Entrega de Recursos contra o levantamento da suspensión da Taxa 15 de decembro de 2017 -Foto de Daniel Alexandre. |
O vindeiro xoves 15 de febreiro, ás 11:30hs, como xa tiñamos anunciado, procederemos a unha Entrega Colectiva do Recurso de Reposición contra o recibo pola Depuración emitido por Emafesa, o pasado 13 de xaneiro deste ano 2018. Con toda probabilidade tomaremos a palabra na continuación do Pleno que quedou pendente do último xoves de mes que está previsto que se celebre pola mañá do venres día 16 de febreiro que vai ter lugar desde as 9 da mañá.
Entregaremos o Recurso no rexistro do Concello de Ferrol, mais tamén repartiremos fotocopia do modelo do mesmo, para quen queira presentar o Recurso ese mesmo día pola mañá, desde as 10:30 hs e mesa informativa.
Achegamos en ficheiro anexo, formato pdf, 4 páxinas. o modelo de Recurso de Reposición contra o recibo pola Depuración emitido por Emafesa, o 13 de xaneiro deste ano 2018, e que se está cobrando estes días.
Desde a Plataforma elaboramos este modelo para que a veciñanza poda exercer os seus dereitos.
Este mércores 14 de febreiro, continuaremos coas mesas informativas, desta vez diante do Mercado de Caranza, pola mañá desde as 11:30hs, na cal temos pensado repartir copias do Modelo de Recurso.
Presentamos este Recurso porque ...
- O marco legal polo que se pasa a cobro esta factura que se recorre, é irregular...
- O prezo fixado na factura pola que se presentan estas alegacións, está avultado...
- O cálculo de consumo eléctrico que fai Emafesa está aumentado, así como os caudais a depurar...
- Hai unha diferencia de 177.474 euros entre as previsións de Emafesa do custe da xestión dos interceptores e tanques e o real polo que se licitou...
- Ten un custo superior aos custos do servizo porque inclúe o saneamento rural, até agora inexistente, e parte do custe dos interceptores e tanques, declarados obras de interese xeral...
- O 55,5% dos caudais que temos que bombear e depurar, é a auga procedente da chuvia...
- Fica claro que este acto administrativo, e a norma (ordenanza fiscal) que o sustenta, son totalmente contrarios a dereito e, polo tanto, deben declararse nulos todos os recibos confeccionados e pasados a cobro por Emafesa...
- O Concello de Ferrol emitiu o recibo e mesmo o cobrou sen ter publicado o edicto de exposición pública do preceptivo padrón...
- Falta o preceptivo informe ou memoria económico-financeira...
- Non se resolveron os case 200 recursos presentados contra o levantamento da suspensión da mencionada Ordenanza de 2014...
- Non se devolveu o importe da factura que se cobrou indebidamente en 2015...
Polo que se solicita que o Concello de Ferrol declare a nulidade da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por depuración... A anulación do recibo emitido por Emafesa... E a suspensión cautelar do pagamento da factura emitida por Emafesa en tanto se resolva este recurso...
Recurso de Reposición en formato pdf, 4 páxinas. | Acceder/Baixar.
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
______