mércores, 14 de xullo de 2021

A Comisión Europea enviou un dictame motivado para que a lexislación española incorpore as Directivas sobre residuos e envases antes de remitir o asunto ao Tribunal de Xustiza da UE



Os gobernantes que pasan polo Pazo Municipal, teñen-nos acostumados a que lles sobre moita soberbia e a que lles falte prácticas democráticas e de respecto á participación cidadá. Asoman-se retos de obrigado cumprimento difíciles de cumprir, dado a súa mala praxes no goberno municipal. Se son incapaces de poñer no seu sitio a quen desde a xestión privada controla os nosos servizos públicos básicos, como os da auga ou da recollida dos residuos sólidos urbanos; se son incapaces de cumprir co investimento programado, deixando á cidade orfa das melloras nas infraestruturas e servizos; se son incapaces durante décadas que Defensa e Navantia contribuían co Concello como lles correspondería; se son incapaces de manter un dos parques de vivenda municipal máis importantes do Estado, deixando podrecer máis de cen vivendas tapiadas, entre outros desleixos; se son incapaces de conveniar de xeito xusto as dependencias desafectadas de Defensa; se son incapaces de negociar e aprobar uns orzamentos durante anos; se son incapaces de dialogar e chegar a acordos con quen os puxo no goberno cos seus votos; vai ser moi difícil que podan cumprir as  directivas europeas sobre residuos que establecen novos obxectivos en materia de reciclado de residuos municipais, especificando que para 2025 deberá reciclarse polo menos o 55% dos residuos municipais medidos en peso.

A Comisión Europea instou ao goberno español a que poña en consonancia a súa lexislación coas modificacións incluídas na Directiva (UE) 2018/851, pola que se modifica a Directiva 2008/98/CE sobre os residuos, así como a Directiva (UE) 2018/852, relativa aos envases e residuos de envases.

A primeira delas establece os requisitos mínimos de funcionamento para os réximes de responsabilidade ampliada do produtor e reforza as normas sobre a prevención de residuos. Tamén establece novos obxectivos en materia de reciclado de residuos municipais, especificando que para 2025 deberá reciclarse polo menos o 55% dos residuos municipais medidos en peso. Este obxectivo incrementarase ao 60% para 2030 e ao 65% para 2035.

Xunto a España, enviou un ultimato para traspoñer dita Directiva a Bélxica, Chequia, Estoniana, Grecia, Francia, Croacia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Austria, Polonia, Romanía, Eslovenia, Eslovaquia e Finlandia.

Respecto da Directiva de envases e residuos de envases, o executivo europeo reclamou tamén a España que actualice a súa lexislación coas modificacións incluídas nela. Dita Directiva obriga aos países da UE a adoptar medidas para evitar a xeración de residuos de envases e reducir ao mínimo o impacto medioambiental dos envases.

Neste caso, o ditame motivado enviouse tamén a Estoniana, Grecia, Francia, Croacia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Austria, Polonia, Romanía e Finlandia.

A Comisión xa enviou a España cartas de emprazamento en outubro de 2020 para que actualizara a súa lexislación. Agora decidiu enviarlle senllos ditames motivados, para que no prazo de dous meses adopte as medidas necesarias. Pola contra, os asuntos poderían ser remitidos ao Tribunal de Xustiza.

Cabe destacar que o Goberno remitiu recentemente ás Cortes o proxecto de lei de residuos e chans contaminados que traspón as últimas Directivas sobre residuos, e que se espera que sexa aprobado definitivamente nos próximos meses.

Fonte: Residuos Profesionais. | 10.06.2021

---