Pasadas as 7 da tarde deste xoves 18 de outubro, comezaba a manifestación que a Plataforma convocou, con saída da Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Ao berro de "Saneamento Si, Estafa Non !!", sobre unha cincocentas persoas comezaban a marcha que transcorreu por varias rúas de Ferrol até chegar á parte traseira da Casa do Concello na rúa María, onde interviron Alexandre Carrodeguas e Lupe Ces como membros da Plataforma. Perante a marcha foron-se enumerando as reivindicacións contra os abusos de Emafesa e a complicidade do goberno de Jorge Suárez que continuou mantendo a estafa iniciada polo seu predecesor José Manuel Rey Varela.
Con anterioridade o pasado martes 16 de outubro entregaba-se, no rexistro do Concello, unha carta dirixida ao Alcalde coas demandas veciñais asinada por 2.267 persoas. Como cumio dun proceso de información e contacto coa veciñanza nun período dun mes con numerosos actos nos diferentes barrios do Concello, tanto foron mesas-info como na última semana complementado coa proxección do documentario "Trileros del Agua", de Ricardo Gamaza, un moi importante traballo de xornalismo de investigación.
Vídeos coas intervencións de Alexandre Carrodeguas e Lupe Ces
Intervención de Alexandre
https://youtu.be/PvkEJ4Ur6-A
Intervención de Lupe -1 de 2-
https://youtu.be/oShANNOpAWs
Intervención de Lupe -2 de 2-
https://youtu.be/PvkEJ4Ur6-A
Galería Fotográfica de vari@s persoas. | Acceder/Baixar.
A manifestación segundo os medios:
Auga - 2018.10.19 | Diario de Ferrol | Os veciños saen á rúa polos "abusos" na xestión da auga. | Redacción Ferrol | 19 de Outubro de 2018. | Os manifestantes concluíron a marcha na parte traseira do Concello | En torno a 500 persoas saíron onte á rúa, convocadas pola Plataforma en Defensa dúas Servizos Públicos, contra a "estafa" e o "saqueo" aos que somete a Empresa Mixta de Augas "Emafesa" aos cidadáns. | Ir á Web.
Auga - 2018.10.19 | La Voz de Galicia | Centos de ferrolanos contra Emafesa. | A Plataforma pola remunicipalización clama polas rúas de Ferrol contra as «prácticas fraudulentas» da empresa mixta e a xestión do goberno local. | Ir á Web.
Auga - 2018.10.18 | Galici@Press | Unhas 500 persoas maniféstanse en Ferrol para demandar que a empresa mixta de augas os deixe de "estafar e saquear". | Os veciños critican a inacción do goberno de Jorge Suárez e a imposición dos criterios desde a parte privada. | Europa Press | xoves, 18 de outubro de 2018, 20:36 | Ir á Web.
Auga - 2018.10.18 | TV de Ferrol | A manifestación da Plataforma, do 18 de outubro de 2018, contra os abusos de Emafesa e a complicidade do goberno de Jorge Suarez que continuou mantendo a estafa iniciada polo seu predecesor José Manuel Rei Varela, nos Informativos de TV Ferrol. | Abrir Vídeo.
Foto de Jacobo Ameneiro. | Inicio da manifestación na Praza Amada Garcia.
---