xoves, 28 de novembro de 2019
Xuntanza coa Executiva do PSOE de Ferrol, para intercambiar a análise da situación despois da Sentenza do TSXG
Onte mércores, 27 de novembro, mantivemos unha xuntanza coa Executiva do PSOE de Ferrol, para intercambiar a análise da situación despois da Sentenza do TSXG. Veñen coincidir coa Plataforma, na necesidade de paralizar o cobro da taxa polo período no que non se prestou o servizo. Ademais de insistir na necesidade de derogar a taxa... Din que seguen mantendo o mesmo que formularon no verán de 2015, porque ademais se comprometeron coa veciñanza en numerosas asembleas de barrio. E por último que non están de acordo coa postura do Alcalde e consideran que hai que recorrer a Sentenza, mais que consideran que o recurso que se interpuxo non está ben formulado. Consideran que hai un conflito de intereses e que o bufete que leva o recurso forma parte da UTE con Lama&Asociados (UTE concesionaria da asesoría externa do Concello), mais que tamén Lama&Asociados é a asesoría de Emafesa. E esta, a súa vez, está xestionada ao 100℅, pola súa parte privada (Socamex) quen foi a que demandou ao Concello. Que así llo van facer saber ao grupo municipal de goberno. E farán un pronunciamento público.
---