que mantivemos no 8 de agosto con membros do goberno municipal e que están sen resposta.

A Plataforma ten solicitado desde onte luns 23 de setembro, poder intervir no Pleno Ordinario que está previsto que se celebre, como mencionamos, o vindeiro xoves 26 de setembro, ás 7 da tarde, Pleno ao que convidamos a asistir á veciñanza interesada e en especial ás veciñas e veciños que forman parte das directivas das asociacións veciñais.

PLATAFORMA NA DEFENSA
DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

---