sábado, 26 de maio de 2018
A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, despois de ter unha xuntanza de análise, convocou unha Rolda de Prensa, que tivo lugar o 25 de maio, para dar a coñecer a situación da Denúncia presentada no seu día contra Emafesa e o Alcalde como Presidente do Concello de Ferrol - Auto do Xulgado de Instrución Nº2 - Facturas - Escritos ao Alcalde
A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, despois de ter unha xuntanza de análise, convocou unha Rolda de Prensa, que tivo lugar o pasado 25 de maio, para dar a coñecer a situación da Denúncia presentada no seu día contra Emafesa e o Alcalde como Presidente do Concello de Ferrol. Por outra banda denunciou o cobro masivo de facturas calculadas en base a unhas estimacións de consumo irregulares. Denunciou a falta de resposta ás reiteradas solicitudes de reunión cos responsábeis do goberno municipal, para contribuír, pola súa banda, no cálculo dunha "Taxa xusta". E por último amosou a súa preocupación pola falta de interese e inacción por parte da maioría das directivas das asociacións veciñais, en asuntos que afectan tan directamente á veciñanza, pois son máis de 35.000 vivendas usuarias do servizo da auga, das cales a máis de 30.000 se lles está aplicando unha nova taxa de depuración, avultada, sen explicar, nin xustificar. Por parte dun goberno que se comprometeu coa participación cidadán e a transparencia. Que se comprometeu con unha taxa xusta e participada. E que se comprometeu a unha Audiencia Pública e a iniciar o proceso de remunicipalización.
Posteriormente entregaron-se polo rexistro xeral do Concello o Relatorio da Plataforma que fai unha "Valoración dos estudos coñecidos sobre a taxa de saneamento", onde analizamos os informes que sobre a mesma encargaron os concellos de Ferrol e Narón que están elaborados até o de agora, por Eudita, Otima, Audigal, Emafesa e os da propia Plataforma. Ao temo que con esta entrega reiteraba-se a solicitude da entrevista co Alcalde, pendente desde novembro do pasado ano 2017, onde manifestabamos a nosa petición de participar na elaboración da "Taxa Xusta". Por outra banda tamén entregabamos unha instancia onde denunciabamos unha práctica irregular de Emafesa que consiste en emitir facturación masiva con lecturas estimadas moi por encima do permitido polas ordenanzas municipais e o propio regulamento da auga. Achegando con esta instancia un exemplo do que está pasando unha lectura estimada de 40m3, cando nos dous bimestres anteriores as lecturas reais son de 25 e 24 m3, polo que a media serían 24,5m3, nunca os 40, sendo a diferencia na factura final, calculando a lectura estimada que permite a normativa sería de 25m3, de 50,05 euros, e a que cobra Emafesa cunha lectura estima irregular de 40m3, de 86,79 euros, unha diferencia de 36,74 euros que cobra Emafesa a maiores. Se fai isto con uns cantos miles de fogares abonados, a cifra non é anedóctica, podemos estar falando dunha infracción moi grave. É por iso polo que solicitamos ao Concello que abra un Expediente Informativo a Emafesa por estes feitos.
Auto Xulgado.-
Auto do Xulgado de Instrución Nº2 de Ferrol. | Auto do 4 de abril de 2018, recibido o 23 de maio de 2018. | Acceder/Baixar.
Escritos ao Alcalde.-
* Solicitude apertura a Emafesa de Expediente Informativo, por pasar a cobro facturas con lecturas estimadas irregulares que consideramos que ao ser masivas, o fan con intención recaudatoria. | Acceder/Baixar.
* Escrito reiterando a solicitude de entrevista e petición de querer participar na elaboración da "Taxa Xusta", así como achegando o Relatorio da Plataforma que fai unha "Valoración dos estudos coñecidos sobre a taxa de saneamento". | Acceder/Baixar.
Facturas Emafesa.-
* Factura Real. - 06.01.2018 - 25m3 - DOC-0 | Acceder/Baixar.
* Factura Estimada. - 12.05.2018 - 30m3 - DOC-1 | Acceder/Baixar.
* Factura Estimada. 12.05.2018 - 40m3 - DOC-2 | Acceder/Baixar.
* Factura Recimil - Estimada - 20.05.2017 - Ano 2017. 20m3 - DOC-4 | Acceder/Baixar.
* Factura Recimil - Estimada - 12.05.2018 - Ano 2018. 20m3 - DOC-5| Acceder/Baixar.
Ordenanzas e Regulamentos da Auga.-
* Regulamento do servizo de auga potable (BOP 3 xaneiro 2003). | Acceder/Baixar.
* Regulamento do servizo de sumidoiros e desaugue de augas residuais (BOP 3 decembro 1984) | Acceder/Baixar.
* Ordenanza reguladora da taxa da rede de saneamento. 26.12.2013 | Acceder/Baixar.
* Ordenanza reguladora da taxa pola subministración de auga potable. 26.12.2013 | Acceder/Baixar.
* Ordenanza reguladora da taxa de depuración de augas residuais. 03.09.2014 | Acceder/Baixar.
---