venres, 14 de setembro de 2018

Saneamento Si, Estafa Non - A Plataforma deu unha rolda de prensa na Casa do Concello de Ferrol despois da publicación no BOP das liquidacións de 27 meses de taxa de depuración, presentados por Emafesa e ratificados polo Goberno Municipal, por un período onde non estaba aínda en funcionamento o sistema de saneamento e depuración - Continuara-se coa campaña de achegamento á veciñanza barrio por barrio, durante este mes de setembro e a primeira quincena de outubro e realizara-se unha manifestación o 18 de outubro por un recibo da auga xusto, contra o saqueo á veciñanza e polo rescate para o público do servizo hoxe en mans dunha multinacional privada


"... a veciñanza non pode asumir unha taxa de saneamento inxusta e avultada, nun período de cobro, de xeito retroactivo dun servizo que non se deu ..."

"... unha vez máis enganar aos veciños, logrando sacar máis de 5,5 millóns de euros dos nosos petos para sanear unhas contas que ninguén se dedicou a fiscalizar ..."

"... Estamos ante un punto de inflexión que esta cidade non pode asumir ...",

"... convocaremos unha protesta o próximo 18 de outubro, cunha gran mobilización pola defensa da xestión pública da auga, contra A estafa e o saqueo..."

SANEAMENTO SI, ESTAFA NON

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, deu unha Rolda de Prensa, este xoves 13 de setembro de 2018, na Casa do Concello de Ferrol, para dar a coñecer a posición desta Plataforma, despois dos últimos acontecementos coa publicación no BOP, o pasado 10 deste mes de setembro, do edito coa resolución do alcalde Jorge Suárez, con data 20 de agosto de 2018, onde se dá conta da aprobación das liquidacións comprendidas nos padróns de contribuíntes, presentados por EMAFESA (empresa mixta de augas de xestión privada), polo servizo de “Depuración de augas residuais”, que inclúen os recibos correspondentes aos períodos dende o 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de marzo de 2017 (27 meses), o que supón o cobro á veciñanza de 6.162.899,79 euros (IVA incluído), período onde non se daba o feito impoñíbel, dado que foi o 3 de abril de 2017 cando se puxo a funcionar o proceso de depuración coa maioría dos interceptores conectados, facendo con esta resolución todo o contrario do dito en 28 de maio deste mesmo ano, como en innumerábeis ocasión anteriores, e mesmo no programa de goberno [1].

A Rolda de Prensa nos medios:

Auga - 2018.09.13 - Galici@Press| Convocan en Ferrol unha mobilización para rexeitar o cobro con carácter retroactivo da taxa de saneamento. | Europa Press | xoves, 13 de setembro de 2018, 18:22. | A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos insta a Jorge Suárez a dimitir por tomar esta decisión. | O portavoz da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos de Ferrol, Alexandre Carrodeguas, mostrou a súa oposición á decisión do goberno de Jorge Suárez de "intentar pasar ao cobro a taxa do servizo de depuración con carácter retroactivo". |  Ir á Web.

Auga - 2018.09.14 - Diario de Ferrol | Chaman a unha manifestación masiva polos "saqueos" do saneamento. | O cobro, anunciado no BOP, da taxa de saneamiento desde xaneiro do ano 2015, a partir do próximo mes de xuño supón, para a Plataforma en defensa dúas servizos públicos e pola remunicipalización un punto de inflexión e algo que a cidadanía "non pode asumir". | Ir á Web.

Auga - 2018.09.14 - La Voz de Galicia. | A Plataforma denuncia a falta de fiscalización da empresa. | Acusa ao alcalde de inacción ante "unha cara máis da mafia da agua e o saneamento no Estado español". | "Non se pode nin pensar que poidan sair dos noso petos máis de cinco millóns de euros para sanear unhas contan que ninguén fiscalizou". Así o apuntó onte Lupe Ces nun acto da Plataforma pola Remunicipalización na entrada do consistorio ferrolano, no que se recriminou ao alcalde, Jorge Suárez, a súa inacción ante a que cualificaron de "unha cara máis da mafia da auga e do saneamento no Estado español". | Ir á Web.


---

Documentos anexos da campaña informando aá veciñanza barrio por barrio:

Modelo de impreso para recoller sinaturas. | Acceder/Baixar.

Modelo de cartaz para as convocatorias, | Acceder/Baixar.

Folla Informativa. | Acceder/Baixar.

Comparecencia da Plataforma na Solicitude de apertura de expediente administrativo a Emafesa por presuntas irregularidades na facturación con lecturas estimadas irregulares. | Rexistrado o 27 de xuño de 2018 | Acceder/Baixar.
--

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com |  https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

#Emafesa

_______