domingo, 26 de xaneiro de 2020

A Plataforma comeza a campaña de difusión do Recurso contra o pago da 'Taxa de Depuración das Augas Residuais' do período onde non se prestaba o servizo, a través das redes sociais e de mesas informativas que se instalaran nos barrios do Ensanche, Caranza, Inferniño, Recimil e a Madalena



Emafesa está remitindo aos fogares o segundo recibo da "Taxa de Depuración de Augas Residuais" dun período onde non se prestaba o servizo, ademais de ser discriminatorio con outra parte da veciñanza de Ferrol e de Narón. O sistema de depuración beneficia a toda a veciñanza por igual, sexa de Ferrol, de Narón e nun futuro a de Neda, pola que todas e todos debemos de contribuír por igual.

A Plataforma comezou este venres unha campaña onde chama a non pagar este recibo da depuración, do período onde non se prestaba o servizo, foron moitos os recursos feitos, mesmo veciñas e veciños levaron para facer fotocopias e difundir na súa contorna e comunidades.

Este é o calendario de mesas informativas para a semana que entra:

💧Luns 27, no Ensanche, volvemos á Praza da Ilustración, nas inmediacións de Emafesa.
💧Martes 28, en Caranza, diante do Centro Cívico.
💧Mércores 29, no Inferniño, perto da Farmacia.
💧Xoves 30, en Recimil, diante do edificio da Xunta.
💧Venres 31, na Madalena, na rúa María, detrás do Concello.

Todos os días desde as 10:30 a 12:30 horas.

A Plataforma vai desenvolver unha actividade durante estes días que xa comezou este venres 24 de xaneiro na Praza da Ilustración, nas inmediacións de Emafesa, lugar onde volverá este luns, ademais de difundir nas redes sociais a campaña e o texto do Recurso que se deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello, ao mesmo tempo que non se fai efectivo o recibo e mesmo se este está domiciliado, notificar ao banco a decisión de non pagar ou pedir a súa devolución, tamén se pode facer a través da banca online, para o cal a Lei prevé que hai 8 semanas de prazo, para notificar á entidade bancaria esa vontade de devolución (Artigos 48 e 49 do Real Decreto-lei 19/2018, de servizos de pago e outras medidas urxentes en materia financeira).

Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA
DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

---