venres, 12 de outubro de 2018

A Plataforma continua activando 'barrio por barrio' camiño do xoves 18 de outubro, día que terá lugar a manifestación contra os abusos de Emafesa, para informar e que se tome conciencia da necesidade de loitar contra a inxustiza e o latrocinio "legal"



A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, continua activando 'barrio por barrio' camiño do 18 de outubro, día que terá lugar a manifestación contra os abusos de Emafesa no recibo da auga, no saneamento e na depuración. Un abuso que beneficia á parte privada, SOCAMEX, que conta coa complicidade do Alcalde, Jorge Suárez e o seu grupo de Goberno.

A práctica da empresa EMAFESA (lecturas estimadas abusivas, cobro de saneamento avultado e con dupla imposición, taxa de depuración inxusta, aplicación de lecturas liñeias a barrios enteiros...) deixan ao descuberto as falsidades e necidade, dun Alcalde que se presentou como activista pola recuperación dos servizos públicos, e acabou tramposo e ineficaz. Esa práctica de EMAFESA, deixa ao descuberto tamén as responsabilidades do iniciador desta estafa á veciñanza de Ferrol, o candidato José Manuel Rey Varela.

Frente a todo isto, a Plataforma imos continuar coa nosa campaña 'barrio por barrio' en contacto coa veciñanza, para informar e que se tome conciencia da necesidade de loitar contra a inxustiza e o latrocinio "legal". É por iso que imos seguir coa proxección do documentario "Trileros del Agua", do xornalista Ricardo Gamaza e a súa equipa realizado por Ecoperiodismo, un traballo de investigación que é necesario ver, para coñecer a realidade de como nos rouban e nos enganan as grandes corporación multinacionais coa complicidade de algúns gobernos locais.

⭐ Este sábado 13 de outubro, pola tarde ás 20:30hs, a cita é en Esteiro, no local social da Fundaçom Artábria, na Travesa de Batalhóns, nº7, onde proxectaremos o documentario "Trileros del Agua" e realizaremos un coloquio coa veciñanza.

⭐ O luns 15 de outubro, estaremos coa mesa-info, diante da Casa do Concello, pola mañá, de 10:30 a 13:00hs, para seguir recollendo sinaturas e falando coa veciñanza, nun intercambio de información e análise.

⭐ O martes 16 de outubro, (Rolda de prensa, mesa-info e proxeccións):

✩ Pola mañá estaremos en Canido, coa mesa-info, de 09:30 a 11:30hs, para seguir recollendo sinaturas e falando coa veciñanza.

✩ Ás 12 do mediodía, entrega de sinaturas coas demandas veciñais, no rexistro do Concello e posterior Rolda de Prensa.

Pola tarde ás 7, estaremos en Canido, no Centro Cívico, na rúa Poeta Pérez Parallé, proxectaremos o documentario "Trileros del Agua" e realizaremos un coloquio coa veciñanza.

✩ E o mesmo martes 16 de outubro, mais ás 7 da tarde, no local social da asociación veciñal San Salvador de Serantes (Fronte á Escola Universitaria Politécnica), proxectaremos o documentario "Trileros del Agua".

⭐ O mércores 17 de outubro, diante do edificio de Correos, na Praza de Galicia, coa mesa-info, de 10:30 a 13:00hs, para seguir recollendo sinaturas e falando coa veciñanza.

⭐ E o xoves 18 de outubro, Manifestación en Ferrol a favor do Saneamento e contra a Estafa do recibo da auga que sairá, ás 7 da tarde, da Praza Amada Garcia (Diante do Edificio da Xunta de Galicia) e rematará na rúa María pola parte traseira da Casa do Concello.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/289769481750629/

SANEAMENTO SI,
ESTAFA NON !!!

---