mércores, 17 de outubro de 2018

A Plataforma presentou no rexistro do Concello as demandas veciñais sobre o servizo da auga, saneamento e depuración, asinada por 2.267 persoas, posteriormente realizou unha Rolda de Prensa para convocar a manifestación do 18 de outubro contra os abusos de Emafesa e a complicidade do goberno municipal continuador da estafa iniciada polo anterior goberno de Rei Varela - A rolda de prensa e a convocatoria do 18 de outubro, segundo algúns medios



O pasado martes 16 de outubro ao mediodía, a Plataforma presentaba no rexistro do Concello de Ferrol as sinaturas que veu recollendo perante estes días nos actos que veu realizando nos diferentes barrios da cidade, coas demandas veciñais en referencia ao recibo da auga, o saneamento e a depuración, con posterioridade realizou unha Rolda de Prensa, onde se chamou á veciñanza de Ferrol a participar na manifestacións deste 18 de outubro, deu-se conta da entrega da Carta coas demandas veciñais respecto ao servizo da auga, saneamento e depuración, asinadas por 2.267 veciñas e veciños.

CARTA COAS DEMANDAS VECIÑAIS QUE SE VAI PRESENTAR NO REXISTRO DO CONCELLO

Á atención do Sr. Alcalde Presidente do Concello de Ferrol

Ás persoas abaixo asinantes, todas veciñas de Ferrol, ante a carta remitida pola empresa EMAFESA e as distintas irregularidades que se seguen cometendo en relación ao servizo de auga e saneamento, SOLICITAN

1º Que abra un expediente administrativo á empresa mixta de augas pola mala práctica de emitir masivamente facturas por lecturas estimadas (non reais), polo consumo de auga, moi por riba do permitido na normativa en vigor, presuntamente para financiarse dun xeito irregular.

2º Que non aplique o cobro da taxa de depuración con efecto retroactivo, pois non é conforme ao aprobado no Pleno de 15 de novembro de 2017. E menos, unha taxa que se recoñece inxusta e avultada por todos os grupos municipais e os informes de EUDITA e OTIMA, que debe ser re-calculada dun xeito explicado, participado e transparente. Como tamén debe ser revisada e adaptada a taxa de saneamento aos custos reais, moito menos que os 1,8 millóns que pagamos.

3º Que se devolvan os 800.000 euros cobrados indebidamente en 2015, durante o goberno de J. M. Rey Varela, por un servizo de depuración que non se realizaba.

4º Que se realice dunha vez, a tantas veces anunciada auditoría integral sobre a xestión da empresa EMAFESA.

5º Que se devolvan as infraestruturas do sistema de depuración a Augas de Galicia, mentres non podan ser asumidas por un ente supramunicipal, onde entre o concello de Narón.

Agardando unha resposta positiva que ampare á cidadanía de Ferrol ante estes abusos, asinan este escrito en Ferrol, no mes de setembro de 2018.
---

SANEAMENTO SI,
ESTAFA NON !!!

A rolda de prensa e a convocatoria do 18 de outubro, segundo algúns medios:

Auga - 2018.10.16 | FERROL360 | A Plataforma pola remunicipalización entrega 2.238 firmas en contra da xestión do saneamento. | Martes 16 outubro 2018 - 17:48.| A Plataforma pola remunicipalización dúas servizos de Ferrol entregou este martes no Rexistro do Concello 2.238 firmas reclamando unha xestión distinta do sistema de saneamento na cidade. Unha entrega de firmas que se enmarca dentro a campaña de mobilización do colectivo que realizará unha manifestación este xoves ás 19.00 desde o edificio administrativo da Xunta en Ferrol. | Ir á Web.

Auga - 2018.10.16 | Galicia Ártabra Digital. | Convocan aos veciños de Ferrol a mobilizarse este xoves para "paralizar os abusos" da taxa de saneamento. | O portavoz da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos de Ferrol, Alexandre Carrodeguas, realizou "un chamamento a todos os veciños" da localidade para que acudan á mobilización convocada o vindeiro xoves, 18 de outubro, ás 19 horas,na praza de España, desde onde partirán en manifestación "para paralizar os abusos que se están cometendo en canto á xestión do saneamento en Ferrol". | Ir á Web.

Auga - 2018.10.16 | Galici@Press. | Convocan aos veciños de Ferrol a mobilizarse o xoves para "paralizar os abusos" da taxa de saneamiento. | O portavoz da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos de Ferrol, Alexandre Carrodeguas, realizou "un chamamento a todos os veciños" da localidade para que acudan á movilización convocada este xoves, 18 de outubro, na praza de España, desde onde partirán en manifestación "para paralizar os abusos que se están cometendo en canto á xestión do saneamiento en Ferrol". | Ir á Web.

Auga - 2018.10.16 | Televisión de Ferrol. | Entrega de firmas contra a taxa de saneamiento. | A Plataforma na Defensa dúas Servizos públicos pola remunicipalización presentou hoxe no rexistro do Concello 2238 firmas contra a taxa de saneamiento, un acto previo á manifestación que preparan para este xoves.| Ir á Web.

Auga - 2018.10.16 | La Voz de Galicia. | A Plataforma presenta as firmas contra a taxa de saneamiento. | O PSOE apoia as demandas do colectivo. | Ir á Web.

Auga - 2018.10.17 - Diario de Ferrol. | Entregan máis de 2.000 firmas no Concello contra a xestión do auga. | Coa entrega de 2.238 firmas no rexistro municipal do Concello, os representantes da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, avalan unha serie de demandas que onte presentaron dirixidas ao alcalde, Jorge Suárez.  | Ir á Web.

Auga - 2018.10.18 | La Voz de Galicia. | Marea de Ferrol e BNG súmanse á manifestación contra a taxa. | A mobilización polas rúas de Ferrol terá lugar esta tarde. | Ir á Web.

Foto de Cesar Toimil | Abril de 2018 a veciñanza asinando recursos contra o recibo
___________