A nova proposta de taxa de depuración: Unha burla á veciñanza de Ferrol
O goberno municipal do Alcalde Jorge Suarez, xa recibiu a proposta de tarifas elaborada pola empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa, xestionada ao 100% pola súa parte privada Socamex), para a aprobación da prometida e axustada, nova "Taxa de depuración e interceptación das augas residuais de Ferrol". Mais a sorpresa ven cando as tarifas propostas por Emafesa apenas supoñen unha variación co respecto ás que na actualidade están en vigor. Mais peor aínda, pois supoñen un incremento ao respecto das propostas por a mesma Emafesa logo dun axuste no informe presentado en Novembro de 2016 que foi a base pola que se elaborou outra taxa posterior, proposta en diferentes Plenos en febreiro do ano 2017, polo grupo de goberno de Ferrol en Común e as dúas non adscritas, baixo a denominación “Estudio de Costes Justificativos y Tarifas de Saneamiento en Alta y Depuración del Concello de Ferrol", onde o prezo por m3, na cota variábel, nas mesmas condicións medias elaborado para a Taxa de 2014, é inferior, o mesmo para a cota fixa do servizo (Ver Cadro comparativo).
Concepto
|
Cota
Servizo por mes
ou Cota Fixa Xeral por mes |
Prezo
m3
por mes |
Exemplo
Recibo Bimensual, cun consumo de 20 m3 (Sen o 10% de IVA).
|
Ordenanza
Fiscal nº17
Taxa 2014 en Vigor |
2,52
|
0,3826
|
12,692
|
Informe
Estudo Emafesa de novembro 2016, para nova taxa proposta polo
goberno municipal de Ferrol en Común e non
adscritas, nos Plenos de 13 e 22 de febreiro de 2017.
|
2,30
|
0,3486
|
11,572
|
Coeficiente
de Vertedura de Augas de Galicia 2018 - En vigor.
|
1,54
|
0,2900
|
8,880
|
Novas
tarifas presentadas por Emafesa, estes días de setembro
de 2018, para unha nova Taxa.
|
2,33
|
0,3530
|
11,720
|
Elaborado
pola Plataforma.
|
1,42
|
0,18
|
6,440
|
A grande maioría das análise feitas do sistema de saneamento imposto, entre elas a redacción do PXOM de Ferrol e no EDUSI, os dous documentos máis importantes da planificación urbanística, coinciden en que o sistema de saneamento imposto é moi caro por ser unitario, sen separar as augas pluviais das fecais que implica un volume moi elevado de augas residuais a depurar e polo alto custe en consumo enerxético, non só da depuradora, senón do sistema de impulsión da Malata e sumado aos numerosos tanques de tormenta. Mais o máis custoso é ter unha empresa mixta que nos cautiva e se aproveita do seu poder dominante e duns estatutos, xunto ao prego de condicións que lle dan poder absoluto na xestión do servizo e un goberno municipal que non cumpre a súa función fiscalizadora e leva realizando un moi mal goberno no referente a auga e saneamento, deitando pola borda a oportunidade que tiñamos para cambiar as cousas.
A Plataforma fará todo o posíbel para impedir a imposición desa nova taxa inxusta e continuara na súa campaña de "barrio por barrio", para informar e concienciar á veciñanzas dos seus dereitos e que reclame unha taxa xusta, explicada e participada, e a revisión participada do Recibo da Auga en todos os seus conceptos.
Seguimos mantendo a manifestación do 18 de outubro, a favor do Saneamento e contra a Estafa que sairá, ás 7 da tarde, da Praza Amada Garcia (Diante do Edificio da Xunta de Galicia) e rematará na rúa María pola parte traseira da casa do Concello.
SANEAMENTO SI,
ESTAFA NON !!!
---