sábado, 29 de xuño de 2019

Alta participación veciñal no terceiro acto informativo, sobre o recibo da depuración, celebrado na Praza do Inferniño - A Plataforma reitera o chamamento á veciñanza de Ferrol, para o non pago do recibo da fraude


Celebrou-se, cunha alta participación da veciñanza, o terceiro acto informativo da Plataforma, sobre o recibo da depuración das augas residuais.

A indignación aumenta entre as veciñas e veciños de Ferrol, desta vez foi no barrio do Inferniño, ante a constatación de que se está cometendo unha fraude que non deixa de confirmar-se. Non se pode pagar por un servizo que non se prestaba.

Os servizos hai que paga-los, e máis un saneamento e unha depuración tan importantes para Ferrol, non só pola recuperación para o medio das augas residuais, depurándoas e a protección do medio ambiente, senón porque a Ría o necesitaba e as consecuencias do non vertido á Ría, son notorias e xa as gozamos. Mais outra cousa é a fraude que se quere cometer co paso a cobro dun recibo por un período no que non se depuraba, pois non se prestaba o servizo. Emafesa non pode cobrar por unha depuración que non realizou. Como se xustifica que coa mesma depuradora supramunicipal, o mesmo sistema de saneamento, os mesmos interceptores, colectores e tanques de tormenta, a mesma data de conexión ao sistema (4 de abril de 2017) a veciñanza de Ferrol teña que pagar 31 meses máis de "depuración de augas residuais" que a de Narón.

O recibo que non hai que pagar:

Para comproba-lo só hai que mirar, na parte central do recibo onde sobre unha franxa negra, con letras brancas di:

FACTURACIÓN SERVIZO DEPURACIÓN.

É un recibo único con dous conceptos: Depuración Cota Servizo e Depuración Cotas Variable por Consumo.

Documentos de interese:

⏩ Folla Informativa de Emafesa que achega co Recibo. | Acceder/Baixar.

⏩ Recibo que está enviado Emafesa para pasar ao cobro. | Acceder/Baixar.

Ferrol, a 29 de xuño de 2019

--