venres, 21 de xuño de 2019

A Plataforma solicita unha entrevista co Alcalde de Ferrol, Angel Mato e convoca unha serie de Actos Informativos por diferentes barrios do Concello - Considera que non se debe pasar a cobro os recibos da Depuración por un período no que non se realizaba o feito impoñíbel, dado que non se depuraba



A Plataforma solicita unha entrevista co Alcalde de Ferrol, Angel Mato e convoca unha serie de Actos Informativos por diferentes barrios do Concello.


Considera que non se debe pasar a cobro os recibos da Depuración por un período no que non se realizaba o feito impoñíbel, dado que non se depuraba.

A Plataforma entregou hoxe pola mañá, no rexistro do Concello de Ferrol, unha solicitude de reunión co Alcalde electo,[1] o pasado 15 de xuño (cos votos do seu propio partido PSdeG-PSOE, FeC e BNG), no pleno de constitución da corporación municipal, resultado das pasadas eleccións locais do 26M, Angel Mato, co obxectivo de abordar a situación, en referencia aos recibos de Emafesa que está pasando a cobro en concepto de atrasos de "Depuración de augas residuais" e que pensa seguir pasando até febreiro de 2021. Por un período que vai desde o 1 de xaneiro de 2015 até o 31 de marzo de 2017. Un período onde aínda non se comezara a depurar dado que o 98,5% do caudal previsto seguía vertendo-se á Ría, dado que os interceptores non estaban enganchados, nin rematadas as obras. Conexión que se comezou a producir progresivamente desde o 4 de abril de 2017, até o 14 de xuño do mesmo ano, onde a Comisión de Seguimento das obras "Interceptores xenerais da marxe dereita da Ría de Ferrol",[2] en reunión ordinaria, analizaba o avance da posta en marcha do novo sistema de saneamento, certificando, nesa data, que o 97% das augas residuais xa eran bombeadas á Depuradora de cabo Prioriño. Quedando unicamente pendente a conexión do último tramo do rio Inxerto que sería enganchado meses máis tarde. Por outra banda entregamos a Táboa Reivindicativa,[3] como entrante dos asuntos pendentes en referencia aos servizos públicos, mais na xuntanza que teñamos xa faremos chegar un dossier completo das reivindicacións veciñais coa correspondente argumentación e documentación.

Por último dicir que esta Plataforma ten convocados tres actos informativos que se desenvolverán na vindeira semana, deste mes de xuño, nos barrios de Caranza (mércores 26), Canido (xoves 27) e o Inferniño (venres 28).[4]

Ferrol, a 21 de xuño de 2019

Notas.-

[1] Escrito de Solicitude de Xuntanza ao Alcalde de Ferrol.
[ https://drive.google.com/file/d/1MK8JxKYycD-BY6PRuo-2Zv_VPW-DrO6k/view?usp=sharing ]

[2] A posta en funcionamento dos "Interceptores xerais da marxe dereita da Ría de Ferrol", que executa o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente a través da sociedade estatal Acuaes, permitiu que o 97% do caudal das augas residuais que se xeran en Ferrol e Narón sexa enviado cara á Estación de Bombeo da Malata - 14 de xuño de 2017.
[ https://www.acuaes.com/sala-de-prensa/notas-de-prensa/el-97-por-ciento-del-caudal-de-aguas-residuales-de-ferrol-y-naron-ya ]

[3] Táboa Reivindicativa da Plataforma.
[ https://drive.google.com/file/d/1SP0Xksget-OksJVhzOVoSNW1H_rULCTU/view?usp=sharing ]

[4] Calendario de Actos Informativos.
[ https://drive.google.com/file/d/1cgqf_tbhZao11I70LyM8LDZfcGk1lVE5/view?usp=sharing ]

Foto: Estación depuradora de aguas residuais de Cabo Prioriño (Ferrol). | Ir á Web.
---