O 29 de maio de 2014, a maioría absoluta do Partido Popular impuña a aprobación polo Pleno municipal de Ferrol, do Convenio de Colaboración entre o Concello de Ferrol e Augas de Galicia, para a formalización da Encomenda de Xestión de Explotación, Mantemento e Conservación do Sistema de Saneamento e Depuración do Concello de Ferrol, coa oposición do BNG, Esquerda Unida e PSOE. Agora case tres anos despois e unhas eleccións municipais polo medio que puxeron a Jorge Suárez (Ferrol en Común), na Alcaldía cos votos do seu propio grupo e os dos grupos municipais do PSOE e BNG; un Pacto do Goberno Municipal de Ferrol en Común co Partido Popular, aproban o mesmo Convenio de Colaboración para limpar as irresponsabilidades e desmáns de Augas de Galicia (empresa da Xunta) e privatizar a xestión do sistema de depuración, entregando-llo á cuestionada Emafesa. A continuación presentamos o vídeo completo da sesión de hoxe.
https://youtu.be/GkeJibI8HrY
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Afectadas por Emafesa (Asociación promovida pola Plataforma)
afetadasporemafesa@gmail.com | https://afectadasporemafesa.blogspot.com.es/
---